Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Ha Nul Kim Youn gaña o concurso de logotipo do Departamento de Física e Química

29 de abril de 2022

Entrega do premio á ganadora do concurso do logotipo do departamento de Física e Química. Gañadora Ha Nul Kim Youn de 4º C

Relación de premiados:

  • 1º posto: Ha Nul Kim, de 4º de ESO
  • 2º posto: Mario Pérez Plaza, de 4º de ESO
  • 3º posto: Benjamín Jhoel García Arando, de 4º de ESO

Ha Nul Kim co profesor de Física e Química Daniel Varela Varela:

SatCor equipo do IES Eusebio gana o 2º premio á misión científica máis destacada

29 de abril de 2022

SatCor equipo do IES Eusebio gana o 2º premio á misión científica máis destacada

Lanzando o noso satélite

O 28 de abril de 2022, Rosalía, Sol, Marcos, Guillermo, Santi e Hugo viaxan ao aeródromo das Rozas para cumprir un soño: axudar a protexer os nosos bosques galegos dos incendios. Durante este curso escolar, estiveron a deseñar un satélite para o proxecto  Cansat da Axencia Espacial Europea. A idea orixinal, baséase, en que unhas estacións colgadas nas árbores, puidesen enviar unha sinal de alarma ao satélite, tan pronto detectasen un incendio. O satélite  reenviaría este sinal a unha estación base, e desta maneira as autoridades poderían tomar accións rapidamente.

Dous días antes de chegar ao aeródromo, todos  os sistemas funcionaban correctamente, pero ao chegar ás Rozas, o satélite non funcionaba! Con todo o estrés a flor de pel, desmontaron o dispositivo peza por peza e mantendo a calma moito mellor que moitos adultos, puxéronse a pescudar que pasaba. Un dos cables que alimentaban o circuíto estaba danado! e tiveron que reparalo a toda présa. Ademais, a comunicación do dispositivo instalado na árbore, que enviaba o sinal de alarma de incendio ao satélite, provocaba algún tipo de interferencia, que evitaba que os datos que tiña que enviar o satélite correspondentes a primeira misión,  se enviasen de maneira constante. Liderados por Rosalía, a enxeñeira de programación e hardware, tomaron a difícil decisión en equipo, de sacrificar a 2º misión, para asegurar que a 1º misión funcionase correctamente.

Ao seu profesor Serxio, non lle podía caer máis a baba do orgullo que sentía. Solucionaran o problema eles sós, e de maneira autónoma, tomaron a decisión de sacrificar a segunda misión, para garantir que durante o lanzamento, puidesen recibir os datos da 1º misión correctamente. Neste intre, para o seu profesor, eles xa gañaron o concurso, independentemente dos premios.

Co xurado encima e ao límite do tempo, Sol, axustou o paracaídas e subiu o  mini-satélite ao dron de  Aeromedia. Todo o equipo cruzou os dedos, e cos pelos  erizados nos brazos, miraban expectantes como o dron levaba o seu satélite  a unha altura exacta de 500 metros. De súpeto, as súas caras cambiaron. Un sorriso enorme, debuxouse no rostro do alumnado. Os datos da 1º misión, se enviaba e se recibían correctamente, tanto na subida do dron como na baixada en caída libre controlada polo paracaídas.

 

Analizaron os datos recibidos e sacaron conclusións e gráficas para a súa exposición. Demostraron que o seu satélite descendera á velocidade pedida pola organización e xustificaron as pequenas discrepancias entre os datos teóricos de presión, temperatura, humidade e altitud, cos datos reais obtidos.

O equipo decidiu facer unha exposición, diferente ao resto de participantes, e fixo fincapé, nos valores que quixeron transmitir durante o seu traballo: fomentar as vocacións científicas nas mulleres e transmitir a importancia de mellorar o noso mundo.

A continuación, podedes ver a exposición realizada:

Link ao vídeo da exposición: https://youtu.be/qo-mfOD89Oc

 

O equipo de comunicación, fixo no mesmo día,  unha pequena reportaxe, onde  nos conta a súa experiencia e mesmo entrevistan a outros equipos.

Link ao vídeo resumen: https://youtu.be/0-NFh_Q1XAo

 

O xurado decidiu outorgar ao equipo, o 2º premio, á Misión Científica máis destacada.

Noraboa equipo!

  

O alumnado de Bacharelato participou no Proxecto “Educar en Xustiza”

26 de abril de 2022

O alumnado de Bacharelato participou no Proxecto “Educar en Xustiza”

Alumnado  de bacharelato da modalidade de Ciencias Sociais acompañados polas suas profesoras: Caridad  Loureiro, Mercedes Pascual e Mª José Rivas, participou hoxe no Proxecto “Educar en Xustiza”, asistindo a catro xuizos celebrados no Xulgado do Penal nº 3 e presididos polo xuiz  José Antonio Vazquez Taín.

 

Entrega de premios aos Gañadores do XVII Concurso literario Rita Suárez Amado

Entrega de premios aos Gañadores do XVII Concurso literario Rita Suárez Amado

 ACTA DO XURADO:

 (facer clic na imaxe para ver o documento)

Entrega de Premios:

A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 22 de abril nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e JuanD. Jesús Javier Celemín Santos, Cuarto tenente de alcaldesa, Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego; Sr. D. Xurxo Couto, Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña; Dna. Silvia Seixas Naia, Concelleira de Arteixo; D. Manuel Regueiro Díaz, Director da Área Funcional da Alta Inspección de Educación do Estado na Coruña e Dna. Mª Isabel Ruso de Lago, Directora do Instituto Plurilingüe Eusebio da Guarda.

Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, que dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras.

As actuacións musicais estiveron a cargo de Pablo Tomé Cortizas (alumno de 2º de ESO) que interpretou Nocturna en sol sostido menor, da que el é o autor, e de Manuel García Pérez (alumno de 2º de ESO) que interpretou Tambourín de Rameau e puxo fin ao acto co Himno Galego.

A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso  2022-23 no seu certame literario.   

 Entrevistas, producción... a cargo do alumno de ESO Santi Vilas:

Intercambio co Spoleczna Szkola Podstawowa nr 11 STO de Varsovia (Polonia)

5 de abril de 2022

Intercambio co Spoleczna Szkola Podstawowa nr 11 STO de Varsovia (Polonia)

IESP Eusebio da Guarda acaba de recibir a visita de 26 estudantes polacos xunto cos seus profesores como parte do intercambio coa Spoleczna Szkola Podstawowa nr 11 STO de Varsovia.

Os nosos alumnos esperar poder devolver a visita en Xuño!!

ROTEIRO CORUÑÉS DO REXURDIMENTO 1º BACH

1 de abril de 2022

ROTEIRO CORUÑÉS DO REXURDIMENTO 1º BACH

A última semana de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato participou nos roteiros didácticos organizados polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas, destinados a coñecer mellor a nosa cidade e a súa importancia na época do Rexurdimento galego. Acompañados polo profesorado que guiaba a explicación dos diferentes lugares emblemáticos, o alumnado participou co recitado de poemas dos escritores e escritoras aludidos no curso do roteiro.

Primeiramente visitamos os edificios onde viviu Eduardo Pondal na rúa Xoana de Vega, a escritora Francisca Herrera Garrido, veciña de Rosalía de Castro, que morou xunto a Manuel Murguía e familia na mesma rúa do Príncipe, o teatro que leva o nome da poeta, e a Real Academia Galega que presidiu Murguía, situada no mesmo edificio que a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Non foi posible acceder ao Xardín de San Carlos para vermos o sepulcro de Sir John Moore e o poema que Rosalía creou na súa honra esculpido na pedra, dado que se encontra temporalmente en obras e pechado ao público, mais recitamos o poema diante da porta de entrada.

Finalizamos o paseo nos Xardíns de Méndez Núñez, deténdonos primeiro fronte á monumental escultura de Asorey onde o profesor Paulo Carballada explicou o seu simbolismo. Despedimos o roteiro diante da estatua do autor da letra do himno galego, coas pernas cansas, a mente chea de novos coñecementos e unha nova perspectiva da nosa cidade.

Departamento de Lingua e Literatura Galegas

Recollida de artigos para Ucraína no IES P Eusebio da Guarda

1 de abril de 2022

Recollida de artigos para Ucraína no IES P Eusebio da Guarda

Estimada comunidade educativa, ante a situación de guerra en Ucraína e a crise humanitaria derivada da mesma, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda organiza unha recollida de artigos precisados nesa zona. Durante os días martes 5, mércores 6 e xoves 7 de abril, a comunidade educativa está chamado a levar algún dos seguintes produtos para a súa recollida: 

-Comida e roupa de bebé

-Pañais

-Comida precocinada en latas

-Linternas

-Pilas AA ou AAA

-Quentadores de auga

-Sacos de dormir

-Tendas de campaña

-Termos

-Máscaras

-Botiquíns

-Artigos de hixiene feminina

-Roupa interior

Procederánse a recoller en ambas entradas do centro para logo ser enviadas á asociación AGA-UCRAÍNA que xa levou a distintas zonas 7 trailers cheos de material. Os bombeiros levarán o cargamento cara as naves da asociación. Agredecémoslles a súa colaboración. No vídeo dispoñible no seguinte enlace, o alumnado que tomou esta iniciativa responde a todas as dúbidas.

Gran éxito da recollida:

LANZAMENTO DE SATÉLITES CONTRA DOS INCENDIOS FORESTAIS

30 de marzo de 2022

LANZAMENTO DE SATÉLITES CONTRA DOS INCENDIOS FORESTAIS

Os alumnos de 1º e 2º ESO do Eusebio da Guarda participaron nunha actividade organizada polo grupo Satcor, que forma parte dun proxecto da Axencia Espacial Europea.

 Con motivo do día dos bosques celebrado esta semana, os máis xoves do instituto tiveron a oportunidade de crear un satélite cunha botella, unha bolsa de plástico e fíos para, posteriormente, propursalo ao patio. Dentro da botella, que servía de base, cada un dos participantes escribiu unha mesaxe en favor dos bosques. Decidiuse reivindicar a saúde forestal porque, no satélite que está a crear o grupo Satcor, incorpórase un sistema de detección preventiva de incendios. Así, puidose explicar o proxecto aos compañeiros ao mesmo tempo que se celebraba un acto de sensibilización medioambiental polo que todos amosaron interese. As mesaxes serán incluidas nun mural nos vindeiros días. Ademáis, as botellas e bolsas empregadas foron recicladas.


O Instituto Eusebio participou na XXXIX OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA

actualizado o 30 de marzo de 2022

Gañou na fase locaL ALEJANDRO PRIETO JUANEDA.  PARABENS!!!

18 de marzo de 2022

XXXIX OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA

O Instituto Eusebio da Guarda participou nesta Olimpíada que se celebrou na Facultade de Ciencias da UDC o 18 de marzo de 2022. Participou alumnado de 2º de Bacharelato: Alberto Álvarez Catrufo, Roy Casero Soler, Alba Codesal García, Franco Julius del Villar Dufour, Paula Martínez Gómez, María Moreira Gándara, Daniela Neira Prada, Julia Núñez Ferreño, Antonio Pena Macho, Óscar Pillado Villaverde, Alejandro Prieto Juaneda, Andrea Quesada Paz, Víctor Ramos Martínez, Nicolás Sánchez Fernández, Ainara Sánchez Gómez, Jorge Sanz Sánchez Harguindey e Noa Vázquez Recouso.

A cargo da súa preparación estiveron os profesores de Física e Química Laura Horta Romarís, Minia Prego Cabeza, Pedro Rodríguez Porca e Jesús Serna Arnaiz.

SCAPE ROOM NO CLUB DE CIENCIAS

30 de marzo de 2022

SCAPE ROOM NO CLUB DE CIENCIAS

O Club de Ciencias organizou este mércores unha actividade dinámica para todos os seus participantes. Os alumnos elaboraron telégrafos cos que se comunicaron mediante o código morse, baixo a supervisión de Serxio Gómez e Adrián Vérez. Empregaron o formato dunha “scape room” no que tiñan que liberarse o antes posible.

Saída “AS CASAS CONSISTORIAIS DA CORUÑA”

21 de marzo de 2022

Saída “AS CASAS CONSISTORIAIS DA CORUÑA”

O pasado luns, día 21, o alumnado de 3º da ESO realizou unha ruta para coñecer mellor a historia da súa vila. Na ruta, descubrimos onde estaban situadas as diferentes Casas Consistoriais da Coruña ao longo da historia.

Comezamos polo atrio da igrexa de Santiago onde no século XII xa se realizaban os “Concellos abertos”, para ir desvelando, a medida que percorriamos a vila, as diferentes ubicacións; desde a Praza da Fariña, ate a vivenda da rúa da Franxa 23, onde se atopa actualmente o Conservatorio de Danza da Deputación, pasando polo mosteiro dos Agostiños e rematando o noso percorrido no actual Salón de Plenos de María Pita.

E como mostra do ben que o pasamos, amosámosvos o “ No noso documento histórico-gráfico” do día.

Entrevista da exprofesora Mª Rosario Soto ao alumno César de la Fuente

20 de marzo 2022

Entrevista da exprofesora Mª Rosario Soto ao alumno César de la Fuente.

 

Encontros con… ANDREA MACEIRAS, autora de Europa Express

18 de marzo de 2022

Encontros con… ANDREA MACEIRAS, autora de Europa Express

A escritora galardoada co XIX Premio Anaya de literatura infantil e xuvenil 2022, tivo unha charla co alumnado de 3º ESO A, C e V e posteriormente asinoulles os libros que leron.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Olimpiada de Física

4 de marzo de 2022

Olimpiada de Física

O venres 4 de marzo, celebrouse na Facultade de Ciencias da UdC a XXXII Olimpiada Española de Física (fase local das universidades galegas).  Os  alumnos que se presentaron á dita proba foron Alba Codesal, Nuria Hermida e Claudia López de 2º A de bacharelato e Noelia Martínez, Daniela Neira, Alejandro Prieto e Cristóbal Santos de 2º C de bacharelato. Todos este alumnos cursan a materia de Física en 2º de Bacharelato e foron preparados polos profesores Minia Prego Cabeza, Daniel Varela Varela e Mª Dolores Blanco Vieites

Nuria Hermida foi seleccionada. PARABENS!

PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS CURSO 2021/22 a CARLOTA DANS PÉREZ

10 de marzo de 2022

PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS CURSO 2021/22 a CARLOTA DANS PÉREZ. PARABENS!

Olimpiada de Xeografía

9 de marzoo de 2022

Olimpiada de Xeografía

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA Trinity 2021-22


 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA CURSO 2021-22

 

READING  AND WRITING

LUGAR: IES EUSEBIO DA GUARDA

DATA: MÉRCORES 9 DE MARZO DE 2022

PRESENTACIÓN: 15:00

HORA DO EXAME: 16:00-18:00

SPEAKING AND LISTENING

LUGAR: IES EUSEBIO DA GUARDA

DATAS: Entre o 7 e o 15 de marzo en horario que se especificará a cada alumno.

 

GENERAL INFORMATION ON ISE EXAMS

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE I (B1)

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE II (B2)

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE III (C1)

 

Recursos de Formación.

 Enlace al apartado de ISE de nuestra página web https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE

 Enlace sobre los niveles y recursos gratuitos ISE https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE/ISE-levels

 Enlace sobre publicaciones de editoriales para preparar ISEhttps://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/publisher-resources

 Enlace para recursos gratuitos e información para el alumnado https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE/ISE-student-information

 

Rosalía Martínez-Risco e Sol Davó en Radio Voz

 

8 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. PROXECTO CANSAT

Rosalía Martínez-Risco Pérez e Sol Davó Fernández, alumnas do profesor de Tecnoloxía Serxio Gómez, son entrevistadas en RadioVoz.

PRESENTACIÓN DO VII CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

PRESENTACIÓN DO VII CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

Luns, 07 de marzo de 2022

Interveñen:

  • D. María Isabel Ruso de Lago, directora do IES Eusebio da Guarda.
  • D. Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña.
  • Dª. Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa da Coruña (APC).
  • D. Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Asisten:

  • D. Rubén Ventureira.
  • D. Juan Carlos Varela Vázquez, concelleiro do Grupo municipal do Partido Popular.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut