Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Excursión de fin de curso do profesorado do Eusebio: Terras do Xallas, cursos medio-baixo. 28 de maio de 2022

28 de maio de 2022

Excursión de fin de curso do profesorado do "Eusebio bótase ao monte": Terras do Xallas, cursos medio-baixo. 28 de maio de 2022

Organizador: Antonio Fondo Rodríguez

XX Olimpíada Matemática 2º de ESO 2022

27 de maio de 2022

Xosé González Prego pasa á fase nacional. PARABENS!

2 de maio de 2022

Pilar Alonso-Jaúdenes Paz Xosé González Prego: pasaron a Fase Local. PARABENS!! A próxima proba será o 26 de Maio en Lugo.

21 abril 2022

XX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA PARA 2º DE ESO

O Instituto Eusebio da Guarda tomou parte na Olimpíada Matemática que se celebrou na Facultade de Ciencias da Educación da UDC o 21 de abril de 2022. Participaron as seguintes alumnas e alumnos de 2º de ESO: Pilar Alonso-Jaúdenes Paz, Carmen Campos González, Anxo Fraga Vilariño, Xosé González Prego, Icía González Vizcaíno, Héctor Lorenzana Cruz. Foron acompañados polas profesoras de Matemáticas Aurora Labora Castro e Beatriz Sixto Rodríguez.

Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín

27 de maio de 2022

Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín

As alumnas de 2º Bac F de Humanidades Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o día 25 de maio onde demostraron as súas habilidades na tradución de textos clásicos . Desexámoslles moita sorte !!!
Belén González - Departamento de Latín

Entrevista en Radio Coruña Cadena SER como “Escuela Mentora del Parlamento Europeo” y “Proyecto TAEUS”

25 de maio de 2022

Entrevista en Radio Coruña Cadena SER como “Escuela Mentora del Parlamento Europeo” y “Proyecto TAEUS”

Os alumnos Santiago Vilas e Adriana Rey, en representación dos 18 Embaixadores Junior de 4º ESO, acompañados pola profesora Mª José Rivas e por unha representante de Ingalicia, explicaron no programa de Hoy por Hoy na Cadena SER Coruña o que significa ser “Escuela Mentora” (MEPA) e o Proxecto europeo no que están traballando. 

Semana das Letras Galegas: exposición dedicada a Florencio Delgado Gurriarán

20 de maio de 2022

Semana das Letras Galegas: exposición dedicada a Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe inauguramos a Exposición dedicada a Florencio Delgado Gurriarán. Convidamos a toda a Comunidade educativa do Eusebio da Guarda a visitala e renderlle homenaxe ao escritor, exemplo de compromiso con Galicia.

Departamento de Lungua Galega e Literatura

A pervivencia do Latín

9 de maio de 2022

A pervivencia do Latín

Os alumnos de Latín de 4º ESO E expoñen o seu traballo sobre a perviviencia do Latín dentro do ámbito universitario como lingua de prestixio aínda nos nosos días . O traballo contén unha pequena mostra de escudos e lemas universitarios en lingua latina das universidades máis prestixiosas de Europa e América.

Concurso de Periodismo en La Escuela de La Voz de Galicia: problemas da pandemia

18 de maio de 2022

Concurso de Periodismo en La Escuela de La Voz de Galicia: problemas da pandemia

 

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2022

13 de maio de 2022 

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2021

  

 

Día das Letras Galegas 2022

13 de maio de 2022

Día das Letras Galegas 2022

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO: ROTEIRO POLA CORUÑA GALEGUISTA

13 de maio de 2022

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO: ROTEIRO POLA CORUÑA GALEGUISTA

O alumnado de 4º ESO realizou unha saída didáctica para coñecer os lugares emblemáticos da Coruña que tiveron importancia na historia do galeguismo. Repartidos en dous grupos, realizamos a visita os días 6 de abril e 11 de maio. Acompañados por profesorado dos departamentos de Lingua e Literatura Galegas (Benigna Vidal Tomé, Estefanía González e Dulce Fernández Graña) e de Lingua Castelá e Literatura (José Luis Gundín, Mª Luisa Prado e Jessica Regueiro), realizamos o percorrido a pé entre o instituto e a Cidade Vella, deténdonos nos lugares sinalados pola historia do galeguismo na cidade, nomeadamente o lugar de fundación da Editorial Nós na rúa Real, no local onde se fundou a primeira Irmandade da Fala en 1916, na rúa da Franxa, na Praza do Humor, onde se rende homenaxe aos nosos autores máis retranqueiros, e como non! Con Cunqueiro e o seu Gatipedro á cabeza. En cada parada o alumnado rendeu homenaxe á memoria dos escritores e escritoras homenaxeados/as lendo textos e recitando poemas, mentres os/as asistentes inmortalizabamos cada momento. A casa onde viviron Rosalía de Castro e Manuel Murguía e familia, a de Francisca Herrera Garrido, e o Xardín de San Carlos onde está soterrado Sir John Moore, foron outros lugares onde rendemos homenaxe aos nosos persoeiros. 

Así fomos chegando á RAG e Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, na rúa Tabernas, onde puidemos percorrer o interior do edificio e coñecer a súa historia grazas ás explicacións de Julia Santiso. Xa no camiño de volta, recitamos os últimos poemas ao pé da lanza defensora da estatua de María Pita, e chegamos ao instituto cos pés cansos mais o espírito enriquecido por unha nova percepción da nosa cidade.

Departamento de Lingua e Literatura Galegas

 

Visita de 4º de ESO e 3º PMAR á Real Academia Galega e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán

11 de maio de 2022

Visita de 4º de ESO e 3º PMAR á Real Academia Galega e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán

O catedrático de Biotecnoloxía e exalumno do Eusebio, César de la Fuente, impartiu unha conferencia maxistral en Afundación

9 de maio de 2022

O catedrático de Biotecnoloxía e exalumno do Eusebio, César de la Fuente, impartiu unha conferencia maxistral en Afundación

O título foi "A revolución das máquinas: desenvolvemento de novos antibióticos e tests de diagnóstico". Asistiron alumnos e profesores do Instituto.

César de la Fuente é ademáis profesor e director de investigación na Universidade de Pensilvania.

 

"A Europa que queremos": actividades no Día de Europa

9 de maio de 2022

"A Europa que queremos"

Os embaixadores junior, acompañados pola súa profesora Mª José Rivas, participaron no acto do día 9 de maio na Deputación da Coruña, representando o Eusebio da Guarda, como único centro da provincia da Coruña que forma parte deste programa. Leron o seu manifesto, algúns artigos da Constitución Europea,  escoitaron a mensaxe de Roberta Metsola e posaron coa bandeira da UE, entre outras actividades.

 “Día de Europa no Eusebio”

O día 9 de maio é o Día de Europa e os nosos Embaixadores Junior realizaron varias actividades co equipo de Ingalicia relacionadas coa U. E. para celebrar este día.

Mensaxe da Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, ás Escolas Embaixadoras:

Encontro da escritora Ledicia Costas para o alumnado de 1º ESO

9 de maio de 2022

Encontro da escritora Ledicia Costas para o alumnado de 1º ESO

Hoxe tivemos a enorme fortuna de contar coa presenza da escritora dun dos libros que o alumnado de 1º ESO leu este ano, concretamente na 3ª avaliación: Escarlatina, a cociñeira defunta. En consoancia co seu nome, as súas palabras encheron de ledicia unha Aula Picasso chea “ata a bandeira”, nunha solleira mañá inesquecible. Ninguén se quixo perder quen era esa autora que tratou a morte con tanto humor, con aventuras divertidas dun Inframundo, que para nada lles meteu medo, senón que gozaron cuns personaxes moi peculiares e divertidos. Houbo tempo para todo, ou mellor, se cadra botariamos a mañá enteira escoitándoa xa que, moi xenerosa, nos confesou infinidade de curiosidades: que de pequena o que máis lle gustaba era ler, que lle encanta comer chocolate, que adora visitar cemiterios e que estudou Dereito e exerceu uns anos como avogada, pero desde había xa tempo dedicouse por completo á literatura. Tamén nos contou anécdotas divertidas, como que un alumno dun instituto ao que acudiu para dar unha charla, tiña medo achegarse a ela, porque pensaba que estaba morta, que era un espírito, porque sempre falaba de mortos e cemiterios. Despois, as súas profesoras de Lingua Galega e Literatura,  Carme Edreira e Teresa Pastor, deulle a palabra ao alumnado, quen comezou unha rolda de preguntas sobre o libro e, sobre a súa traxectoria literaria en xeral. Tamén houbo oco para gastarlle unha pequena broma: dixémoslle que no soto deste instituto a rapazada atopara unhas receitas noxentas moi antigas, tamén do Inframundo e seica debeu de habitar este enorme edificio unha vella cociñeira do Alén e abofé que as deixou para que alguén as probase. Así, algúns alumnos e alumnas aproveitaron esta brincadeira para lerlle a Ledicia esas receitas imposibles de comer polos vivos, pero que fixeron as delicias da autora viguesa.

A sinatura de exemplares e mais as fotos feitas con todos nós puxéronlle o broche de ouro a este fermoso encontro. Moitos parabéns, Ledicia! Volve cando queiras!!!!

Teresa Pastor Novo. Departamento de Lingua Galega e Literatura

O Instituto Eusebio participa no DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022

7 de maio de 2022

O Instituto Eusebio participa no DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022

O pasado sábado 7 de maio celebrouse o Día da Ciencia na Rúa 2022 no parque de Santa Margarita coa participación de  máis de 40 colexios, institutos e institucións. O IES P Eusebio da Guarda a través do seu Club de Ciencia Modesta Goicouría levou a cabo diferentes experiencias de índole científico onde todo aquel que se acercou poido descifrar os segredos das areas, realizar xardíns cristalinos e ir á búsqueda do tardígrado.

Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do centro participante polas súas "cristalinas" explicacións que deixaban abraiados a todo aquel que se acercaba e agradecer a colaboración e presencia de todo o profesorado do centro que dun xeito ou outro fixo posible que este día tivera lugar. 

Reportaxe a cargo do alumno de 4º de ESO Santi Vilas:

 

Alumnado de 4º de ESO precipita carbonato de calcio

5 de maio de 2022

Alumnado de 4º de ESO precipita carbonato de calcio

O pasado xoves 5 de maio os alumnos de 4º ESO na clase de Física e Química, xunto co profesor Daniel Varela, realizaron a práctica de precipitación do carbonato de calcio, se queres saber máis sobre a súa realización podes ver o seguinte vídeo realizado polo alumno Santi Vilas (4ºE) e a participación de Lucas Barbeito (4ºA).

I JORNADA JUNIOR DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

4 de maio de 2022

I JORNADA JUNIOR DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

 

"Y de repente, bajó la luz" por Santi Vilas

4 de maio de 2022

"Y de repente, bajó la luz"

Por Senti Vilas, alumno de 4º de ESO, baixo a dirección da profesora Paula Cadaveira.

César de la Fuente, exalumno do Instituto Eusebio

1 de maio de 2022

CONFERENCIA MAGISTRAL do Profesor César de la Fuente

La revolución de las máquinas: desarrollo de nuevos antibióticos y tests de diagnóstico. 9 de mayo a las 19h en la sede de Afundación

XV Jornadas de Institutos Históricos. Málaga 2022

30 de abril de 2022

XV Jornadas de Institutos Históricos

Málaga 2022 

A directora do Instituto, Mª Isabel Ruso de Lago, foi recibida por José Lebrero, director do Museo Picasso de Málaga, con quen plantexou a posibilidade de comezar unha interrelación Málaga/Coruña/Barcelona.

Distribuir contido


by Dr. Radut