Os alumnos e alumnas de segundo curso do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos do IES Eusebio da Guarda organizaron o pasado mércores 3 de marzo unha conferencia dixital sobre a adaptación do Acuarium Finisterrae á actual crise sanitaria. A relatora, Goreti Prego, resaltou a necesidade de manter o coidado dos animais durante o confinamento, circunstancia que lles obrigou a compaxinar a actividade presencial e telemática. Tamén subliñou a gran oportunidade que supuxeron as actividades virtuais para achegar o Acuarium ás familias e a outros públicos non habituais do museo como nenos hospitalizados, persoas con discapacidade ou maiores. Foi todo un pracer contar coa súa intervención!
Dende "Iguais na diversidade" queremos recordar a importancia da conmemoración do Día da Muller, por todo o que queda por facer, por todo o que aínda non é igualitario, porque necesitamos que todo o mundo sexa consciente das diferenzas aínda existentes. Por iso fixemos este vídeo no cal explicamos o porqué da conmemoración o 8 de marzo, o porqué da cor violeta e o porqué é necesario que sigamos a traballar en eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Por un mundo mellor! Apúnta te!
8M Que é iso?: Video coral do grupo Iguais na diversidade do IES Eusebio da Guarda, A Coruña.
O 26 de Febreiro de 2021 visitounos o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil, para impartir unha charla sobre as Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñería Química aos rapaces de 4º da E.S.O. de Bioloxía e Xeoloxía. A súa ponencia dividiuna en tres partes: tipos de biotecnoloxías, grella empresarial galega destes eidos e percorridos académicos necesarios para desenvolverse profesionalmente neste sector punteiro no mundo. Como aprendimos con el, Galicia sitúase en boa posición de partida a este respecto. Desde hai tres anos existe o grado de Biotecnoloxía na USC, o CSIC ten varias estacións de investigacións punte ira na comunidade e hai multitude de empresas na xeografía galega que xa aplican ou desenvolven procesos biotecnolóxicos, como as distintas depuradoras de augas residuais no terreo ambiental, ou Lonza Biologics, ou Biofabri no terreo da biomedicina, sendo a última unha das poucas empresas a nivel mundial que fabricará a vacina contra o covid-19.
Os estudantes mostraron o seu respeto ao ponente en todo momento. A súa curiosidade levounos a pousar preguntas, sobre todo centradas nas alternativas de desenvolvemento académico que presenta esta rama do coñecemento.
En liña co estudo das aplicacións da Biotecnoloxía, os estudantes tamén presentaron os seus vídeos de divulgación científica, nos que explican o fundamento da proba do covid baseada na RT-PCR e a vacina de Pzifer. Nos próximos días se compartirán as ligazóns aos vídeos correspondentes.
Mª Jesús Mourazos, profesora de Bioloxía e Xeoloxía do IEP Eusebio da Guarda.
Horacio Diez, Coordinador do Programa EEPE estivo cos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO
Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO participaron hoxe nunha breve Charla-Coloquio con Horacio Diez, coordinador do Programa EEPE en España.
A visita de Diez Contreras enmarcase no calendario do programa de actividades como Escola Embaixadora, na que participan un grupo de alumnos e profesores do noso Instituto.
O Departamento de Lingua Galega e Literatura xunto con Dinamización Lingüística organizou hoxe 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía De Castro, unha exposición conmemorativa para lembrar á nosa escritora máis universal.
Por mor da pandemia este ano non puidemos celebrar o Maratón de lectura no salón de actos, pero fixemos a lectura dos poemas de Rosalía en cada clase.
O alumnado de 1º da ESO do IES Eusebio da Guarda estivo traballando no último mes, baixo a dirección da profesora de Xeografía e Historia Paula Cadaveira, os problemas medioambientais causados por mor da acción humana, como os vertidos industriais, o excesivo uso dos plásticos ou o efecto invernadoiro, ou por culpa dos fenómenos naturais, por exemplo os tsunamis ou as erupcións volcánicas. Realizaron un spot publicitario no que presentaban nun minuto ese problema investigado coa intención de concienciar á nosa sociedade sobre a necesidade de coidar o medio no que vivimos e protexer a Natureza para evitar catástrofes que muden de forma irrevestible a Terra. Deixamos aquí varios exemplos de cada un dos grupos.
Unha representación de oito Embaixadores Junior de 3º ESO coa súa coordinadora, Mª José Rivas, foron invitados polo equipo de Europe Direct Coruña para participar no obradoiro:
“Onde atopar información sobre a Unión Europea. Información vs Desinformación” organizado por Europe Direct e a Deputación da Coruña.
Os Concelleiros de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, don Jesús Javier Celemín, e de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, don Juan Ignacio Borrego, así como os representantes de Protección Civil, fixeron entrega de 2000 máscaras no noso centro que se extenderá a todos os institutos da cidade. Acompañáronnos neste evento o Delegado da Xunta de Galicia, don Gonzalo Trenor, e a nosa Inspectora, dona Concepción Aramburu.
Carmen López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, que foron Catedráticas de Lingua Galega e Literatura no Instituto Eusebio, son as autoras do "Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego", presentado por Mª Rosario en Luar.
Éxito total da emisión en directo para máis de 30 clases e cerca de 800 alumnos do IES Eusebio da Guarda de A Coruña, con conexións exteriores desde diferentes partes de España, no Día internacional da muller na ciencia.
Os equipos Meteo.Sputnik e Breogan_XII lideran un acordo inédito de colaboración para impulsar os proxectos de ciencia e tecnoloxía no Instituto Eusebio da Guarda e animan a todas as chicas do centro a participar activamente neste tipo de actividades.
Por outro lado, vos contan en primicia mundial, o proxecto da Axencia Espacial Europea, no cal están participando para lanzar un satélite.
Se queres saber máis únete ás redes sociais de instagram dos dous equipos: @meteo.sputnik e @breogan_xii.
Cara o minuto 14:
Entrevista a Carlos Sarille, Head of Electronic Design Project A. P. T.A. S
que desvela os segredos da misión A. P. T.A. S, coa cal lanzarán un satélite real a finais do ano 2021, con tecnoloxía punteira, deseñado e financiado integramente polo alumnado.
Conseguiron o récord de financiamento equivalente ao que vale comprarse unha casa na Coruña e a implicación de máis de 30 alumnos e numerosas empresas. Proyectazo!
Incrible exemplo para motivar e animar ao noso alumnado para cumprir os seus soños!
Grazas Carlos pola túa dispoñibilidade e amabilidade e por patrocinar co voso proxecto aos dous equipos Meteo Sputnik e Breogán XII do Instituto Eusebio dá Garda da Coruña.
Podes descubrir máis información en relación co proxecto A. P. T.A. S na súa WEB: https://projectaptas.com/
Link coa información dos dous equipos, do noso centro, que participan no proxecto Cansat da Axencia Espacial Europea:
“Impacto da pandemia COVID nos sistemas educativos da UE”
Os nosos embaixadores junior de 3º ESO, coordinados pola súa profesora de francés, María José Barreiro Seoane, estiveron traballando estes días sobre o impacto que está a ter a pandemia Covid nos sistemas educativos europeos : organización das clases, ensino presencial, semipresencial ou a distancia, plataformas de aprendizaxe e desafío dixital.
No noso Infopoint presentaron un pequeno resumo do seu traballo, centrado en seis países : Francia, Portugal, Alemaña, Bélxica, Italia e Irlanda, e acompañárono de infografías sobre os protocolos de protección fronte ao Covid nos idiomas de cada país. Ademais elaboraron unha reportaxe audiovisual explicando as medidas que foron tomando os distintos gobernos, desde o inicio de curso ata a situación actual. Dous códigos QR no Infopoint permiten acceder a esta reportaxe e a web de Educación e Formación da UE, onde se poden atopar unha selección de recursos e instrumentos en liña dispoñibles para alumnos e profesores durante a pandemia COVID.
Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero
O grupo de "Iguais na diversidade" anima a todo o alumnado do centro a participar o Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero.
O prazo para presentar os cartaces é ata o 3 de marzo. Entregaranse en conserxería e teñen que mostrar a importancia da eliminación dos estereotipos de xénero, con estilo libre e en tamaño A4.
Con motivo do día da Paz, alguns dos nosos Embaixadores Junior coa nosa mascota “Picasiña”queren desexar a Paz para Europa e para o mundo enteiro diante do coñecido símbolo da Paz, a “Pomba branca” inspirada nos debuxos de Picasso.
Alexandre Blanco, alumno do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia turística, GIAT, interviu esta tarde no programa de radio galega "Á tarde"