Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Grandes biólogos no Eusebio da Guarda

 Accede á información  no artigo publicado en

La Voz de Galicia. Pincha no enlace

Máis sobre Rosalía

Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace 

  23 DE FEBREIRO: FLORES PARA ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro o EDLG quixo homenaxear a Rosalía de Castro, no día do seu aniversario. En efecto, dende o 23 de febreiro de 2022, o día de nacemento da nosa galega máis universal hónrase nesa data, xa que antes se facía o 24. Isto ten a súa explicación, grazas á investigación levada ao cabo pola profesora Sagrario Abelleira. Concretamente o 23 de febreiro de 1837 ás 4:00 h da madrugada naceu a esgrevia poetisa, segundo o que aparece escrito no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, recuperado do Arquivo Histórico Diocesano de Madrid, logo do traballo realizado pola antes nomeada profesora. Tras este achádego, a Xunta cambiou a data do 24 ao 23, conforme ao día real do seu nacemento, para establecer oficialmente a efeméride do Día de Rosalía.

Así, o EDLG quixo destacar este día cun poster en papel pluma cunha fotografía dela na que aparecía a data do 23 de febreiro e coa mensaxe:”Dende entón, marcando páxinas, marcando xeracións....”. Collendo como pretexto o seu célebre poema (traducido ao galego) Dicen que no hablan las plantas, pertencente a En las orillas del Sar (1887), o alumnado de 1º ESO A e D, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo, fíxolle unha orixinal ofrenda floral, elaborando uns marcapáxinas, con versos elixidos por eles e elas, para a autora que se retratou como “a rosa do triste sorrir”. Rosalía foi arroupada coa bandeira da súa amada Galicia e coas flores-marcapáxinas, que contiñan as súas verbas inmorredoiras. Flores para ti, Rosalía!

                                                                                   Teresa Pastor Novo (coordinadora do EDLG)

Seguridade viaria en francés

O alumnado de 2º ESO de francés (segunda lingua estranxeira) quere concienciar sobre a importancia da seguridade viaria, xa sexa como condutor, motorista, ciclista ou peón. É por iso que, usando toda a súa creatividade e orixinalidade e guiados pola súa profesora Beatriz Freijido, sentíronse publicistas por un día e crearon estes carteis sobre "securité routiêre" para chamar a nosa atención,

Na galería de fotos podedes ver os equipos gañadores recollendo os seus premios. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24
 
15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2023-2024.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
 
 
Listaxes provisionais
25 de abril: publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2023-2024.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
 
A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas o 15 de maio de 2023.
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

23 de marzo de 2023:  Por haber máis solicitudes que prazas convocadas, os aspirantes de 2º, 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, teñen dez hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión para presentar toda a documentación para ser baremadas.

 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2023.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
 
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
 
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
 
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
 
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
 
DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN: ver máis abaixo en Adxuntos.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
 
 
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
O prazo de matrícula será indicado oportunamente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2024.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
  • Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 
 
 
DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN:ver máis abaixo en Adxuntos.
 
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: do 23 de marzo ata o 5 de abril.
 
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
  • Prazo para a matrícula ordinaria: indicarase oportunamente.
  • Prazo para a matrícula extraordinaria: indicarase oportunamente.

ADXUNTOS A CONSULTAR:

Fotos da celebración do entroido no centro

 Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Día de Rosalía

Un día para celebrar a Rosalía

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora decidiron cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento: o 23 de febreiro de 1837. 

Hoxe 23 de febreiro de 2023 convidamos  á toda a comunidade educativa do Eusébio da Guarda a renderlle homenaxe a Rosalía no seu día e en todos os demais lendo e poñendo en valor a súa obra. 

Para acceder a todas as imaxes e documentos pinchar no enlace

Celebración do entroido 2023

Cantigas de escarnio (Entroido 2023)

O pasado 17 de febreiro o IES P. Eusebio da Guarada celebrou o Entroido, que hogano xirou arredor dunha ambientación decimonónica para celebrar a efeméride do nacemento do seu ilustre alumno Pablo Picasso. Coincidindo tamén hogano co aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro Cantares Galegos (17 de maio de 1863) mesmo se deixaron ver polos corredores do centro rapazada vestida daquela época e mesmo profesorado, onde destacaron dúas meniñas gaiteiras, as profesoras de Lingua Galega e Literatura Dulce Fernández Graña e Vitoria Sánchez Regueiro, quen levaron a representación máis xenuína do espírito rosalián, manifestado pola propia autora no limiar do libro antes nomeado de que “Galicia é sempre un xardín onde se respiran aromas puros, frescura e poesía”, sendo voceiras dos nosos doses cantares e costumes patriarcais e primitivos. E, por suposto, non podía faltar a recreación do noso particular Manuel Murguía, que asemade podía ser o trasunto dun emérito profesor do noso instituto de outrora, da man doutro Manuel, o profesor de Filosofía, Manuel Torres Cubeiro.

Por outra banda, o EDLG convocou un concurso de elaboración de cantigas de escarnio, moi acaídas neste tempo de Don Carnal. Así, a partir da música dunha canción coñecida, o alumnado elaborou por clases (ESO) unha cantiga de escarnio, de temática libre. As composicións deberon achegar unha serie de condicionamentos, como que as sátiras debían gardar o decoro e non se podía recorrer a termos ofensivos, nin constituír ataques de ningún tipo cara a ningún membro da comunidade educativa. Valorouse por riba de todo o emprego do humor, polo que cumpría o emprego da diloxía (utilización de palabras con dobre sentido) e tentar facer dos defectos, virtudes, con ironía e sarcasmo. As clases participantes interpretaron as súas composición no Salón de Actos e tamén nas súas propias aulas. durante os dous recreos do venres 17 de febreiro. Cómpre destacar as cantigas satíricas elaboradas e cantadas polo alumnado de 1º ESO A e D (coordinado pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Teresa Pastor Novo) e 4º ESO D (coordinado pola súa titora profesora de Física e Química e membro do EDLG, Minia Prego Cabeza). O alumnado levou a máxima de Charles Chaplin por bandeira: "Nunca te esquezas de sorrir, porque o día que no rías, será un día perdido”. Parabéns! 

                                                                                     Teresa Pastor Novo,  coordinadora do EDLG

Máis fotos: pinchar no enlace

Enlaces a diferentes vídeos: vídeo 1, vídeo 2, vídeo 3

160 aniversario do primeiro instituto de A Coruña

Olimpiada de Bioloxía 2023

olimpiada bioloxía 2023

Segundo premio: Sol Davó Fernández

Terceiro premio: Iago Cabana Castro

Accésit: Elisa Marie Rodríguez Martínez

Tres premios de seis. Noraboa !!!

Máis fotos, pinchar no enlace

Entroido 2023 no Eusebio

Primeiro premio profesorado disfraz feminino e masculino

 Clases gañadoras: 1º A ESO E 1º F bacharelato

Visita a Repsol

visita repsol

O alumnado de Cultura Científica  e Tecnoloxía e Enxenería de primeiro de bacharelato, visitou as instalacións da refinería de Repsol. Personal da refinería explicou en detalle os procesos que se levan a cabo e realizouse un itinerario pola mesma. Ademáis o alumnado recibiu información sobre as medidas máis relevantes ue levarán a cabo no proceso de transición enerxética.

Intercambio con Verona

Intercambio con Verona

Celebración da Candeloria

a candeloria

Para acceder a todas as fotos na imaxe

"POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA"

2 DE FEBREIRO: FESTA DAS CANDEAS OU DA CANDELORIA

(CELEBRACIÓN DO AMOR)

O 2 de febreiro celébrase a Festa da Candeloria, tamén chamada Festa das Candeas, que ademais da beizón das velas, simboliza a Festa do Amor.

Así pois, hai poucos anos na igresxa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, concretamente na capela do Rosario, celebrábase na misa da mañá o casamento de dúas pombas que se ceibaban ao remate do acto relixioso. O carácter amoroso dese día estase a esquecer pasando a doce días máis tarde, é dicir, por San Valentiño, por influxo do consumismo comercial.

E tamén nalgúns lugares de Galicia, festéxase ese día a chamada Festa do Pote, como no concello de Verín (Ourense) onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns co cal á festa anterior tamén se lle engade unha celebración gastronómica.

Por estes motivos expostos, cómpre recuperar vellas tradicións de noso que ás veces poden chegar a desaparecer e que constitúen sen ningunha dúbida unha parte fundamental da nosa identidade cultural. Así, o EDLG quixo sumarse a esta efeméride e organizou un concurso onde tradición e modernidade fosen da man. Baixo o título Que me queres, amor? Levemos posto o amor!, o alumnado elaborou lemas ou frases de amor en tres categorías: amor como atracción físicanamoramento, amor á nosa lingua e amor á nosa terra. O uso principal que se fará dos deseños gañadores será incluílo impreso en bolsas de tea, co obxecto de promocionar a nosa lingua, levando posto o galego, xa que cómpre adaptármonos ás modas, e esta é unha peza de vestiario que leva a cotío a rapazada de agora. Deste xeito, na mañá de hoxe, 7 de febreiro, fóronlles entregados os agasallos con cadanseus diplomas acreditativos ás alumnas Nuria Alonso Rodríguez (1º ESO B), Ariana Crego Romero (1º ESO D) e Vega Armada Santos (1º BACH A). Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, participaron e axudaron a darlles continuidade ós nosos costumes !!!

Feliz día do Amor!!!

                                                                       Teresa Pastor Novo,  coordinadora do EDLG

 

 

Información e presentacións no CICA-UDC dos proxectos do alumnado STEMbach do Eusebio

Para acceder a toda información pinchar no seguinte enlace

Para acceder á presentación do evento realizada polo alumno de 1º de bacharelato, Santi Vila, o día 1 de febreiro, de 15:30 a 18:00 horas no salón de actos do CICA da UDC,  pinchar no seguinte video

Visita 4ºE:" Exposición Steven Meisel 1993 A year in photograhs"

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Este xoves 2 de febreiro o alumnado de 4° E acompañado da profesora Beni Vidal do Ámbito Lingüístico- social fixo unha saída para ver a Exposición “Steven Meisel 1993 A year in photograps” no muelle de Batería da Coruña.

Marta Ortega, presidenta de Inditex, trouxo á cidade a mostra máis grande nunca feita sobre o retratista neoiorquino Steven Meisel.

As súas fotos, máis dun cento, realizounas o artista en 1993 nunha explosión creativa que o levou a asinar máis de cen editoriais de moda e 28 portadas de revistas. Meisel soubo recrear nas súas fotos eses seres mitolóxicos que conformaron o novo mito que marcou a estética e a cultura pop dos anos noventa: o das supermodelos.

O alumnado tomou boa nota do video e das explicacións sobre o artista que foron dando os protagonistas do mesmo. Admiraron a contorna onde se ubicou a Exposición, comentando o chamativo da mesma: muelle, as cementeiras…algo tradicional, e ao mesmo tempo algo tan moderno e rompedor como a Exposición.

Estudantes do Eusebio presentan na UDC os seus proxectos STEMbach

Pinchar na imaxe para acceder a toda a información publicada no Ideal Gallego

Marysia, estudiante polaca no Eusebio

Marysia, estudante da Escola Torunska en Varsovia (Polonia), comezou a súa aventura no Eusebio. Nas próximas semanas Marysia será estudante de 3ºB na nosa escola. A viaxe de Marysia é posíbel grazas ao programa de Acreditación Erasmus +: viaxes individuais de estudantes.

Por suposto, esta viaxe é tamén o resultado da nosa amizade e cooperación entre as dúas escolas con quen o ano pasado tivemos un intercambio de estudantes.

Desexámoslle unha estancia marabilloso!!!

Na foto: primeiro encontro, Marysia e a súa nai, xunto cos inestimables profesores Eva e Sebastián, profesores coordinadores do proxecto.

Enlace a máis información:

  https:m.facebook.com/story.php?story_fbid=860668745299656&id=100040696165957

 

Viaxe a Madrid do alumnado de francés de 4º de ESO

Para acceder a todas as imaxes, tamén a visita ao museo de Hergé,  pinchar no enlace

O departamento de francés organizou unha viaxe cultural a Madrid para os grupos de 4º de ESO de 1º e 2º Língua Francesa os días 25 e 26 de xaneiro. O alumnado estivo acompañado polos profesorsores Juan Carlos Méndez Ávila e María Barreiro Seoane. O día 25 visitamos a exposición sobre Hergé, creador das aventuras de Tintin no Círculo de Belas Artes de Madrid e pola noite asistimos ao musical "Los chicos del coro" baseado na película francesa "Les choristes". O día 26 pola mañá visitamos o museo Thyssen-Bornemisza onde o grupo realizou unha actividade centrada nos grandes pintores franceses impresionistas e post-impresionistas . Foi unha curta viaxe pero unha experiencia intensa e inesquecible

Novo videoclip de Brais Morán, ex alumno do centro

Para ouvir, dançar, difundir, espalhar, partilhar a esgalha

Distribuir contido


by Dr. Radut