Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

O grupo de lectura de 3º A e B  leu  na 1ª quincena de maio  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta  de  Ledicia Costas.

O texto, en xeral, gustou ao alumnado. Ana recomenda a súa lectura por ser moi entretido xa que conta sucesos con personaxes reais como Sanjurjo ou Jules Verne e fantásticos como o tema das mulleres planta.  Que se desenvolvese a historia en Vigo e nas Illas Cíes tamén lle dá á historia un punto de realismo. Elisa sostén que a historia, ademais, está presentada como unha intriga ou misterio que se vai desenvolvendo ao longo da novela. Tamén hai emoción e sentimentos, di África, como o que sentiu ela co reencontro de Azucena coa súa filla.

A visita do inspector

A VISITA DO INSPECTOR | J. B. PRIESTLEY | Casa del LibroA visita do inspector  

O outro grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leron e comentaron a peza de J. B. Priestley A visita do inspector.                     

                    O suicidio de Eva pon en marcha a acción. Co transcorrer da obra, descóbrese que todos os integrantes da familia e o noivo de Sheila tiveron algunha relación con esa moza, que ía cambiando o nome. 

A trama da obra mantívoos, sosteñen, enganchados de principio a fin, por como  transcorre a historia. polo papel de xuíz, do falso inspector e a tensión que xera dende que aparece. Ainhoa di que tal e como está estruturada, o autor provoca que desexes coñecer os testemuños dos personaxes e destaca as diferentes maneiras de reaccionar dos mesmos ante o suicidio de Eva.

A súa estrutura circular era algo inesperado. A intriga que se mantén ao longo da obra fai que a nosa mente constrúa un final que en nada se parece ao que elabora o autor, impactante  e inesperado.

A obra constitúe unha crítica á sociedade inglesa da época e, di Olaia, fainos ver que os nosos actos sempre teñen consecuencias.

 

Erros e tánatos

O grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leu no mes de abril  o libro de relatos de Gonzalo Navaza Erros e tánatos.

Ao alumnado xa lles chamou a atención o tan suxerente e enigmático título. Na mitoloxía grega, Eros era o deus do amor e Tánatos o da morte. Xuntos e contrapostos  conforman os dous instintos básicos do ser humano. Neste libro o autor xoga cos termos Eros e Erros, algo que lle pareceu moi orixinal a Irene, e que responde ao feito de que na maioría dos relatos hai erros que levan a tánatos.

 A Xoel, Ainhoa e Bárbara gustoulles o xiro dramático, ás veces, pero sempre sorprendente que teñen os relatos ao final. Tamén ese humor e ironía que presentan, e que desdramatizan as historias, é algo a destacar e que fai o libro moi atraente.

Hugo cre que todos os relatos conseguen manter ao lector pendente dos acontecementos, especulando sobre o que poida ser o seguinte acto das personaxes e imaxinando posibles desenlaces, aínda que á fin e ao cabo a retranca que vén anunciada xa dende o título do libro acaba impoñéndose. Destaca, ademais, que o feito de que sexa unha obra narrativa estruturada en relatos fai que poidamos interpretalos coma partículas separadas entre si pero con elementos comúns, o que contribúe tamén a que a lectura sexa máis interesada.

Non te amola!

Non te amola!, de Xela Arias.

O grupo de lectura de 2º ESO E leu ao longo desta semana coa súa profesora Mónica Soto a obra de Xela Arias Non te amola!

O libro encantoulles e algúns deles expresan a súa opinión a través de cartas á propia autora. Velaquí algunhas:

Esta si que che é desgraza

Recursos teatrais para a expresión dramática na escola Didáctica E Outros  Materiais Educativos - Materiais: Amazon.es: Casalderrey, Fina: Libros

“Esta si que che é desgraza”                  Fina Casalderrey

O grupo de lectura de 3º ESO B leu na  clase  durante a semana do 6 ao 9  de abril a  peza  de teatro  “Esta si que che é desgraza” da obra  Recursos teatrais para a expresión dramática na escola, de Fina Casalderrey. Esta peza é unha teatralización libre da Cousa de Castelao “Se eu fose autor teatral”.

Fixemos a lectura teatralizada e  os alumnos compararon e comentaron a versión lida.

Nesta descríbese unha situación en dúas accións paralelas: a morte dun animal e a reacción que provoca nas familias de distinta clase. Semellan accións iguais con reaccións similares mais non o son.

Iago cre que o autor explica moi ben o drama que viven os personaxes dos dous lances trala morte dunha vaca, no primeiro caso, e dunha cadela, no segundo.  Ainara di que cada grupo sofre pola morte do seu animal pero que é máis grave a da vaca para os labregos, que lles dá o sustento, que a da cadeliña para os de clase social alta, que a teñen como un “xoguete”, aínda que lle teñan cariño.

Xaime ve que o autor consegue  describir perfectamente as dúas clases sociais a través deses animais e da súa morte, e que o que é moi importante para unha, a vaca, para a outra non o é  e rin dela, e viceversa, os labregos rin da morte da cadela que a eles non lles daría de comer. Cre que todos os protagonistas coinciden nos sentimentos que lles produce a morte de cadanseu animal.

Encontro con Arantza Portabales

IMG-20210323-WA0010.jpg

O 22 de marzo os grupos de lectura de 1 Bac A e B, por un lado, e Fe G por outro, participaron en senllos encontros con Arantza Portabales, autora de Beleza vermella, a novela escollida para o Club de Lectura no 2º trimestre.

 

Falamos coa autora de cómo xorden as historia e a desta novela en concreto, como prepara a trama, os personaxes, da presenza da arte na obra e doutros moitos aspectos sobre os que  preguntaron  os alumnos.

 

Foi un encontro moi ameno e interesante e ademais contounos unha primicia: en maio sairá unha segunda parte con Abad e Barroso como protagonista. 

Esperamos ansiosos a súa publicación.

 Clica  na imaxe para ver máis fotos do encontro 

Carriandola

          Carriandola, de  Aloysius e Simón Blanco

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, alérxica ás mentiras, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz.

Esta abraiante viaxe foi seguida por un grupo de alumnos de 2º ESO C que nos dan a súa opinión sobre este fermoso texto.

Selene Abalde Calvo: “Gústame moito o libro en xeral, pero o que máis me gusta é cando chegan ao castelo de Lupa e descobren que o realmente importante é Mariña, porque é unha herdeira da luz”.

Marta Benavides Viñas: “O que máis me gustou foi cando Lupa di que Mariña é unha “herdeira da lus”. Tamén me gustou o final, cando Lupa di que lle dá igual que todos marchen, xa que ten capturados máis nenos que naceron no apagamento e unha réplica da abrideira (unha figuriña), pero sen Mariña non a pode activar”.

Sofía Gallego Alonso: “O que máis me gustou do libro foi cando Mariña e o seu avó encontraron a neta de Silveiro da Pena e esta lles deu a cabeza da abrideira de Mariña”.