Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alba Codesal, Daniela Neira, Nuria Hermida, Roy Casero e Marcos Grobas ao IV edición do Premio Stephen Hawking

27 de xaneiro de 2022

As alumnas Alba Codesal, Daniela Neira e Nuria Hermida foron seleccionadas para expoñer os seus traballos realizados no STEMbach na xornada final da IV edición do Premio Stephen Hawking, que terá lugar o 18 de Febreiro de 2022 no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O traballo de Alba e Daniela leva por título "Estudio sobre la citotoxicidad de las CeO2 NPs sobre la línea celular A-172" e foron titorizadas pola súa profesora Chus Mourazos. O traballo de Nuria "Novos materiais para a mellora da Resonancia Magnética Nuclear" foi titorizado polos seus profesores Daniel Varela e Loli Blanco.

As nosas felicitacións para as tres!

 

Os alumnos Roy Casero e Marcos Grobas tamén foron seleccionados para expoñer os seus traballos realizados no STEMbach na xornada final da IV edición do Premio Stephen Hawking, que terá lugar o 18 de Febreiro de 2022 no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O traballo de Roy leva por título "Detección de medicamentos" e o traballo de Marcos "Productos de origen marino para uso en clínica". Ambos traballos foron titorizados polos seus profesores Daniel Varela e Loli Blanco.

As nosas felicitacións para os dous!

Marcos Grobas e Roy Casero:

Charla da escritora e ensaista Laura Espido Freire

1 de febreiro de 2022

Laura Espido Freire, unha das principais voces do panorama literario actual, visitou ó alumnado de 4º de ESO para falar da súa novela El chico de la flecha (2016). A escritora e ensaista falou ademáis de aspectos moi vencellados á educación do adolescente e á construción da súa personalidade. Os alumnos amosaron interese polo proceso de creación da novela en xeral e pola relación da autora coa súa propria obra. O acto foi organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

José Luis Gundín Vázquez

TAEUS-“Take a walk on the EU side”

28 xaneiro 2022

TAEUS-“Take a walk on the EU side”

Hoxe, os nosos 18 Embaixadores Junior do Parlamento Europeo participaron na charla informativa de TAEUS, un proxecto para promover os fondos de cohesión. 

O Proxecto, no que o noso Instituto vai participar con 18 alumnos de 4º ESO consiste na investigación sobre a política de cohesión e promover así o seguimento cívico da financiación pública.

Olimpiada Matemática Galega 2022

21 de xaneiro de 2022

O alumnado de Bacharelato e 4º de ESO: Isabel Roibal Antelo 1A, Sergio Sánchez Presedo 1A, Carla Dopazo Pavón 1C, Sol Davó Fernández 1C, Hugo Herrador Segade 1C, Nuria Hermida Rodríguez 2A ,Roy Casero Soler 2B, Daniela Neira Prada 2C, Miguel Otero Costoya 2C, Andres Gento Blanco 2E, Juan Nieto Beneyto 4D participou o venres 21 de xaneiro na Olimpiada Matemática Galega 2022, considerada como a fase autonómica galega da LVIII Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española.

            A proba, organizada pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celebráronse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nela seleccionarase ata 3 estudiantes para representar a Galicia na Fase Nacional. A proba consistiu na realización de catro problemas cunha duración de catro horas.

            As sesións de preparación do alumnado para a proba correron a cargo da Prof. Aurora Labora Castro e do Prof. Luis Javier Rodríguez González. 

 

Parabéns tamén a todo o noso alumnado participante, polo seu esforzo e dedicación. Agradecemento ao profesorado, en especial aos preparadores: a Prof. Aurora Labora Castro e o Prof. Luis Javier Rodríguez.

MENCIÓN DE HONRA: 

Trala participación do alumnado na Olimpiada Matemática Galega, o pasado venres 21 de xaneiro, temos que felicitar aos nosos alumnos que obtiveron unha Mención de HonraCarla Dopazo Pavón, de 1º de Bacharelato C, e Andrés Gento Blanco, de 2º de Bacharelato E.

Estas dúas mencións de honra son parte das once concedidas aos participantes da fase galega da LVIII Olimpiada Matemática Nacional, ademáis das medallas recibidas polos tres primeiros premios.

 

Xardín cristalino: práctica do Club de Ciencias

(Xaneiro de 2022)

Xardín cristalino: práctica do Club de Ciencias

Como cada mércores o alumnado do Eusebio tivo a súa cita co Club de Ciencias Modesta Goicouria para realizar un “Xardín cristalino”. Nesta ocasión trátase do alumando de 1º e 2º de ESO acompañados polos seus profesores Laura Horta e Daniel Varela. Esperamos que desfrutedes do vídeo!

(Presentado por Santiago Vila Subirán, 4ºESO)

As primeiras alumnas do Instituto da Coruña. Por Ana Romero Masiá

(Xaneiro 2022)

As primeiras alumnas do Instituto da Coruña

Ana Romero Masiá

 

Anselmo Menéndez, exalumno do Instituto Eusebio

2021-01-15

Anselmo Menéndez, exalumno do Instituto Eusebio, surfista e modelo.

Felicitación de Nadal 2021 do Instituto

Feliz Nadal 2021

Gañadora do concurso de postais: Sabela Cervelo Filgueira 2 C ESO

Accésit: Clara Lissa Alccacondori 3V ESO e Beatriz Pena Macho 3D ESO.

 

Nadal de Luintra

Cara Belén camiña

Unha Nena ocupada

Fermosa, en canto a ela

San Xosé a acompaña

 

Chegaron a Belén

E pediron pousada

Responderon de adentro

Con voz alborotada

 

¿Quen chama á miña porta

Quen á porta me chama?

Somos Xosé e María

Que pedimos pousada

 

Se traen cartos que entren

E senon que se vaian

Cartos non traerei

Máis que un real de prata

 

Isos son poucos cartos

Pídanno noutra parte

San Xosé xa penaba

María o consolaba

 

Non te apenes Xosé

Non te apenes por nada

¿qué máis cartos ti queres

Que isto que me acompaña?

 

Concurso decoración de aulas Nadal 2021

Concurso decoración de aulas Nadal 2021

  • Primeiro premio: 1A e 2C de ESO
  • Segundo premio: 1E e 2A de ESO

 

Concurso de árbores de Nadal 2021

Concurso de árbores de Nadal 2021. Gañador 2D ESO.

 

Exposición e concurso « Connais-tu la France ?

Como en anos anteriores, unha vez que remata o primeiro trimestre do curso e logo de ter adquirida  ao longo deste tempo diversa información , o alumnado de francés 1ª e 2ª lingua de 1º de ESO acaba de inaugurar a súa exposición:  "Connaissez-vous la France?" Este traballo de "collage" dará lugar a un concurso onde as mellores presentacións recibirán unha pequena recompensa ao seu esforzo.

O percorrido da exposición acolle as diversas rexións e colectividades francesas dentro e fora do Hexágono.

Bravo polos nosos alumnos que amosaron un grande interese e esforzo no coñecemento da cultura rexional francesa, na seu primeiro ano de aproximación á lingua de Molière. Moitas grazas  aos seus profesores  Alejandro Carrillo Rubio e María José Barreiro Seoane.

As votacións tiveron lugar ao longo desta semana e os gañadores daranse a coñecer o luns, día 20 de decembro. Agradecemos a todo a alumnado de cursos superiores que se acercou a votar ao igual que ao profesorado participante co fin de elixir os mellores “collages” . 

Departamento de francés 

17 de decembro de 2021

Expresións latinas ou Latinismos

16 decembro 2021

Os alumnos de Latín de 4º E expoñen os seus traballos sobre Expresións latinas ou Latinismos mesturando a creatividade narrativa e a ilustración.
Ademáis como final de trimestre sentíronse como verdaderos escribas clásicos no taller de escritura antiga elaborando con " calamos" e tinta uns bonitos marcapáxinas de pergamiño.
Departamento de Latín.

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades

O 16 de decembro de 2021 o alumnado de segundo de bacharelato, acompañado polos seus titores e a coordinadora, tivo a oportunidade de visitar UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria.

Este evento, do que xa se veñen celebradas dez edicións, é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaron nunha foto para o recordo:

Nadal na Biblioteca

Na nosa Biblioteca queremos lembrar e celebrar con materiais da Biblioteca este tempo novo. Que a lectura sexa parte da felicidade e nós leve por bo camiño. Bon Nadal Lector!

Bolsas USA 2022-23 do Concello da Coruña

Bolsas USA 2022-23 do Concello da Coruña

Alba Codesal García e Daniela Neira Prada, seleccionadas para participar no 33 Congreso Jóvenes Investigadores 2021

Alba Codesal García e Daniela Neira Prada, alumnas de 2º Bac e participantes no programa STEMbach do Instituto Eusebio e titoradas pola profesora Mª Jesús Mourazos, foron seleccionadas para participar no 33 Congreso Jóvenes Investigadores 2021 que se celebrará en Málaga do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2021.

No Congreso foron galardonadas cun Accésit de 1000 € e unha estancia de 15 días no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que elas escollan. PARABENS!!

 

Presentación do proxecto, partir de 1:22:16. PARABENS! porque o fixeron moi ben.

Turismo & A Coruña. Charla-coloquio.

25 de novembro de 2021.

Xosé Regueira Varela, vicepresidente da depuración da Coruña, Moisés Jorge Naranjo, director xerente do consorcio de Turismo y Congresos da Coruña e José Blanco Castiñeiras presidente de A Coruña Convention Bureau, acudiron a tarde do 25 de novembro a unha charla -coloquio organizada polos Ciclos Superiores de Turismo. No encontro reflexionouse sobre as propostas e actuacións de corte sostible e innovador que se están levando a cabo desde cada unha das áreas de alí representadas.

A charla antecedeu unha visita guiada polo centro a cargo da directora Isabel Ruso de Lago.

Acoso e abuso sexual na xuventude en A Coruña Opina

21 de novembro de 2021.

Acoso e abuso sexual na xuventude en A Coruña Opina. Minutos 17, 36 e 51. Participan Carla Dopazo Pavón de 1º de Bacharelato e Santi Vilas Subarán de 4º de ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut