Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Por terra, mar e aire: Avance dun reporteiro en Marrocos

Nas pasadas festas do Nadal un intrépido reporteiro de EusebioTV desprazouse a Marrocos para filmar como son alí as festas de fin de ano.

Pronto será o estreno, pero polo de agora temos un enloquecido avance na súa páxina web. Pica na fotografía para velo.

Concurso de tartas e postres, Nadal 2011

Tarta gañadora dun premio no Nadal 2011

De pedra quedaron os membros do xurado cando veron esta tarta. Celebrábase o tradicional concurso de postres e tartas "Nadal 2011". E claro, gañaron un dos premios "gordos". Logo máis tarde o premio sería para todos: Saboreala e poder dicir "Xantei un bo trozo do meu Insti!"

Parabéns!!

Este é un dos medallóns de Arago que sinalan nas rúas de París o meridiano que serviu para definir o metro a finais do S. XVIII

François Jean Dominique Arago foi un científico e político francés, moi amigo de José Rodríguez González, o "matemático do Bermes". Na biblioteca do centro hai unha copia dun exemplar da obra de Arago titulada "Historia de mi juventud, (Viaje por España, 1806 - 1809), nela fala da grande amizade entre os dous sabios. O número de rexistro é o 16.522.

EusebioTV supera as 10.000 visitas

EusebioTV, a aposta dun grupo de alumnos do Instituto, vén de cumprir unha cifra de visitas que nunca pensaron acadar: 10.000 e subindo. O extraordinario labor destes alumnos segue medrando día a día: Mesmo dan conta das súas novidades a través dunha conta en Twitter (@EusebioTV), que fan de reporteiros no acto de Homenaxe a Picasso e o editan e publican antes que os periódicos locais... Axiña poñerán á nosa disposición un novo traballo: "Por terra, mar e aire". Agardamos con ansia, rapaces!Páxina web de EusebioTV

Un video rodado desde o noso Instituto

Alba Cruz, antigua alumna do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, pediunos un favor para levar a bo porto un proxecto para unha das súas materias na Universidade: "Postproducción de Video e Audio".

Ela quería facer unhas tomas moi moi especiais desde o centenario edificio no que estudou.... e nós dixemos: Adiante!

A técnica que usou Alba coñécese como Til Shift no mundiño do video, ou tamén "efecto maqueta". Mesmo o mellor será que desfrutes vendo o seu resultado. Parabéns e moita sorte!

Reportaxe do periódico El Mundo sobre o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

O pasado catro de xullo do 2011 o diario El Mundo dedicou unha páxina a falar de nós:

"Estudiar en un museo con más de un siglo de historia"

O artigo retrata moi ben de onde vimos e cara a onde estamos a chegar. Gracias ao periódico por se lembrar de nós!

Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"

Libro do V Concurso Lit. Relatos Curtos e Poesía,  HRSAPor fin tedes a vosa disposición o libro cos relatos curtos e a poesía editado o ano pasado (2011) como homenaxe a alumna que foi do noso instituto, Rita Suárez Amado.

Agora podes descarregalo. Comparteo! Difundeo! Participa no concurso deste ano!

Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"

Acto de homenaxe a Pablo Ruiz Picasso

Coa asistencia do señor alcalde da Coruña e varios representantes da Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña, asemade os cargos directivos do instituto e varias ducias de profesores e amigos do centro, vimos de celebrar o pasado día 28 de decembro a descuberta dunha placa de homenaxe. O acto foi seguido polos principais medios de comunicación da cidade. Ademais, EusebioTV fixo un grande labor, ao filmar o acto e telo posto na rede o mesmo día. Tamén foi "retransmitido" a través do Twitter do IES @ieseusebio

Aquí van os enlaces do vídeo e das notas de prensa:

Cando haxa tempo engaderemos máis fotos do acto. Saúdos!

Acto de lembranza ao pintor Pablo Ruiz Picasso

A lembranza do alumno que foi deste instituto, o pintor Pablo Ruiz Picasso, será mañá mércores 28 de Decembro ás 12 horas, no vestíbulo do noso centro e coa asistencia das autoridades municipais. O acto consistirá en descubrir unha placa en honra do artista universal.


Estades todos convidados.

A Dirección

Unha medalla de ouro na fase Galega da Olimpiada Matemática

É unha grande ledicia comunicar que Gonzalo Cao Labora, alumno de 3º de ESO do noso instituto, ven de conseguir unha medalla de ouro na fase galega da Olimpiada Matemática.

E non só iso. A medalla a obtivo na categoría de BACHARELATO, o que indica a forte preparación do noso alumno que, ademais do seu esforzo e a axuda dos profesores, participa no programa ESTALMAT.

Parabéns!

Gañadores do concurso de postais navideñas 2011

Primer premio: Alicia_P_LPrimeiro premio: Alicia P.L. 2º ESO2º Premio:Marta_RB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Segundo Premio: Marta R.B. 1º de ESO

2º Premio:Marta_RB_2 

 

Terceiro premio: Carmen C.M. 1º de ESO3ºPremio:Carmen_CM3ºPremio:Carmen_CM_2

 

BENVIDOS AO IES PLURILINGÜE EUSEBIO DA GUARDA

Este é o espazo web do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda.

Situado no centro da Coruña, é o instituto máis antigo da cidade (instalado inicialmente, en 1862, no Palacio dos Marqueses de Camarasa, actualmente CEIP Cidade Vella). Preside a Pza. de Pontevedra desde 1890.

 

                        

 

   Carta Erasmus    

Telf. 881 960 060 - 881 960 061

Fax: 881 960 089

NIF: Q-6.555.291-A

Código Centro: 15.005.221

Correo electrónico: ies.eusebio.guarda@edu.xunta.es

Twitter: @ieseusebio

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut