O día 6 de febreiro asistiu a un almorzo de traballo co Sr. Alcalde de A Coruña na Fundación EMALCSA. Foi invitada xunto ao director do CIFP de Someso e directores de colexios públicos e concertados, asemade as escolas infantís. O inspector xefe, don Fermín Álvarez, e o inspector don Elisardo López Varela, tamén participaron na reunión. Os presentes deron a súa visión da situación da intervención do Concello nos centros educativos da cidade e presentaron as súas reclamacións/peticións.
O día 19 asistiu á inauguración da Exposición de Picasso na Coruña no Museo de Belas Artes xunto aos Reis de España.
Foto 1: Isabel Ruso xunto a Manuel Soto, director da Escola Picasso (herdeira da Escola de Artes e Oficios onde estudou Picasso), e María Gromaz, directora do Salvador de Madariaga (centro depositario do expediente de Picasso).
O día 24 tivo reunión da Xunta Provincial de Directores, da que forma parte.
O día 25 asistiu ás Xornadas de formación q organiza ADDIGA (Asociación de Directores e Directivos de Galicia) da q foi escollida vicepresidenta o curso pasado.
Foto 2: Na inauguración co Sr. Director Xeral de Educación e OU, don Manuel Corredoira.
Foto 3: Presentando á inspectora de educación, dona Isabel Serna no seu relatorio "Novidades na LOMCE "
O venres 27 de febreiro participou no debate-coloquio "A ESCOLA. Que outras cousas acontecen nos centros e non se debaten?" organizado polo Forum Europeo de Administradores da Educación (FEAE Galicia).
O día 12 de marzo, ás 18:00, impartirá unha charla no noso salón de actos dentro das "Diálogos arredor de Picasso" organizadas pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán.