Pasamento de Dna Mª Carmen González Madrid
Acabamos de recibir a noticia do pasamento de Dna Carmen González Madrid. Ela foi unha pioneira no ensino. Chegou á nosa cidade co seu marido, o tamén lembrado, Dn. José Antonio Miguez, dende Talavera de la Reina, da que era oriunda.
Baixo a dirección de Agustín Folla Leis, titular de Ciencias de la Naturaleza, outros siete docentes, entre eles Dna Carmen González Madrid, forman o equipo docente fundador do Instituto Francisco Aguiar . A profesora de Matemáticas, María del Carmen González Madrid, era a única muller que impartía ensino secundario en Betanzos naquel primeiro curso 1952-1953. Tamén foi directora do Francisco Aguiar. E impartíu clases no Instituto ata a súa xubilación.
En recoñecemento a este labor pioneiro recibíu no marzo do pasado ano 2012 o premio "Úrsula de Tejada" con que o Concello de Betanzos distingue a quen traballou pola igualdade entre homes e mulleres
O funeral terá lugar mañá, xoves, ás 12 h. na Igrexa de Santiago en Betanzos.