Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

23 de abril de 2021: Día mundial do libro

23 de abril de 2021: adicamos este ano o Día do Libro ás coleccións de libros antigos de literatura xuvenil da editorial Araluce que conservamos e mostramos na nosa biblioteca.

Cribado Covid-19 para alumnado de 12 a 17 anos

Achegamos o correo recibido polo Centro Cribado Covid-19:

"Bo día,
Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Por este motivo, solicitamos a súa colaboración para informar o alumnado e as familias sobre a existencia deste programa, para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Moitas grazas pola colaboración na difusión deste programa."

 

Máis información no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

 

Convócase o XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado

Convócase o XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado

 

40 cabodano de Álvaro Cunqueiro (1911 - 1981)

 MIL PRIMAVERAS MÁIS NO EUSEBIO…....”

 

Co fin de honrar esta efeméride, o alumnado de 2º ESO (grupos A e C) e o de 1º BACH (grupos A, E, F e G), coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo elaboraron as súas particulares homenaxes desenvolvendo as seguintes facetas deste autor:

 

Narrador: elaboración de semblanzas do realismo máxico cunqueiriano, coa descrición e ilustración de animais inventados, seguindo a estela da Fauna máxica do autor mindoniense, contida na súa obra Escola de menciñeiros.

 

Poeta: como o alumnado de 1º BACH estudou na 1ª avaliación a literatura medieval, agora trataron a vangarda do Neotrobadorismo, sendo Cunqueiro un dos seus máximos representantes, en obras tan singulares como Cantiga nova que se chama riveira. Como se de auténticos trobadores e trobairitzes se tratase, o alumnado elaborou cantigas neotrobadorescas do século XXI.

 

Lexicógrafo: seguindo a inmensa capacidade creativa de Cunqueiro ao inventar palabras, eles tamén crearon un particular dicionario de termos inventados, con cadanseus exemplos, para darlle un carácter máis didáctico, seguindo o modelo da obra Contribución ao léxico deÁlvaro Cunqueiro (RAG/ ILG), que recompila a imaxinación semántica do autor de Terra de Miranda (Mondoñedo).

 

Esta exposición atópase nos vidros que pechan o claustro do patio interior, planta baixa do edificio histórico.

 

Teresa Pastor Novo

CONFERENCIA NO CIRCO DE ARTESÁNS: “O INSTITUTO coruñés/IES "Eusebio da Guarda": un centro vivo que continúa creando Historia"

CONFERENCIA NO CIRCO DE ARTESÁNS: “O INSTITUTO coruñés/IES "Eusebio da Guarda": un centro vivo que continúa creando Historia" a cargo da profesora de Historia do IES Eusebio e Directora do mesmo Mª Isabel Ruso de Lago.

Día 14 de abril (mércores) ás 19:30 h.

Entrega de premios aos Gañadores do XV Concurso literario Rita Suárez Amado

XV Concurso Literario Rita Suárez Amado

Acta do xurado:

(Facer clic na imaxe para ver o documento completo)

 

Entrega de premios:

A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado xoves 25 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, polo Sr. Don Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta na Coruña, D. Jesús Javier Celemín Santos, Cuarto tenente de alcaldesa, Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Sr. Don Xurxo Couto, Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, D. Manuel Regueiro, Director da Área de Alta Inspección de Educación, en representación da Delegación do Goberno, dona Mónica Santiso, presidenta da ANPA,  Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza

A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso  2017-18 no seu certame literario.

 

 Fotos:

 Vídeos:

 

 

De profesión: arqueólog@

De profesión: arqueólog@

Durante os meses de febreiro e marzo os estudantes de 1º da ESO estiveron traballando na aula como verdadeiros arqueólogos e arqueólogas da Prehistoria coordinados pola súa profesora de Xeografía e Historia Paula Cadaveira. Para iso, nun primeiro momento, realizaron os seus propios xacementos e logo escavaron os dos seus compañeiros con ferramentas e técnicas específicas. Logo limparon, restauraron e analizaron as pezas que foron atopando para determinar a que período pertencían: Paleolítico, Neolítico ou Idade dos Metais.

