Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2016-2017

QRT+ 2017

Velaiquí un resumen dos traballos dos alumnos en tres vídeos:

 

 

 

 

 

Alumnos con mención especial polos seus resultados no Canguro Matemático

 

 

Recollemos aquí o momento da entrega dos premios polos resultados acadados. As alumnas aparecen coa súa profesora Gloria Lamas.

 

Entrega dos premios Muralla de Lugo

A alumna Laura Villa Latas de 1º de ESO deste Instituto conseguiu o primeiro premio de Debuxo dos XVII Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, convocados por El Progreso e Telelugo, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Deputación e a USC.

 

 

Vídeo de Tele Lugo

 

Información previa destos Premios

 

Proxecto "Aliméntate ben". Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Participaron alumnos de Valores éticos de 1º de ESO. Tivo lugar na lonxa de Sada, en Veigue, Mera, Lorbé, etc.

 

Excursión de alumnos de 4º de ESO de Relixión

A translatio nos ríos Ulla e Sar. "Os ríos". Coñecemos na beira dos ríos os vestixios e tradicións xacobeas. Adentrámonos no Pazo do Faramello, prototipo da Protoindustrialización. O papel da muller na industria do s.XVIII. Participamos na construcción dun espazo aberto e solidario, plantando árbores no Memorial da víctimas do Alvia en Angrois.

Educación Vial

Unha actividade do Concello de A Coruña, a través da súa Policía Local, para promover o uso da bicicleta na que participaron máis dun centenar de alumnos de 2º de ESO e 6 profesores.

Vídeo Telexornal Galicia TVE (a partir do minuto 4:23)

Noticia na TVG (a partir do minuto 44)

Vídeo da TVG

Enlace a fotos na conta "Concello da Coruña" de Facebook

(Fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García)

Gran éxito deportivo dos nosos alumnos

O equipo feminino de fútbol 7 do IES Eusebio da Guarda, subcampión dos IV xogos escolares na categoría de ESO e Bacharelato. O equipo masculino de fútbol 8 quedou CAMPIÓN!. A coordinación correu a cargo do profesor de Educación Física Baldomero Carballada.

 

Excursión de alumnos de 1º e 2º de ESO de Relixión

Proxecto "Os Ríos". Vestixios relixiosos e culturais no curso dos ríos Castro e Grande. Batáns de Mosquetín no Grande. Caldeiras do Castro. Punta da Barca.Traba de Laxe. Igrexa románica de Cereixo. Santuario da Barca... Destacamos o espírito de convivencia fora das aulas e en contacto coa natureza.

Charla de Luis Pousa

O xefe de opinión de La Voz de Galicia impartiu unha charla a alumnos de 1º de ESO, dentro dunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá.

Prácticas de disección en Anatomía Aplicada

Práctica de disección de ollo de vaca e de ril realizada na clase da materia Anatomía Aplicada que imparte a profesora Catalina Romero  de 1º de bacharelato nos grupos A, B e C. Nesta práctica os alumnos puideron observar no ollo de vaca a retina, o punto cego, o nervio óptico, o cristalino, o humor vítreo, o corpo e músculo ciliar, a córnea... así como puideron comprobar a inversión da imaxe a través do cristalino. Na disección do ril puideron ver a pelve renal, o ureter, a codia renal e as pirámides de Malpighi da médula renal. Como se pode ver nalgunhas fotos, disfrutaron aprendendo. As fotos están realizadas e arranxadas por eles mesmos.

(Texto: C. Romero, Fotos e arranxos: alumnos das prácticas. Fai clic para velas fotos)

Material de limpeza e hixiene para a ONG Mozambique sur

O xoves día 11 de maio procedeuse á entrega do material de hixiene e limpeza recollido polos alumnos da ESO na campaña para a ONG Mozambique sur.

Festival da Francofonía 2017

 

Festival da Francofonía: Que opinan os alumnos asistentes?

     María e Marta Rodríguez Cobo, alumnas de 2º ESO

 

Vídeos en Youtube

No Canal Rías Baixas TV:

Fotos:

Intercambio con Annecy 2017

O pasado 7 de maio, embarcaron no avión de volta os 24 alumnos de intercambio do Lycée Gabriel Faure de Annecy (Francia), que estiveron connosco unha semana chea de actividades que lles serviron para coñecer a nosa cidade, a nosa forma de vida e para establecer lazos de amistade cos nosos alumnos de 1º de bacharelato, lazos que xa empezaran a forxarse na nosa estadía en Annecy entre o 29 de marzo e 5 de abril deste mesmo ano.


Durante esta semana foron recibidos polo alcalde en María Pita, visitaron a Torre de Hércules, a cidade vella, a Domus, o mirador de San Pedro, Santiago de Compostela, Betanzos..., e participaron na búsqueda dun tesouro polas rúas principais da nosa cidade.

Sen dúbida todos disfrutamos desta experiencia. Ata pronto!!!! 

 3 de maio: Os alumnos franceses foron recibidos polo alcalde Xulio Ferreiro.

Estancia dos alumnos do Eusebio en Annecy do 29 de marzo ao 5 de abril:

Durante a nosa estancia na preciosa cidade de Annecy, á veira dun enorme lago e rodeada polos Alpes, puidemos coñecer a súa parte vella co castelo, o museo de animación, as cidades de Xenebra e Lyon e tamén, participar nun divertido rally fotográfico.

 

 

Intercambio con Fontenilles 2017: "Unha experiencia inolvidable"

Dúas nacionalidades e un só obxectivo, o de disfrutar aprendendo. O que ao princpio podía paracer un inferno lonxe da túa familia converteuse nunha semana chea de maxia.

Un intercambio non só é unha foma de aprender outro idioma, no que acabas collendo oido e aprendes a expresarte na vida cotiá. En tan pouco tempo tivemos a oportunidade de visitar lugares incribles, que xamais pensamos que serian tan marabillosos, descubrimos unha nova cultura, distintas formas de vivir, aprendimos a convivir todos xuntos, e sobretodo, e o mas importante, aprendemos disfrutando.

(Para ver máis fotos, fai clic na imaxe)

Isto é un claro exemplo de que as cousas que parecen mais insignificantes poden converterse nas mais espectaculares, que persoas coas que nunca pensaches conxeniar son as que mais te fagan chorar ao despedirte delas, e unha vivenda allea pode rematar parecendo o teu fogar. E sobre todo, acábaselle collendo cariño á xente, aínda que a algún mais ca outros. Oxalá puidésemos voltar o ano que ven, pero debemos deixar que outros aproveiten esta gran oportunidade.

Unha semana no estranxeiro é mais que sete dias noutro pais. É unha experiencia na que todo se gaña e nada se perde.

Fontenilles 2017

Lucía González, Esther González e Xoán Gómez.

Actualización 9 de Maio: Engadimos outro enlace con moitas máis fotos.

Vídeo elaborado polo profesor Juan Carlos Méndez

 


 

Velada de Astronomía

O 2 de maio o Profesor Investigador do Observatorio Astronómico da USC "Ramón María Aller", Pedro Pablo Campo, dou unha charla sobre Astronomía a profesores deste Instituto, dentro do programa TODOCOSMOS financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A continuación, ponente e asistentes subiron á fermosa terraza que ten o Instituto para observar diversos corpos celestes a través do telescopio.

 

XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017)

O 28 de abril foron varios alumnos deste Instituto ao acto de entrega de galardóns da XXXIV Olimpiada Gallega de Química na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago. Aproveitamos para facer visitas guiadas ao CiQUS, aos laboratorios e á Biblioteca da Facultade.

Os alumnos Jorge M. Blanco Rodríguez e Hugo Calvo Castro quedaron no grupo de gañadores de Coruña na XXXIV Olimpiada Galega de Química. PARABÉNS!

Alumnos do IES P. Eusebio da Guarda participantes na XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017) diante da Facultade de Ciencias da Universidade de Química.

Charla co escritor Pedro Feijoo Barreiro

Hoxe, xoves 27 de abril, recibimos a visita do escritor Pedro Feijoo Barreiro. Moitos dos nosos alumnos de 2º de bacharelato leran este curso o seu libro Morena, perigosa e románica. Pedro non quixo acaparar el o discurso e dedicouse a maior parte do tempo a responder as preguntas que lle formularon as rapazas e os rapaces. Tamén a profesora Beni Vidal quixo saber como escollía o tema das súas novelas. Feijoo é un home novo aínda e entusiasta do seu oficio: algunhas cuestións claramente encantábanlle. Por exemplo: Pódese vivir ben en Galicia só da literatura?, Que estás lendo agora?, Que hai de ti nalgúns dos teus personaxes? (literalmente dixo que esa era a pregunta do millón). Foron case dúas horas intensas e todos estivemos pendentes da rica e fluída comunicación co autor vigués. Destacariamos das súas palabras un par de ideas básicas: que o sistema literario galego é amable e nel cabe todo (incluída unha comedia gamberra), que a obra que acaba de escribir é a súa favorita (Os fillos do lume) e que na súa vida tivo un peso específico a figura do seu avó, aquel que o levaba da man ao café Goya, frecuentado por Valentín Paz Andrade. Grazas, Pedro! E grazas, mozas e mozos de segundo bach., polo ben que soubestes escoitar e participar!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut