Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Plan director. Congreso sobre Convivencia Escolar organizado pola Alta Inspección Educativa

A directora participou nunha mesa redonda sobre acoso escolar no Congreso sobre Convivencia Escolar organizado pola Alta Inspección Educativa.

plan director

Os premios da ESO unen ao Masculino e ao Feminino da Coruña

10 de novevembro de 2022

Os premios da ESO unen ao Masculino e ao Feminino da Coruña

Para acceder á informacón publicada pinchar no enlace

premioa na ESO

I Concurso do Calendario de Aula

7 de novembro de 2022

Gañadora do I Concurso de Calendario de Aula de 2022

calendario

entrega agasallo

 

 Na mañá de hoxe, 7 de novembro, a alumna Marta Díaz Ferreiro, de 2º BACH D, recibiu un diploma acreditativo e un premio, consistente nunha tarxeta agasallo de 40 euros, para gastar na FNAC, ao esultar gañadora do deseño do I Concurso de Calenario de Aula 2022-2023, convocado polo EDLG do centro.

A este acto asistiron, ademais da dita alumna, a Directora, Isabel Ruso de Lago, a Xefa de Departamento de Lingua Galega e Literatura, Beni Vidal Tomé, e a Coordinadora do EDLG, Mª Teresa Pastor Novo.

Parabéns e moitas grazas a todos e todas por participar!                                                                             

Mª Teresa Pastor Novo 

                   Coordinadora do Departamento do EDLG

 

 

 

Receitario do inframundo

4 de novembro de 2022

Receitario do inframundo 

 Tras a lectura, nesta 1ª avaliacón, do libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, o alumnado de 1o ESO A e D quixo sumarse á temática da morte que, cun humor maxistral, recrea a nomeada autora viguesa, con divertidas aventuras do Inframundo, protagonizadas por uns personaxes moi peculiares e divertidos. Escarlatina, unha nena cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés, coprotagoniza esta historia xunto con Román, quen recibira polo seu aniversario un agasallo moi particular. Polo libro desfilan gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos. Tecidas entre elas asistimos a múltiples peripecias, cun exquisito humor macabro. Así, o dito alumnado atendeu con interese a suxestión que lles propuxen de poñerse (expresión nunca máis acaída) “coas mans na masa” e inventar pratos cos ingredientes máis noxentos posibles, “saborentos” manxares do mundo do Alén, que constitúe un bo pretexto para renderlle unha homenaxe ao Samaín. O alumnado presentou unha carta imposible de comer no mundo dos vivos: minipizza infernal; dedos de momia; galletas de carrachas e cachos de perna humana; sopa de ouriños de can, patas de araña e ollos de robaliza; pescada á galega de lesmas e cascudas; muf ins de vermes e sangue de cabalo, ....... A exposición dos seus traballos pódese ver no primeiro andar do Edificio histórico, instalada un apropiado 2 de novembro (ou mellor dito, e recollendo a denominación máis tradicional dos meses na nosa lingua, do mes dos Mortos) do ano 2022. Abofé que a rapazada aprendeu de xeito divertido dúas leccións inesquecibles: a funcionalidade creativa da lingua e as características dun texto instrutivo. Bo traballo, chefs!!!! 

     Mª Teresa Pastor Novo  (Profesora de Lingua Galega e Literatura e Coordinadora do EDLG)

Para acceder ás fotos pinchar na imaxe

receitas                                                       

Homenaxe a Isidoro Brocos

     1 de outubro de 2022

      Homenaxe a Isidoro Brocos

  A directora do centro, xunto coa alcaldesa, rende homenaxe a Isidoro Brocos, escultor e profesor da Escola de Belas Artes do Instituto da Garda, no día de Todos os Santos

 Para acceder ao artigo publicado pinchar aquí

TIME TO MOVE

31 de outubro de 2022

TIME TO MOVE 

Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato participaron nunha charla in- formativa ae varios obradoiros realizados por representantes do equipode Ingalicia co obxectivo de dar a coñecer aos nosos xóvenes as diferentes opcións de movilidade dentro do marco da Unión Europea, como volunrta- riado, intercambios académicos, prácticas no estranxeiro, etc.

As actividades TIME TO MOVE ofrecen a oportunidade de preparar proxec- tos e recibir orientacións sobre as oportunidades internacionais que lles interesen.

Para acceder as fotos da charla informativa pinchar aquí

Xacobe Pato, exalumno do centro

30 de outubro de 2022

Xacobe Pato, exalumno do centro, saltou ao papel con "Seré feliz mañana"

Para acceder ao artigo publicado en prensa pinchar na imaxe

ex alumno

Xornada de convivencia en Vilasantar

26 de outubro de 2022

Xornada de convivencia na Escola Ecolóxica de Vilasantar

O pasado 24 de outubro a rapazada de 4º de ESO estivo coa asociación Raíña Paraíso na Escola Ecolóxica de Vilasantar. Un proxecto de inclusión social no rural. Foron acompañados polos profesores Serxio Gómez e Antonio Fondo. A experiencia resultou moi grata, para moitos foi un auténtico bautismo rural. Salientable o comportamento de todos eles.

Para acceder a todas as fotos pinchar na imaxe

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie

25 de outubro de 2022

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie


Os alumnos e alumnas do colexio Irène Joliot-Curie de Fontenilles, estiveron na nosa cidade este mes de outubro, do 15 ao 21, no primeiro encontro do intercambio que desde hai dez anos realizamos con este centro, só interrompido polos anos de pandemia. Trinta e tres alumnos e tres profesores gozaron da acollida das familias españolas e de numerosas actividades coordinadas polos membros do departamento de francés. Realizamos con eles dúas excursións : a última etapa do Camiño de Santiago e unha ruta marítimo fluvial entre Pontecesures e Vilanova de Arousa, onde foron recibidos polo seu alcalde e na que contamos coa colaboración do noso compañeiro Antonio Fondo, a quen agradecemos o seu labor de guía ao longo da xornada. Co alumnado do ciclo de Guía, información e asistencia turística pasearon pola a cidade, atentos ás súas explicacións. Tamén visitaron os museos científicos, o Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules, o Castelo de San Antón e a Casa Picasso. Por último, coñeceron a historia do noso centro da man da nosa directora, Isabel Ruso e como despedida, tivemos unha divertida e emotiva festa na sala Picasso, con actuacións dos alumnos e alumnas, á que acudiron convidadas as familias e que finalizou cun buffet ofrecido polas familias e servido polo alumnado do ciclo de Axencias de viaxe e xestión de eventos, na biblioteca do instituto.
As familias francesas agradecen a calorosa acollida e o bo trato que recibiron os seus fillos e fillas e xa nos esperan para o mes de marzo, cando terá lugar a segunda parte deste intercambio. Grazas a todas as persoas que fan posible esta enriquecedora experiencia!

intercambio francés     

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º Ciclo Superior

25 de outubro de 2022

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º de Ciclo superior

 

ciclos francés por Coruña

 

Como xa é tradición, o luns 17 de outubro, o alumnado de francés de 2º de GIAT, acompañado polo seu profesor François Davo, fixo de guía turístico para o alumnado francés e o seu profesorado do Collège Irène Joliot-Curie (Fontenilles) no marco do intercambio - xa todo un clásico do noso instituto-,  que organiza o Departamento de Francés para o alumnado de 3º de ESO. Desfrutaron dun paseo moi agradable para descubrir lugares emblemáticos do centro da nosa cidade.

Convocatoria do XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

18 de outubro do 2022

Convocatoria do  XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Para aceder ás bases pinchar na imaxe

O periodismo é máis necesario que nunca nunha clase da ESO

12 de outubro de 2022

O periodismo é máis necesario que nuncha nunha clase da ESO

Sabela Prieto, profesora de Lingua Castelá do noso centro e gañadora do premio Periodismo na Escola da Voz de Galicia e Norvento, fala no seguinte artigo sobre a importancia do periodismo nunha clase da ESO.

Para acceder ao contido do artigo pincha na imaxe.

O noso alumno Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán

7 de  outubro de 2022

Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán celebrado na Coruña

Para acceder á toda a información do artigo da Opinión pinche no enlace

 

 

Proxectos en muro compartido

6 de outubro de 2022

Proxectos en muro compartido

O alumnado da profesora Tatiana Saldaña elaborou fiferentes traballos  sobre os temas estudados na clase: apariencia física, cine, hallowen... Estes traballos subíronse a un muro compartido a través dunha aplicación chamada Padlet. Deste xeito todo o alumnado puido ver o traballo feito polo resto e aprender de forma colaborativa, ademáis de fomentar a competencia dixital. Pode accederse a ditos traballos pinchando nos enlaces dos grupos que participaron:

                                                        1º ESO BD       1º BAC      3ºESO AD     

           

Exposición " A lírica galego-portuguesa medieval"

3 de outubro de 2022

EXPOSICIÓN “A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL”. CÓDICES MEDIEVAIS, FACSÍMILES E LIBROS ANTIGOS.

O Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza a exposición “A Lírica Galego- portuguesa medieval”. Códices medievais, facsímiles e libros antigos.

Expóñense os facsímiles dos tres Cancineiros da Lírica Galego-portuguesa: o Cancioneiro de Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro Colocci-Bracutti, ademais do Códice do Escorial das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio.. Acompañando os facsímiles aparecen unhas láminas explicativas da Lírica trobadoresca conxuntamente con outras de imaxes medievais. Completan a exposición diferentes publicacións sobre esta etapa fundamental da nosa literatura así como outros facsímiles como o Breviario de Amor escrito primitivamente en occitano e do que presentamos o manuscrito valenciano do S.XV, a Biblia Pauperum do ano 1.360; o Libro dos Animais de 1.460, o Libro de Horas de fins do S.XV, o Códice Tudela de 1.553, o Libro dos Torneos dos Cabaleiros do Kraichgau de 1.616,Ttratados de Anatomía: un do ano 1.560, outro de 1.800 e un terceiro de 1.831. Completan a exposición libros antigos como A vida de Fray Luís de Granada do Licenciado Luís Muñoz, de 1.639, O Teatro crítico universal do P. Feijoo de 1.758 ou Psicología, Lógica y Ética de D. Bartolomé Beato de 1.884.

Obxectivo: Que o alumnado de Lingua Galega e Literatura (sobre todo 1ºde Bacharelato) coñeza de primeira man o que supuxo a Escola Galego-portuguesa e a cultura trobadoresca na história da Literatura Galega así como aprezar o mundo dos códices, manuscritos, facsímiles e demais publicacións que se expoñen..

A exposición permanecerá o mes de outubro no primeiro andar do instituto.

Para acceder ás fotos da exposición pinchar na imaxe

Traballos de francés sobre visibilidade bisexual

3 de outubro de 2022

Traballos de francés sobre diversidade bisexual

Con motivo do día internacional da visibilidade bisexual, celebrado o 23 de setembro, o alumnado de francés primeria lingua do grupo 3 ESO C, coa súa profesora Sara Pajon, realizou uns pósters sobre mulleres francófonas bisexuais, que expuxemos nos taboleiros do grupo Iguais na diversidade. Deste xeito, dende a materia contribuímos a dar visibilidade ao colectivo bisexual ao mesmo tempo que fomentamos o coñecemento de distintas mulleres francófona célebres, como as escritoras Simone de Beauvoir ou Marguerite Yourcenar, entre outras.

Máis pósters no seguinte enlace.

AS PRIMEIRAS PROFESORAS DO INSTITUTO DA CORUÑA

As catedráticas de Xeografía e Historia Marieta Chavert Díaz e Ana Romero Masiá realizan un interesante estudo sobre as primeiras profesoras do Instituto da Guarda.

Roteiro pola Coruña modernista

Martes 27 de setembro de 2022

Roteiro pola Coruña modernista 

Este pasado luns 26 de setembro un grupo de profesores e profesoras participou no roteiro A Coruña modernista, organizado polo Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración co EDLG. O profesor Abel Fernández Maroño foi o encargado de explicar a historia dos edificios máis emblemáticos deseñados nese estilo artístico, construídos na cidade herculina nos primeiros anos do século pasado. Resultou moi interesante porque, á parte da información histórica achegada, serviu tamén para recrear curiosas anécdotas relativas á flora dos Xardíns de Méndez Núñez, costumes cotiás das mulleres doutrora, modas provenientes de ultramar ...... Mesmo algún dos asistentes tamén comentou curiosidades de certos nomes das rúas que antes foran castelanizados, pero que recuperaron a toponimia orixinaria galega e que explican moitos detalles da historia da nosa cidade, como a rúa Alcabaleiros, que eran os que cobraban as alcabalas (os tributos que os vendedores lles pagaban ao fisco nos contratos de compravenda e os dous contratantes, no de permuta). Tamén a profesora de Lingua galega e literatura Beni Vidal comentou a malfadada Casa Viturro, ao redor dun episodio de violencia machista acontecido nela hai moito tempo, que xa recrea a escritora Antía Yañez en Senlleiras. Esta lenda negra presente nesta edificación queda patente ou rexistrarse outro infortunio hai poucos anos. En resume, un roteiro moi interesante, que mesmo puideron seguir os participantes con cadanseu folleto explicativo, na tradución e confección do cal colaborou o EDLG. Aquilo que dixera Viente Risco de que : “Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo”, sen ningunha dúbida podería aplicárselle á nosa cidade, porque descubrimos nunha hora de roteiro un mundo de historia sobre a universalidade da nosa urbe. 

                                                         Teresa Pastor Novo (Coordinadora do EDLG)                                                                                                                                                                                                                    

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA (para o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BACH)

TRINITY EXAMS AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA 

 

Os alumnos interesados en presentarse ás probas de acreditación de nivel de inglés terán que formalizar a matrícula nas oficinas do centro en horario de 9 a 14 horas. 

Data límite: 20 de setembro

Na matrícula indicarán o nivel B1, B2 ou C1 ao que se queren presentar. En caso de dúbida sobre o nivel, poden asesorarse cos seus profesores de inglés.

Unha vez formalizada a matrícula os alumnos firmarán un compromiso de presentación ás probas, que terán lugar posiblemente no segundo trimestre do curso 2022-23.

 

 

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

15 de setembro de 2022

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

Os días 4 e 5 de setembro unha representación de 9 alumn@s de 1º de Bach, que traballaron no Proxecto TADEUS,  acompañados polas profesoras Mª José Barreiro e Mª José Rivas, viaxaron a Madrid para presentar o seu Proxecto de investigación dos Fondos Estructurais da UE.

A presentación tivo lugar na sede do Parlamento Europeo en Madrid onde foron recibidos por Teresa Coutinho, Directora da Oficina do Parlamento Europeo en España, e Juan González Mellizo, Xefe de Comunicación e prensa da Comisión Europea, entre outros membros. Interveu tamén no acto Nino Versace, Director de Ingalicia.

Ao rematar a presentación os nosos alumnos recibiron os diplomas acreditativos do 2º Premio polo Proxecto na sede de INJUVE, onde foron recibidos por David Lafuente, subdirector de INJUVE España e pola directora adxunta, Cristina Naveira, que nos fixeron entrega dunha placa de recoñecemento polo proxecto "Europa mira ao mar"

PARABENS aos nosos alumn@s polo traballo realizado !!!

Para acceder a todas as fotos pincha na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut