Matemáticas
Folerpas de neve. Meteoescolas de Nadal
Enviado por Anónimo o Mar, 19/01/2021 - 14:22Vídeo cos resultados da enquisa Toleou o tempo? do proxecto Meteoescolas do alumnado de 2º da ESO
Vídeo cos gráficos dos resultados da enquisa de Toleou o tempo? feitos polo alumnado de 2º da ESO do IES Francisco Aguiar de Betanzos no curso 2019/20, dentro do Proxecta de Meteoescolas.
'Nubes' #Meteoescolas #toleouotempo vídeo de Lucía, Candela e Teresa de 3º da ESO
Vídeo realizado por Lucía, Candela e Teresa de 3º da ESO dentro do proxecto #Meteoescolas #Toleouotempo
Video Arco da Vella do alumnado e profesorado de Matemáticas 1º ESO #meteoescolas #Todovaisairben
O alumnado de 1º ESO do IES Francisco Aguiar quere compartir con todos vós as súas mensaxes de ánimo e os seus arcos da vella cheos de esperanza feitos durante o confinamento por mor da pandemia do COVID-19. Departamento de Matemáticas do IES Francisco Aguiar
Enquisa para as familias do proxecto Meteoescolas 'Toleou o tempo?'
As responsables do proxecto Meteoescolas 'Toleou o tempo?' publican unha enquisa dirixida ás familias.
Preme na imaxe ou clica aquí para acceder á enquisa, grazas de antemán.
Escape Room para alumnado voluntario de 4º ESO
|
18 de febreiro 2020 O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, organiza e dirixe unhas sesións de Escape Room destinadas a alumnado voluntario de 4º da ESO. Horarios de 16:20 a 18:00. |
Meteoescolas 19/20 Aguiar: Toleou o tempo? Parte metereolóxico 1
Este curso, un feixe de intrépidas profesoras de matemáticas, trouxo ao centro as Meteoescolas, e plantexa neste Proxecta unha dúbida máis que interesante e razoable nos tempos que corren....
Toleou o tempo?
Pasarán o curso, buscando unha resposta a esta pregunta aplicando, sen dúbida, o método científico.
Unha das primeiras cousas que temos que facer e observar, despertar a curiosidade. E que se lles ocorreu para os primeiros da ESO no final do 1º trimestre, pois xuntar metereoloxía, simetría, xeometría, matemáticas, reciclaxe e expresión plástica para cos 1º da ESO decorar as clases con vistosos copos de neve.
Aínda que tardíamente, velaquí van unhas pequenas fotografías que ilustran o seu traballo. Todas elas atópanse na galería fotográfica do centro, dentro do álbum ...
Meteoescolas: Toleou o tempo? Plan Proxecta 19/20
Galería fotográfica. Matemáticas Brigantinas. Cálculo de medidas de monumentos de Betanzos con 2º ESO
Enviado por Pitusa o Sáb, 25/05/2019 - 12:50Preme na imaxe e navega coas frechas. Tamén podes acceder ao álbum na galería fotográfica do centro.
Matemáticas Brigantinas. Cálculo de medidas de monumentos de Betanzos con 2º ESO
CAMBIO DE DATAS POLAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS
Saídas didácticas organizadas polo departamento de Matemáticas. Os profesores dos diferentes grupos de 2º da ESO, Pilar Vázquez, Miguel Regueiro e Natalia Pou acompañarán ao alumnado para, empregando a relación de semellanza, realizar medicións de diferentes monumentos representativos da nosa cidade neste 800 aniversario tan importante para todos.
Grupo | Día | Horario | Profesorado acompañante |
ESO 2ºA | mércores 15 maio | de 11:30 a 13:25 |
Pilar Vázquez Miguel Regueiro |
ESO 2ºB | xoves 23 maio | de 8:45 a 10:25 |
Natalia Pou Miguel Regueiro Isabel Andrade |
ESO 2ºC | mércores 15 maio | de 10:40 a 12:20 |
Pilar Vázquez Miguel Regueiro |
ESO 2ºD | martes 14 maio | de 10:40 a 12:20 |
Pilar Vázquez Miguel Regueiro |
Fotografías e enlace á reportaxe da TVG do obradoiro con @CaminosFuturo da ETSCCP da UDC
Enviado por Anónimo o Mar, 23/04/2019 - 06:55Antes das vacacións, á profesora do departamento de matemáticas en colaboración con @CaminosFuturo da ETSCCP da UDC, realizou un interesante obradoiro cos 3º da ESO para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos da vida real e dar a coñecer a labor dos enxeñaros civís.
Desta iniciativa, que tanto éxito tivo no alumnado, fíxose eco a TVG cunha breve reportaxe no seu programa 'A revista' á que podedes acceder picando na seguinte enlace ou na imaxe.
Se vos interesa tamén podedes seguir o proxecto ca ETSCCP da UDC ten co FECYT, dentro do cal se enmarcou este obradoiro, que leva o nome de Camiños de futuro a través da súa web ou da súa presenza en redes coma twitter ou instagram.
Tamén podedes consultar algunha das instantáneas da actividade no álbum dentro da galeria fotográfica do centro. Preme na imaxe e navega coas frechas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »