Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

X Olimpiada de Filosofía

filosofóa

Estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participaron o venres 20 de xaneiro na edición da X Olimpiada Filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado de 1º de Bacharelato (Teo García Nicolás, María Meléndrez Rodríguez, Beatriz Neira Edreira e Alicia Díaz Vázquez) participaron na modalidade de Disertación acerca do tema “As fronteiras son xustas?”. O alumnado estivo acompañado pola profesora Caridad Loureiro e o profesor Benito Arbaizar, ambos do departamento de Filosofía.

Visita do alumnado á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher"

            Grupos de 2º de bacharelato de Debuxo Técnico e Artístico (arriba)   Grupos de 2 da ESO (abaixo)             

Visita do alumnado do centro á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente  para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia. Visita organizada polos departamentos de Matemáticas e Artes Plásticas.

Visita do profesor mozambicano Amilton Bito

 Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Un dos fallos do noso ensino é o de ser demasiado teórico, de maneira que non sempre lle encontramos unha aplicación práctica ao que estudamos. Polo contrario, existe outra forma de aprender que a todas as persoas nos encanta, é viaxar a outros países e coñecer outras culturas.

O pasado luns 23 de xaneiro, sen saírmos da nosa escola, grazas á presenza  do profesor Amilton Bito nas nosas clases de Lingua e Literatura Galegas de 1º Bach e 2º ESO, puidemos viaxar coa imaxinación e coñecer Mozambique, un país que está moi lonxe xeograficamente, pero que ao mesmo tempo nos é moi próximo porque compartimos con el unha lingua que na súa orixe foi a mesma: o galego-portugués. 

Amilton é profesor da Escola Secundaria Ignacio de Loiola (ESIL) en Mozambique, escola que está a desenvolver un proxecto de irmandamento co colexio coruñés Santa María do Mar. Agradecémoslle que viñese ao noso centro para falarnos dese proxecto de intercambio que está a realizar, así como doutros aspectos do seu país, e que se mostrase tan próximo e disposto ao intercambio cultural, como interesado en coñecer a realidade educativa do noso centro. Todos e todas aprendemos moito desta experiencia, non unicamente no aspecto lingüístico e cultural, senón tamén no persoal e solidario. Volte quando quiser, professor, cá tem sua casa.

Proxecto Sophias

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

O Consello de Cultura Galega leva este mércores á Coruña o proxecto Sophias.

Sophias é a serie web de ficción coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, contribúen a divulgar o pensamento de mulleres destacadas da historia. A responsable do proxecto, Carme Adán, a realizadora, Cristina de La Torre, máis o docente Manuel Torres presentan este mércores na Coruña (Instituto Eusebio da Guarda, 12;00 horas) esa iniciativa que está formada por sete episodios que se achegan ás ideas de figuras coma Simone Weil, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Judith Butler ou María xosé Agra.

Ligazóns relacionadas   http;//consellodacultura.gal/especiais/sophias/ 

Olimpiada matemática galega 2023

olimpiada

 Para acceder a máis imaxes pinchar no enlace 

O pasado venres 20 de xaneiro celebráronse na Facultade de Matemáticas da USC coa participación de 112 estudantes (80 mozos e 42 mozas), as probas da Olimpiada Matemática Galega coa participación do noso alumnado: Xosé González Prego (de 3º ESO); Vega Armada Santos, Jorge Estévez de Carrillo, Ha Nul Kim Yuom, Sergio Núñez Urdaneta, Ana Saz Varela, Sofía Martínez Diz-Lois , Carolina García Vázquez (de 1º de Bacharelato); Bruno Bolaño Molezún,Sol Davó Fernández, Carla Dopazo Pavón, Gonzalo Gayá Matarranz, Hugo Herrador Segade, e Laura Fernández González (de 2º de Bacharelato).

As sesións de preparación do alumnado para a proba correron a cargo da Prof. Aurora Labora Castro e do Prof. Luis Javier Rodríguez González

A Olimpiada Matemática galega, constitúe a Fase Autonómica da LIX Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española. 

Nestas probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, selecciónanse ata 3 estudiantes para representaren a Galicia na Fase Nacional e consisten en dúas sesións dunha duración de tres horas e media, para resolver tres problemas en cada unha delas.

 O obxectivo fundamental é estimular o estudio das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas

Parabéns a todo o noso alumnado participante, polo seu esforzo e dedicación. Agradecemento ao seu profesorado, e aos preparadores.

 

Exames finais do 1º cuadrimestre da ESA e matrícula do 2º cuadrimestre

EXAMES FINAIS DO 1º CUADRIMESTRE DA ESA


Os exames finais do 1º cuadrimestre da ESA terán lugar o mércores 01 e xoves 02 DE FEBREIRO  co seguinte horario


Mércores 01 febreiro 
17:45 Ámbito social.
18:45 Ámbito científico tecnolóxico.
Xoves 02 febreiro
17:15 Ámbito de comunicación LC/LG  
18:45 Ámbito de comunicación Inglés/Francés.
A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 3 de febreiro. Revisión de exames e reclamacións os días 3 e 6 
 
MATRÍCULA 2º CUADRIMESTRE


ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA (todo xaneiro) para 3ºESA (III MÓDULO) E 4º ESA (IV MÓDULO) DO 2º CUADRIMESTRE 
As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo o día  7 de Febreiro e as actividades lectivas rematarán o 22 de xuño de 2023. 
O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación: 
·         Orixinal e fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto.
·         Fotocopia do DNI (alumnado estranxeiro: Tarxeta de Residencia ou NIE)
·         Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
·         Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.
·         Resgardo do pago do Seguro Escolar (1,12€) en calquera sucursal de ABANCA (Nº conta: ES39 2080 006 49 3040009357)

NOTA: para matricularse dun ámbito é necesario ter aprobado o ámbito correspondente do módulo anterior
(os documentos están no instituto e, xuntoos para colgar en matricula ESA) 

ANEXOS

 

 

Visita do club de lectura do Eusebio á biblioteca Infantil e Xuvenil

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

 Os clubs de lectura de 1º e 2º ESO foron visitar a biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga o 19 de decembro, acompañados das profesora Eva Fernández e Belén Sotelo; pola sua parte, os de 3º e 4º ESO e Bacharelato foron o 9 de xaneiro acompañados das profesoras María José Barreiro e Dulce Fernández. A visita resultou moi proveitosa.

As bibliotecarias Beti e Lorena recibíronnos con moito agarimo e ilusión, facéndonos sentir en todo momento como na casa. Presentáronnos a biblioteca, explicáronnos como está organizada, as múlltiplas actividades que alí se desenvolven, animándonos en todo momento a participar nelas, así como no seu club de lectura xuvenil. Tamén realizamos buscas no catálogo Cascarilleiro e participamos por grupos recomndandando un libro que seleccionamos entre varios, argumentando a razón da nosa escolla. O tempo soubo a pouco, mais en breve recibiremos a vista do seu club de lectura xuvenil na biblioteca do Eusebio para seguir compartindo a paixón pola lectura. 

https://librosabertos.blogspot.com/2023/01/visitamos-biblioteca-infantil-e-xuvenil.html 

 

 

Dúas exalumnas do Eusebio premiadas nun Congreso Nacional

Para acceder á información en prensa pinchar no enlace

Representación da obra de teatro "Ai, meu amigo"

obra de teatro

O 21 de decembro de 2022, o alumnado de 1º F de bacharelato puxo en escena no salón de actos do instituto “Ai, meu amigo!”, unha breve peza teatral da súa propia autoría. Baixo a coordinación da profesora de Lingua e Literatura Galegas Dulce Fernández Graña, representaron diversas situacións do noso mundo actual comparándoas coas que se contan nalgunhas das nosas cantigas medievais galego-portuguesas.

O fío condutor corría a cargo das figuras de María Balteira e Beatriz de Día, que viaxando a través do tempo, observaban como as relacións humanas no século XXI, lonxe do que se podería pensar, non mudaran moito con respecto ás da súa época medieval: os namorados que se citan na festa, as amigas confidentes, a nai que denega o permiso á filla, que aínda así consegue ir ás agachadas, a mentira do mozo e tamén o seu arrepentimento, o anoxo da moza enganada, a reprimenda da nai ao coñecer a verdade… Dúas épocas ben afastadas no tempo, mais cos mesmos personaxes e sentimentos.

Non faltou a música: entre escena e escena, soaban as cantigas de Martín de Padrozelos musicadas polo grupo A Quenlla no disco “Trobador no camiño”. Para rematar, no colofón final da obra, un numeroso coro recitaba a ritmo de rap a cantiga “Digades filha, mia filha velida” de Pero Meogo, cunha acaída coreografía que reflectía a súa estrutura dialogada a ritmo de hip-hop, lembrando a estrutura das nosas regueifas tradicionais, herdadas das tenzóns medievais.

A peza acadou a ovación final do público asistente, que dedicou ao elenco de actores e actrices un entusiasta e merecido aplauso.

Estudantes premiadas do noso centro

Publicáronse na web do Instituto de la Juventud as Actas do 33 Congreso de Jóvenes Investigadores no que participaron e recibiron premio as estudandes de 2º de bacharelato do curso 2021-2022, Alba Codesal e Daniela Neira, que recibiron un dos premios de 1000 euros, ademáis dunha estancia de 15 días no Centro Superior de Investigacións Científicas.

Enlaces de interese:

Proxecto Xeografía Humana da Coruña de Chema Ríos

A directora do Instituto participa no Proxecto de Xeografía Humana da Coruña de Chema Ríos. As fotografías estarán expostas no Kiosko Alfonso ata o 8 de xaneiro e as ganancias da venta do libro destinaránse á asociación benéfica Renacer.

Para acceder a máis imaxes pinchar no enlace

Vídeos relacionados:

 

 

 

Antigo alumno do Instituto

Para acceder á información do artigo publicado na prensa pinchar no enlace

antigo alumno

Profecías 2023, en positivo

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Campaña solidaria e de galeguización: "En galego, verbas que alimentan. Profecías 2023, en positivo"

Realizouse esta campaña do primeiro trimestre do curso, con motivo do Nadal. Esta actividade tivo un dobre obxectivo: por unha banda, achegar a nosa solidariedade en forma de pequenas doazóns materializadas en produtos de consumo non perecedoiros, que foron enviados a Cáritas Parroquial, quen se encargou de distribuílos entre aquelas persoas en situacións de vulnerabilidade; por outra banda, enviar asemade vaticinios ou prognósticos que sesexaríamos que se fixesen realidae no 2023, escritos en lingua galega, co obxectivo de dinamizar a nosa lingua. Nesta campaña colaborarou o departamento de Relixión. A data límite de entregas foi o 20 de decembro e participou toda a comunidade educativa do centro. Así, cadaquén escribiu unha pequena profecía en positivo, en língua galega (a ordenador, ou cunha graía lexible) e pegóullela con cinta adhesiva aos produtos entregados. Así puidéronse albiscar fermosos agoiros: dende o desexo de que rematen as guerras, que se descubran vacinas marabillosas que acaben con enfermidades graves, atopar un planteta habitado na nosa galaxia inzado de materias primas, o Depor de novo en 1ª división, ou que galego se convirta en lingua de prestixio internacional. Se cadra....Todo pode ser posible!!!

Cómpre agradecer á xefa do Departamento de Plástica, Eva Vérez a súa achega en forma de doazón de prodtos mercados cos cartos sobrantes dunha recente viaxe a Madrid, realizada co alumnado de 1º BACH a Madrid. Así, a nosa lingua púxose ao servizo dunha novbre causa: alimentar o corazón.

                                                                     Teresa Pastor Novo, coordinadora do EDLG

Árbore de Nadal sostible

 O alumnado de 1º ESO A e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo, elaborou unha árbore de Nadal sostible, empregando pasquíns realizados na aula con decálogos de boas intencións. Nesta época, onde o consumismo e o avultado número de residuos é moi evidente, cómpre reflexionarmos na necesidade de coidar o chan onde vivimos, para que dure moitos anos.

                                                      Teresa Pastor Novo

                                                     Coordinadora do EDLG

Resolución concurso Tarxeta de Nadal 2022 con Lema

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

O martes 20 de decembro entregáronse os premios do Concurso Tarxeta de Nadal 2022 con lema, co fin de alentar o uso do galego. O 1º premio foi concedido para o traballo presentado pola alumna Alejandra Vázquez Suárez, de 2º ESO C. Dada a calidade, o xurado tamén decidiu concederlle un accésit á tarxeta presentada polo alumno Bruno Seguí Balsa, de 1º ESO D. Por tal recoñecemento, recibiu un lote de libros en lingua galega. Tal e como se recolleu nas bases do dito concurso, o traballo galardoado co 1º premio recibiu  unha  tarxeta agasallo de 20 euros, para poder ser gastados na FNAC. Os ditos premios, xunto con cadanseus diplomas, fóronlles entregados no 2º recreo. Todos os traballos presentados foron expostos no taboleiro do EDLG. A tarxeta gañadora foi empregada para felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa e enviada tamén ás familias. Co fin de promocionar tamén a nosa literatura, na tarxeta foi inserida unha panxoliña do poeta vangardista Luís Amado Carballo. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa participación!!!

                                                                         Mª Teresa Pastor Novo, coordinadora do EDLG                          

 

Cartas a Noel do alumnado de francés

O alumnado de 1º e 2º da ESO participou nun concurso de Nadal presentando fermosas e creativas tarxetas coas que queren felicitar as festas e desexar un feliz ano a tods na lingua de Moliêre.

Para acceder a todas as tarxetas pinchar no enlace

Felicitación Nadal 2023

Artigo en prensa de Beni Vidal Tomé, profesora do noso centro de Lingua Galega e Literatura

Para acceder ao contido do artigo pinchar no enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut