Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alba Codesal, Daniela Neira, Nuria Hermida, Roy Casero e Marcos Grobas ao IV edición do Premio Stephen Hawking

27 de xaneiro de 2022

As alumnas Alba Codesal, Daniela Neira e Nuria Hermida foron seleccionadas para expoñer os seus traballos realizados no STEMbach na xornada final da IV edición do Premio Stephen Hawking, que terá lugar o 18 de Febreiro de 2022 no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O traballo de Alba e Daniela leva por título "Estudio sobre la citotoxicidad de las CeO2 NPs sobre la línea celular A-172" e foron titorizadas pola súa profesora Chus Mourazos. O traballo de Nuria "Novos materiais para a mellora da Resonancia Magnética Nuclear" foi titorizado polos seus profesores Daniel Varela e Loli Blanco.

As nosas felicitacións para as tres!

 

Os alumnos Roy Casero e Marcos Grobas tamén foron seleccionados para expoñer os seus traballos realizados no STEMbach na xornada final da IV edición do Premio Stephen Hawking, que terá lugar o 18 de Febreiro de 2022 no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O traballo de Roy leva por título "Detección de medicamentos" e o traballo de Marcos "Productos de origen marino para uso en clínica". Ambos traballos foron titorizados polos seus profesores Daniel Varela e Loli Blanco.

As nosas felicitacións para os dous!

Marcos Grobas e Roy Casero:



blog | by Dr. Radut