Pensamentos e eperanzas daquel marzo inolvidable

Participa a profesora Beni Vidal, profesor de Lingua e literatura galegas e Coordinadora de Barcharelato.

 

“Contribución europea á ciencia”

 “Contribución europea á ciencia”

Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO, coordinados polo seu profesor de Física e Química, Daniel Varela Varela, realizaron durante o mes de febreiro o proxecto: 

“Contribución europea á ciencia”

O proxecto consta de dúas partes diferentes. A primeira parte trata do financiamento europeo para a investigación científica e un resumo de catro descubrimentos científicos feitos polos europeos: o experimento de  Oersted que demostrou como as correntes eléctricas creaban campos magnéticos, o descubrimento da radioactividade feito por Becquerel e as contribucións feitas tanto por Louis Pasteur como por Albert Einstein ao coñecemento científico. 

Esta parte rematou con resumo dedicado ás vacinas contra o COVID-19.

No Infopoint do centro, os alumnos elaboraron un pequeno resumo visual de todas estas achegas científicas europeas. 

Nunha segunda parte, os alumnos fixeron un mural de 3 metros de alto e 4 de ancho, titulado:

“A táboa periódica europea do Eusebio”.

É unha táboa periódica que tamén é a imaxe do edificio principal do noso Instituto. 

No mural, os alumnos seleccionaron aqueles elementos descubertos polos europeos, marcándoos coa bandeira do país correspondente. 

Tamén produciron un informe audiovisual explicando os diferentes experimentos, introducindo a táboa periódica e seleccionando dentro dela 5 elementos representativos dos países europeos, proporcionando información algo máis detallada sobre eles.

 

 

Obradoiro de Banda Deseñada con Manel Cráneo no Club de Letras

Con moita ilusión o luns 8 de marzo, Día da Muller, recibimos a Manel Cráneo para o obradoiro de Banda Deseñada. Aprendimos moitas cousas boas, trucos, técnicas, ideas... que nos servirán de grande axuda para o noso proxecto sobre o Hospital da Caridade e as rúas da Coruña. Pero sobre todo, convenceunos de que calquera pode facer unha BD con tal de ter vontade, non importa que debuxemos ben ou mal. Grazas Manel!

Tamén fixemos máis actividades para celebrar este día, podedes velas no noso blog.

https://www.blogger.com/blog/post/edit/2446663348746385504/9041907912802427174

Gran éxito dos nosos alumnos na XXXII Fase Local da Olimpiada de Física!!! (2021)

Gran éxito das nosas alumnas e alumnos na XXXII Fase Local da Olimpiada Española de Física!!!

Foron seleccionados os alumnos Fuco González Prego e Hugo Rubio Fernández. NORABOA!, extensible tamén aos seus profesores/as Minia PregoDaniel Varela e Loli Blanco, do departamento de Física e Química.

De esquerda a dereita: Hugo Rubio e Fuco González.

 

Un ano de pandemia

 Por Beni Vidal (facer clic no texto para ler máis)

O Instituto Eusebio na XXXVIII OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA (2021)

15 alumnas e alumnos preséntase á XXXVIII OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA: Antonio Barredo, Uxía Carrero, Olga Domínguez, Juan Domínguez, Lus Estévez, Noa Ferreño, Lidia García, Fuco González, Sara Grade, Lucía Lado, Laura Quintáns, Marcos Quiroga, Diego Rivera, Sabela Rodríguez, Hugo Rubio e María Vázquez.

Están preparados polos profesores Jesús Serna e Pedro Rodríguez, do Departamento de Física e Química.

Entrega de Premios do grupo "IGUAIS NA DIVERSIDADE"

ENTREGA DE PREMIOS DO GRUPO "IGUAIS NA DIVERSIDADE"

Neste 8M entregamos os premios do Concurso de cartaces contra os estereotipos de xénero e do Concurso de logo “Iguais na diversidade”

Noraboa Sofía MArtínez, Nicolás Rodríguez e Olivia Fanego

Distribuir contido


by Dr. Radut