Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Tres premios Stephen Hopkings para o IES Eusebio da Guarda

 

Para acceder a máis imaxes pinchar no enlace. Todas as fotos do evento no seguinte enlace

O día​ 24 de Marzo deste ano 2023 todos os estudantes de STEMbach do bienio 2021-2023 do instituto presentaron os seus traballos en Santiago de Compostela na xornada de exposicións​ dos​ Premios Stephen Hawking, convocados polo IES P Rosalía de Castro​. Nesta convocatoria todos os traballos do noso centro foron seleccionados,  máis o de outra compañeira que realizou o seu proxecto na materia Cultura Científic​a o curso 2021-2022. 

Nesta ocasión, fomos o segundo centro máis galardoado, por detrás do Rosalía de Castro. Dous dos seis terceiros premios e un dos catro segundos foron para o noso instituto. O primeiro premio foi para unha estudante do IES P Rosalía de Castro, polo seu traballo Acelerador Magnético. ​Cítanse a continuación todos os nosos traballos pola orde de exposición, e se mencionan aos premiados. Para nós todos eles son gañadores, como demostran as notas de sobresaínte ​que acadaron nas súas defensas o 1 de Febreiro. Noraboa a tod@s!!!. Excelentes traballos!!!. 

Programación de un robobo para a conducción autónoma, de Hugo Herrador e titorizado por Beatriz Sixto e Minia Prego

Creando vida en el laboratorio: construyendo células artificiales funcionales, de Paula Alcalde e Sol Davó, titorizadas por Daniel Varela. ​

3º premio. Estudio in vitro de la citotoxicidad y de la genotoxicidad de las nanosferas de oro sobre las célula​s gliales, de Elisa M. Rodríguez, ​Antón Jopia e Iago Cabana, titorizados por Mª Jesús Mourazos.

3º premio. Competente, atractiva y mujer, la combinación imposible (de momento​), de Inés Vazquez Rey, titorizada por Mª Jesús Mourazos. 

2º premio. Efecto de la ansiedad sobre las vías moduladoras del dolor, de Bruno Bolaño, titorizado por Mª Jesús Mourazos​. 

Teoría de grafos aplicada á ensamblaxe do xenoma, de Carla Dopazo, titorizada por Beatriz Sixto e Minia Prego. 

A xornada completouse cunha actividade grupal, na que o grupo no que participaba o estudante Antón Jopia tam​én recibiu o premio do xurado. 

                                                                                                                Equipo STEMbach

Grao en Xestión Cultural

O pasado martes 21 de marzo visitounos o Decano da Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Fernández Suárez, para falarnos do novo Grao en Xestión Cultural (Campus de Lugo, USC) e das súas saídas profesionais. Unha opción especialmente interesante para os nosos titulados de Ciclos Superiores de Axencias e Guías xa que se desexan realizar estes estudos universitarios convalidan 30 créditos. Agradecemos a Gonzalo a súa amabilidade e disposición para resolver as dúbidas do noso alumnado.

Máis fotos da homenaxe a Rita Suárez Amado

 Para ver todas as fotos pinchar no enlace

Intercambio con Stamford y Francia

Stamford School 2023

Intercambio con Fontenilles 

DÍA DA POESÍA

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Hoxe 21 de marzo de 2023 celebramos o día da Poesía. O protagonista da conmemoración deste día e o poeta Dario Xohán Cabana (1952-2021) ao que a Real Academia Galega réndelle homenaxe.

O IES P. Eusebio da Guarda súmase a esta celebración facendo unha exposición dedicada a Darío Xohán Cabana e a súa obra poética na que se analiza a contribución do escritor á literatura galega e o seu compromiso coa nosa lingua. Destacan as reproducións dalgúns dos seus poemas que se poden considerar xa "clásicos" da literatura galega. Ademáis plásmanse na exposición outros textos poéticos de autores da súa xeración posteriores, e non podía faltar o mestre Xosé Luis Méndez Ferrín.

Dita exposición complétase cos poemas compostos polo alumnado que por un día converteuse en poeta.

Finalmente o profesorado do departamento de Lingua Galega e Literatura recitou algúns dos poemas de Darío Xohán Cabana que gravou en audio  e podedes escoitar.

 

 

  

FELIZ DÍA DA POESÍA!!!!

                                                                    Departamento de Lingua Galega e Literatura 

Charlas informativas FP

Para acceder a todas as fotos pinchar o enlace

O pasado mércores 15 de marzo os dinamizadores de FP Dual Alfonso Pereira (IES Fernando Wirtz) e Ana Álvarez (IES A Sardiiñeira) foron convidados polo Departamento de Orientación para achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato as oportunidades que ofrecen os itinerarios dos Ciclos Medios e Superiores de Formación Profesional, en especial a modalidade dual. O alumnado interesado poderá completar a información recibida visitando os centros de formación profesional da cidade na semana do 27 ao 31 de marzo dentro das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) organizadas polo concello de A Coruña.

Entrega premios Rita Suárez Amado

Acceso á información do artigo publicado en La Voz de Galicia. Pinchar no enlace

Inés Rey preside a entrega de premios. Máis información na web do concello. Pinchar no enlace

 

Visita de persoeiros: José Alfeirán Rodríguez

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Onte, 14 de marzo, recibimos a visita do catedrático e historiador José Alfeirán Rodríguez, no marco dunha actividade coordinada polo profesor de Xeografía e Historia Abel Fernández Maroño, en colaboración co EDLG. Logo do recibimento e presentación realizados pola directora Isabel Ruso de Lago, deu comezo o seu relatorio nun Salón de Actos ateigado, destacando a presenza de varios profesores e profesoras e mais o alumnado dos 1ºs de Bacharelato de CC. Sociais e Humanidades xunto co de Letras. O profesor, erudito en Historia Contemporánea, explicoulle á mocidade o contexto sociopolítico no que se desenvolvería o nacemento e primeiros anos de vida na cidade herculina dunha das coruñesas con máis proxección internacional: María Casares.

Reputada actriz de teatro e cine, houbo de trasladar a súa residencia a Francia, con apenas oito anos, cara a un longo exilio, ao ser represaliado o seu pai, Santiago Casares Quiroga, quen fora ministro e xefe de Goberno da Segunda República Española, baixo a presidencia de Manuel Azaña.

Nunha lección maxistral, o profesor Alfeirán engaiolou un auditorio con diversas curiosidades explicadas a partir do álbum fotográfico familiar conservado. Así, entre outras, explicou o seu segundo nome, Victoria, cunha foto onde aparece unha pequecha María, vestida cun curioso vestidiño “pelele”, coas pernas espidas. Seica a gadaña da tuberculose deixara varias fendas familiares e por iso, os pais decidiron vestila deste xeito, mesmo no cru inverno, para que se fixese forte e aturase todos os embates das doenzas infantís, co fin de que saíse vitoriosa no duro camiño da vida.

Outra fotografía que deu pé a interesantes comentarios, foi a dunha María moza, xa na súa faceta artística, nunha estampa que daquela resultaba irreverente: abrazada a un rapaz e ataviada seguindo a moda das mulleres “flappers” americanas, unha adiantada aos seus tempos.

En definitiva, unha charla que suscitou o interese do alumnado e do profesorado alí presente. Tralo acto, o historiador foi agasallado cun prato de Sargadelos, entregado pola directora Isabel Ruso de Lago. Asemade, a coordinadora do EDLG, Teresa Pastor Novo, aproveitou para lembrarlle ao auditorio que aquí, na nosa cidade, foron creadas as Irmandades da Fala en 1916, sendo un dos seus principais obxectivos impulsar o uso do galego en todos os ámbitos sociais e culturais, polo que lle agradeceu dobremente o seu labor divulgativo empregando a nosa lingua e, en xeral, o seu compromiso coa cultura propia, ao mergullarnos nunha intensa viaxe  pola vida da grande actriz coruñesa, María Casares. Por todo isto, a coordinadora, en representación do EDLG, tamén lle fixo entrega dun agasallo de cerámica galega.

                                                                            Teresa Pastor Novo

                                                                            Coordinadora do EDLG 

Premios M. Peleteiro

Para acceder a máis fotos pinchar no enlace

Este alumnado tenvos moito conto ….

Un ano máis o centro educativo compostelán M. Peleteiro vén de resolver os premios dun certame escolar dos máis lonxevos de Galicia, os prestixiosos Minerva, na súa edición 51. O dito concurso comezou a desenvolverse aló polo ano 1963, por iniciativa do profesor Abuín de Tembra, e non puido ter mellor padriño iniciático que o gran escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, o mestre da simbiose da fantasía coa realidade cotiá de noso.

Así, na modalidade de narración, a representación do IES P. Eusebio da Guarda non puido ser mellor: Marta Rodríguez González, de 1º Bach F e alumna da profesora Dulce Fernández Graña, acadou o 3º premio, cunha dotación económica de 250 € e medalla; e Samuel López García, de 1º Bach E e alumno da profesora Teresa Pastor Novo, conseguiu tamén medalla e un dos tres accésits concedidos por un xurado que loou a grande calidade dos traballos presentados.

Na mañá de hoxe 13 de marzo posaron para a posteridade no Departamento de Lingua Galega e Literatura, sendo arroupados pola Directora, Isabel Ruso de Lago; pola coordinadora de Bacharelato e Xefa do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Beni Vidal Tomé; e polas súas orgullosísimas profesoras, anteriormente citadas.

Nunha brincadeira cos títulos dos vosos traballos galardoados, oxalá, Marta, despois da túa gran tormenta veña un arco da vella inzado de títulos atraentes cos que nos vas agasallar en breve. E vivir da literatura, Samuel, abofé é unha opción marabillosa e un soño que vas materializar, no canto de vivir morto.

Dende o EDLG quixera expresar o meu fondo respecto polo Colexio M. Peleteiro quen, sen ningunha dúbida, leva amosando todos estes anos un sentido ético de compromiso coa nosa lingua propia, ao fomentar o uso do galego no ámbito educativo neste certame dirixido para alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de toda Galicia.

Por último, o noso desexo é que sexades novos elos nesa cadea de magníficos autores e autoras xa consagrados e que vindeiras xeracións poidan gozar da lectura das vosas producións. Moitos parabéns!!!!

                                                                                                                 Teresa Pastor Novo

                                                                                                                (Coordinadora do EDLG) 

Dous alumnos do Eusebio premiados no Minerva do Peleteiro. Parabéns !!!

 

Na imaxe, directora e profesoras de Lingua Galega con Marta Rodríguez González, tercer premio e Samuel López García, accésit. Para acceder a todas as fotos pinchar no seguinte enlace

Para acceder a toda a información do artigo publicado en prensa pinchar no enlace 

Xuntanza de clubs de lectura: IES Eusebio da Guarda-Biblioteca infantil e xuvenil

 Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Toda a información sobre a actividade. Pinchar no enlace

Información importante

  • FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR 2023
As listaxes definitivas están publicadas no taboleiro de anuncios do Instituto (consultas de 9:30 a 13:30 en xullo, de 10:00 a 13:00 en agosto).
 
Tamén poden ser consultadas na aplicación fondolibros por aqueles solicitantes que teñan Chave365 ou certificado dixital ou equivalente.
 
A partir do 16 de agosto, de 10:00 a 13:00 h, poden recollerse nas oficinas do Instituto os vales ou cheques do material escolar.
  • INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA EN DIÚRNO

 Realizarase na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 h. 

IMPRESOS DE MATRÍCULA: Poden recollerse en Conserxería ou nos seguintes enlaces:

 

Neste enlace está a información sobre as novas materias LOMLOE.

  • LIBROS DE TEXTO

Nos seguintes enlaces están os libros de texto dos diferentes cursos:

 

  • INFORMACIÓN MATRÍCULA ADULTOS e CICLOS FORMATIVOS

Prazo de matrícula: 

a) CICLOS FORMATIVOS: Calendario oficial 

b) ADULTOS: mes de Xullo e primeiros de Setembro

 

IMPRESOS DE MATRÍCULA: Poden recollerse en Conserxería ou nos seguintes enlaces:

 

    • LIBROS DE TEXTO

Nos seguintes enlaces están os libros de texto dos diferentes cursos:

  • SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24 - 1º, 2º, 3º e 4º ESO.  Información para a solicitude no seguinte ENLACE.

 

Levemos posto o galego !

 Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace

O pasado 2 de febreiro, con motivo da Festa da Candeloria, o EDLG convocou un concurso de lemas ou frases de amor para imprimir en bolsas de tea, as populares tote bags, que tanto lle gusta levar á rapaza, nunha moda que exhibe mensaxes de todo tipo, en diferentes códigos. Pois xa, acabadas de saír do prelo, este martes 7 de marzo fóronlles entregadas ás rapazas gañadoras cadansúas bolsas, nas tres categorías: amor como atracción física- namoramento (Vega Armada Santos, de 1º BACH A), amor á nosa lingua (Nuria Alonso Rodríguez, de 1º ESO B) e amor á nosa terra (Ariana Crego Romero, de 1º ESO D).Como o obxectivo principal deste EDLG é promocionar a nosa lingua, agora ….. levemos posto o galego!!! Parabéns, rapazas!!

                                                                                  Teresa Pastor Novo,  coordinadora do EDLG

CUESTIONARIO ALUMNADO PLAN ESTRATÉXICO de MELLORA

O noso centro participa no programa de éxito educativo PROA+. Isto implica a realización dun Plan Estratéxico de Mellora (PEM). Por ese motivo achégase un cuestionario que axudaranos a completar o mesmo e que deberedes encher antes do martes 14 de marzo .

O enlace para encher o cuestionario é o seguinte: https://forms.gle/7Z3aDe3NQNK6DkUd8

Moitas grazas de antemán.

A Dirección

Mención de Honra na Olimpiada Matemática Galega

No pasado venres 20 de xaneiro celebráronse na Facultade de Matemáticas da USC coa participación de 112 estudantes (80 mozos e 42 mozas), as probas da Olimpiada Matemática Galega coa participación do noso alumnado. O alumno  Xosé González Prego (3º ESO) foi galardonado cunha MENCIÓN DE HONRA. Resaltamos o mérito que ten para Xosé, recibir esta mención en competencia co resto do alumnado de cursos superiores ao seu, (de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato) presente nas probas. O nosos parabéns e recoñecemento ao interés, esforzo e adicación deste alumno e tamén parabéns a súa familia, ao profesorado e aos preparadores Prof. Aurora Labora Castro o Prof. Luis Javier Rodríguez González.

Samanta Cebral, ex alumna do centro, Meiga Maior

 Para acceder a toda a información do artigo publicado en prensa, pinchar no enlace

Benestar mental

 

 O alumnado de ciclos do Eusebio da Garda aposta polo benestar emocional dos mozos.

Onte, xoves 2 de marzo, no IES Eusebio da Guarda tivo lugar un evento realizado polo alumnado do segundo curso de Ciclo de Guía, Información e asistencia trística dentro do Protoco e  Relacións Públicas. Conmemorábase así o Día Mundial do Benestar Mental Adolescente para visibilizar a saúde emocional dos mozos, así como esta repercute no ámbito académico e as súas relacións. Ademais da gravación proxectada da psiquiatra Marian Rojas Estapé relacionada con adolescencia e uso excesivo das redes socialis, tivo lugar unha mesa de debate con catro alumnos de inicio e que , finalmente, abriuse a todos os asistentes. Dirección do centro, profesorado e alumnado de ciclos de varios niveis participaron nun diálogo fluido de marcado interese, mencionando temas tan importantes como a forma de abordar este benestar emocional por parte de todos os implicados na sociedade educativa. Clausurouse este evento-práctica de aula cunha rolda de café e pastas que o mesmo alumnado preparou e serviu a todos os asistentes

 

  Para acceder a todas as fotos  pinchar no enlace 

Martina Lobo protagoniza o estreo da traxedia "Medea", de Eurípides.

 Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace

A Compañía de Teatro Noite Bohemia estreou este mércores, con grande éxito de público, a traxedia Medea. A obra, protagonizada pola ex alumna do centro Martina Lobo Roca, actualmente estudante de Filosofía, relata a cruel vinganza da famosa feitizeira tras ter sido abandoada polo seu esposo Jasón. Destacou o excelente traballo da actriz protagonista nun difícil papel que require unha permanente intensidade dramática, a boa dirección dos actores e a calidade do decorado e do vestiario.

                                                                                                   José Luis Gundín Vázquez

                                                                                                   Departamento de Lingua Castelá.

"Teatro clásico : Medea no Teatro Colón"

O martes 28 de febreiro o alumnado de Latín de 4º ESO e Bacharelato asistiu á representación da traxedia de Eurípides Medea, a cargo da compañía Noite Bohemia dentro do circuito de teatro clásico organizado pola Sociedade de Estudios Clásicos (SEEC Galicia).

O alumnado disfrutou dunha emocionante e intensa Medea, protagonizada pola ex alumna de Humanidades Martina Lobo , quen demostrou o efecto catártico da traxedia grega e  que os clásicos están máis vixentes que nunca no noso mundo. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e os alumnos foron acompañados polos profesores Mª Luisa Prado, José Luis Gundín e Belén González.

 

Premios de disfraces 2023

O alumnado gañador do concurso de disfraces, 1º F de bacharelato, recibe o seu premio, un chocolate con churros. Parabéns!!!. Accede a todas as fotos no seguinte enlace

 

Distribuir contido


by Dr. Radut