Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

A lección dun mestre: o Entroido de Laza

4 de marzo de 2022

A lección dun mestre: o Entroido de Laza

Hoxe tivemos a sorte de poder escoitar a explicación dun dos entroidos máis antigos de Galicia e, disque tamén, un dos dez máis ancestrais do planeta: o Entroido do concello ourensán de Laza. Pero, ademais, non contamos cun relator calquera, senón que a explicación correu a cargo dun auténtico peliqueiro: o alumno de 1º ESO D Colman Balliet Diz, quen lles explicou aos seus compañeiros a función deste personaxe típico do seu entroido e mais as curiosas características do seu traxe. Como mostra, trouxo a súa zamarra ou fusta, coa que azoutan a todo aquel que non respecte o propio peliqueiro ou se interpoña no seu camiño; e tamén seis chocas de seu, suxeitas a un cinto de pel, que carga o peso. Segundo Colman, con elas avisan da súa presenza e poden chegar a pesar 1,5 kg, pero  …... aumentan o tamaño segundo avanza a idade do peliqueiro!!!!!!!!

Foi realmente unha verdadeira lección dun mestre que, malia a súa xuventude, soubo engaiolarnos coas súas verbas e co movemento desas chocas. Á parte disto, tivo a xentileza de cedernos unhas fotos súas co disfraz e uns videos moi interesantes dos peliqueiros en acción polas rúas de Laza  (obviamente el é un dos protagonistas dos mesmos) e o ritual da vestimenta do traxe, dun curmán seu. Moitísimas grazas, Colman e , como di a cantiga popular: “Catro cousas hai en Laza,/ non as hai en toda a terra:/ Peliqueiros, Maragatos,/ as formigas e a Morena”. Viva o Entroido galego!!! Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua Galega e Literatura.

Encontros no Campus da USC

3 de marzo de 2022

Encontros no Campus da USC

O alumnado de 2º de Bacharelato asitiú, xunto cos seus titores e a Coordinadora de Bacharelato, ás charlas da USC e visitou a catedral e a Cidade da Cultura.

ENFRONTAMENTO ENTRE CAMPESIÑ@ E GANDEIR@ DA MESTA

Na Unidade Didáctica 7, o alumnado de 2º da ESO estudou a economía castelá durante a Plena Idade Media e, dentro dela, a transhumancia das ovellas meiriñas organizada dúas veces ao ano polos gandeiros.

Consciente da importancia da gandaría para a economía do Reino de Castela, o rei Afonso X O Sabio creou en 1273 o Honrado Concejo de la Mesta, que defendía os intereses dos gandeiros e tiña como obxectivo evitar os conflitos entre agricultores e gandeiros, como os que escenifican os nosos estudantes nos seguintes vídeos.

A actividade está organizada pola profesora de Xeografía e Historia Paula Cadaveira López.

Visita ao CERN

24 febreiro 2022

Visita ao CERN

Primeiro Módulo do Proxecto TAEUS

25 febreiro 2022

Primer Módulo del Proyecto TAEUS

Os nosos 18 Embaixadores Junior de 4º ESO realizaron hoxe o primeiro Módulo de formación do Proxecto TAEUS sobre a política de Cohesión sobre a qué van investigar. 

Moito ánimo a tod@d!!

Convócase o XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Xaneiro 2022

Convócase o XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Probas de acceso a Ciclos 2022

Publicación da convocatoria para as probas de acceso a ciclos 2022


O prazos de presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclos formativos en Galica Convocatoria 2022 son:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Toda a información relativa as probas está no seguinte enlace e nos incluidos neste.
http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2022

23 de febreiro: un día para celebrar a Rosalía

22 febreiro 2022

23 de febreiro: un día para celebrar a Rosalía

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta

En outubro do pasado ano, a investigadora Sagrario Abelleira fixo público o achado duns documentos que alteraban o que sabiamos sobre Rosalía de Castro: a data de nacemento da escritora situábase grazas a súa pescuda no día 23 de febreiro de 1837, e non no día 24, como até ese momento se pensaba. O expediente matrimonial de Rosalía de Castro con Manuel Murguía, atopado no Arquivo Diocesano de Madrid, mostrábase como "un documento incontestábel" que permitía fixar definitivamente o día en que naceu Rosalía e que aclara moitas das dúbidas "que até o de agora pairaban sobre a súa biografía".

Cando se fixeron públicos os documentos que demostraban que Rosalía nacera o día 23 de febreiro de 1837 xa se formulara o proxecto deste cambio de data que hoxe se materializa, aínda que existían certos receos sobre a aceptación da mudanza, ao terse convertido o 24 de febreiro nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. "Era o lóxico", opina o presidente da Fundación Rosalía, e ese pequeno cambio carece de importancia diante da proxección da súa obra sobre o

pobo galego. O importante é que houbo acordo entre todas as institucións, que non existiron disparidades e que Rosalía segue sendo un elemento de unidade entre todos os estamentos da sociedade galega".

Unha "nova" data que os estudosos daban como plausíbel. Até o de agora, coñecíase unicamente a partida bautismal de Rosalía, do 24 de febreiro de 1837, e ao ser esta a única proba documental acreditada, dábase por boa esta data para lla asignar ao nacemento da autora. Non obstante xa existían moitos indicios que apuntaban ao día 23 de febreiro como a data real do nacemento da autora. Manuel Murguía, por exemplo, no Diccionario de escritores gallegos, escribe que Rosalía naceu en Santiago o 23 de febreiro de 1837.

Tampouco parecía moi normal que, sendo bautizada o día 24 de madrugada, a data de nacemento fose dese mesmo día.

A nova información biográfica sobre Rosalía quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), de Sagrario Abelleira.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Un día para celebrar a Rosalía

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego e, por primeira vez, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo.

Logo deste acordo, que traslada a celebración ao día 23, a Xunta, a Fundación Rosalía de Castro e demais institucións e asociacións vinculadas á figura da poeta convidan á sociedade a renderlle homenaxe a Rosalía no seu día e en todos os demais lendo e poñendo en valor a súa obra.

Convidamos á Comunidade educativa do Eusebio da Guarda a celebrar este 23 de febreiro de 2022 poñéndo en valor a figura de Rosalía e a súa obra.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Lectura dos poemas polas aulas:

 

Teatro: traxedia “Hécuba”, de Eurípides, no Teatro Colón

22 de febreiro de 2022

Os alumnos de Latín de 1º, 2º de Bacharelato e 4º de ESO asistiron á representación dá traxedia “Hécuba”, de Eurípides, no Teatro Colón. A posta en escena dá obra, baseada na vida dá infortunada raiña troiana, correu a cargo dá compañía Noite Bohemia, que presentou unha atractiva escenografía e un elegante vestiario. Contou coa participación non seu elenco de Martina Lobo Roca, alumna de 2º de Bacharelato F.

A actividade foi organizada por Belén González, Xefa do Departamento de Latín.

Olimpiada de Bioloxía

18 de febreiro de 2022: Olimpiada de Bioloxía

Na fase autonómica da XVII Edición da Olimpíada de Bioloxía celebrada o 18 de febreiro na facultade de ciencias da UDC, os nosos alumnos Vicente Bermúdez de Castro Rey e Martín Romero Múñiz, obtiveron respectivamente o segundo e cuarto premio da fase autonómica.

O posto acadado por Vicente Bermúdez de Castro o convirte en candidato a representar a Galicia na fase nacional a celebrar na Universidade de Oviedo entre o 31 de marzo e o 3 de abril.

Os alumnos estiveron acompañados polos profesores de Bioloxía Manuel Varela e Manuel Blanco.

 

 Felicitación do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Olimpiada de Xeoloxía: 1º, 2º, 3º e Campións de grupo para o Eusebio!

16 febreiro 2022: Olimpiada de Xeoloxía

  • 1º: Vicente Bermúdez de Castro
  • 2º: Alex Solsona
  • 3º: Cecilia Vizoso
  • Campións de grupo: incluíndo a Roi Losada

PARABÉNS!

Novas profesoras e profesores CATEDRÁTICOS no Instituto Eusebio

16 de febreiro de 2022: CATEDRÁTICAS/OS

Novas profesoras e profesores CATEDRÁTICOS no Instituto Eusebio. PARABENS!

PROXECTO ARTÍSTICO do profesorado e alumnado de Plástica a través da exposición fotográfica Peter Lindbergh, Untold Stories

9 de febreiro de 2022

O Departamento de Artes Plásticas organizou, en colaboración co grupo de investigación Arte-Facto, dirixido polo profesor da UDC doutor José María Mesías Lema, un PROXECTO ARTÍSTICO a través da exposición fotográfica Peter Lindbergh, Untold Stories.

Neste obradoiro participou o alumnado de 1ºBach de Debuxo Técnico e Debuxo artístico e 4ª ESO Ed Plástica Visual e Audiovisual.

Logo da presentación do proxecto nas aulas, polas profesora Eva Vérez e Lucía Sesto, o artista plástico, Marco Moreira fixo a proposta do obradoiro A mecánica do debuxo cunha presentación na aula Picasso do noso centro. Pensamos no debuxo como un acto vivido e experimentado que crea unha actividade poética interactiva. Para suscitar esta reflexión, convídamos ao alumnado a crear grupos de traballo crear, planificar e desenvolver un mecanismo de debuxo interactivo.

Por último, visitamos a exposición. A proposta xirou arredor da idea desas historias non contadas que cada alumno interpreta subxectivamente a partir das fotografías de Peter Lindbergh . O alumnado fixo un percorrido guiado pola exposición e presentou os seus mecanismos de debuxo.

Recollida de lixo

3 de febreiro de 2022

O alumnado de 1ºESO tivemos a visita do CEIDA para facer unha actividade de “Lixo mariño” que tivo dúas partes:

Una charla/coloquio na aula onde nos explicaron as causas e consecuencias da contaminación mariña e outra parte na Praia de Riazor. Alí fixemos recollida e reconto do lixo que nos atopamos (fundamentalmente plásticos de moi pequeño tamaño e cabichas de cigarrillos,… aínda que un dos días tamén recollemos a defensa dun coche). Os datos recollidos teranse en conta para un Proxecto Europeo, no que participa o CEIDA, de seguemento do estado das praias.

Organizado polos/as profesores/as de Bioloxía e Xeoloxía: Lourdes Pérez, Paula Ponte e Jaime López. Tamén nos acompañou Carmen Edreira.

Rosalía, Marcos, Santi, Hugo, Guillermo y Sol participan no proyecto CanSat da Axencia Espacial Europea

12 de febreiro de 2022

Rosalía, Marcos, Santi, Hugo, Guillermo y Sol participan no proyecto CanSat da Axencia Espacial Europea

Uxía González, Carla López e Yara Vez becadas da Fundación Amancio Ortega para Estados Unidos e Canadá

12 de febreiro de 2022

Uxía González González, Carla López Riveiros e Yara Vez Vilariño, alumnas de 4º de ESO do Instituto Eusebio, becadas da Fundación Amancio Ortega para Estados Unidos e Canadá. PARABÉNS!

Joaquín Mosquera Martínez, exalumnos do Eusebio, oncólogo no CHUAC

 8 de febreiro de 2022

Joaquín Mosquera Martínez, exalumno do Eusebio, oncólogo no CHUAC

STEMbach: defensa dos proxectos de investigación

2 de febreiro de 2022.

O pasado 2 de febreiro, o alumnado do programa STEMbach (Bacharelato científico de excelencia) defendeu as súas memorias de investigación, nun acto celebrado no salón de actos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.

Ao longo da tarde, os tribunais académicos foron avaliando os traballos de investigación froito de dous anos de adicación por parte de alumnos/as, docentes do Eusebio, e investigadores da Universidade da Coruña.

A comunidade educativa do IESP Eusebio da Guarda agradece a alumnos/a e docentes, e aos seus titores/as na Universidade pola súa perseverancia para levar adiante os seus traballos nas conidicións, e quere felicitalos pola excelencia dos seus traballos.

No enlace pódense atopar a relación de traballos e participantes na promoción StemBach 2020/2022 do Eusebio da Guarda.

Se algunha persoa estivera intersesada nalgún dos traballos, ou desexara información sobre o programa pode poñerse en contacto connosco no seguinte enderezo electrónico: stembach.eusebio@gmail.com

Relación de traballos:

 

Vídeo coas entrevistas realizadas polo alumno de 4º de ESO Santiago Vilas Subirán:

Fotos:

 

Inicio das clases do segundo cuadrimestre da ESA no curso 2021-22

3º e 4º ESA 2º Cuadrimestre curso 2021-22

O vindeiro 8 de febreiro empezan ás clases de 3º e 4º ESA 2º cuadrimestre a partir das 18:00 horas. Horario no taboleiro do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut