Matemáticas
Entrega de premios da Xincana Matemática. E novo reto!
Enviado por Anónimo o Mér, 19/05/2021 - 17:01Esta mañá foron entregados os premios ás alumnas e alumnos participantes da Xincana Matemática, unha actividade organizada polo Club de Ciencias.
Parabéns, rapazas! Ben feito, rapaces!
Atréveste co novo reto?
Rapaces e rapazas gañadoras da Xincana Matemática. #Clubedeciencias
Enviado por Anónimo o Ven, 30/04/2021 - 09:45Logo da deliberación do xurado da xincana matemática do 21 de abril, queremos felicitar a parella gañadora e tamén aos e ás finalistas e agradecer, tamén, ás persoas colaboradoras de 4º ESO e a todas as persoas participantes.
Esperamos que disfrutasen coas probas e retos aos que se enfrontaron.
1º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:
Adrián Grandal
Arón Bascoy
2º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:
Henrique Barreiro
Manuel Santoro
3º PREMIO PARA A PAREJA FORMADA POR:
Celia Sánchez
Joanna Martínez
Deixámosvos novamente o vínculo á Galería fotográfica Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluido e… por fin a SOLUCIÓN ao reto proposto a todo o alumnado da ESO.
A vindeira semana haberá outro reto, para seguir activando neuronas…
Ruta matemática para 3º de ESO (III)
O Departamento de Matemática organiza unha saída polas rúas de Betanzos para 3º de ESO.
Neste terceira e última xornada é a quenda de 3º de ESO C
Os obxectivos da actividades son basicamente dous. Por un lado, o profesorado de Matemáticas queren fomentar a ollada matemática, pensando que podemos encontrar aspectos matemáticos en cada recanto das rúas. Por outro lado, quérese facer unha aplicación práctica de xeometría con elementos urbanos que vemos de xeito cotián.
Ruta matemática para 3º de ESO (II)
O Departamento de Matemática organiza unha saída polas rúas de Betanzos para 3º de ESO.
Na segunda xornada é a quenda de 3º de ESO A e B (só alumnado non bilingüe) e 3º de ESO E (só alumnado de matemáticas académicas).
Os obxectivos da actividades son basicamente dous. Por un lado, o profesorado de Matemáticas queren fomentar a ollada matemática, pensando que podemos encontrar aspectos matemáticos en cada recanto das rúas. Por outro lado, quérese facer unha aplicación práctica de xeometría con elementos urbanos que vemos de xeito cotián.
Ruta matemática para 3º de ESO
O Departamento de Matemática organiza unha saída polas rúas de Betanzos para 3º de ESO.
Na primeira xornada é a quenda de 3º de ESO D e 3º de ESO B non bilingue.
Os obxectivos da actividades son basicamente dous. Por un lado, o profesorado de Matemáticas queren fomentar a ollada matemática, pensando que podemos encontrar aspectos matemáticos en cada recanto das rúas. Por outro lado, quérese facer unha aplicación práctica de xeometría con elementos urbanos que vemos de xeito cotián.
Obradoiro sobre separación de residuos - 1º ESO
O Departamento de Matemáticas organiza, o vindeiro día 5 de maio, un obradoiro sobre separación de residuos, destinada a 1º de ESO A e C. O obradoiro será impartido pola empresa Ancaria.
Club de ciencia e Meteoescolas: crónica en imaxes e vídeo dunha tarde científico-tecnolóxico-matemática
Enviado por Pitusa o Dom, 25/04/2021 - 11:43Xincana Matemática (Club de Ciencias)
Xincana Matemática
Preme na imaxe para acceder á información desta nova actividade do Club de Ciencia!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »