Sorteo de San Valentín

         
          Lucía Pereira resultou a afortunada.

          Dado que este ano se cumpren 75 da morte de MIGUEL HERNÁNDEZ, quixemos empezar a recordalo con algúns dos seus poemas de amor con motivo do día de San Valentín, o 14 de febreiro.

          O alumnado de 4º C elaborou suxerentes presentacións e estiveron expostas no vestíbulo do instituto durante dúas semanas xunto co retrato realizado tamén por dúas alumnas do grupo, ademais dunha sucinta información biográfica sobre o autor.

          Todo o alumnado do centro foi convidado, por suposto, a ler os poemas, pero tamén a votar polo seu preferido. Entre todos os que xustificaron razoadamente a súa escolla fíxose un sorteo dun vale de 25 € para libros, no que resultou afortunada LUCÍA PEREIRA de 1º ESO C.

 

 

 

 

 

 

Que poema che gusta máis?


Le os poemas de amor de MIGUEL HERNÁNDEZ que hai nos paneis do vestíbulo e dá a túa opinión razoada sobre cal che gusta máis usando a caixa que hai alí ou  o formulario inferior ata o xoves 16 de febreiro. Todas as opinións entrarán no SORTEO dun VALE de 25 € para libros.

PACO ROCA, Engurras

Todos pensamos que esta novela gráfica é divertida e amena, e ben exposta para unha lectura entretida. Recomendámola a todos os que queirades pasar un bo rato. A parte que máis nos gustou foi a fuxida dos anciáns da residencia; Emilio conduce (ou  inténtao) e remata... como verás. Por outra banda, é moi fermosa a historia da declaración de amor de Modesto á súa muller.

En liñas xerais, o autor (Paco Roca) intenta que os lectores cheguen a unha reflexión sobre a calidade de vida nesta derradeira etapa. Moitas veces un vello queda na casa dos seus fillos a coidar dos netos, cando non sofren de ningunha enfermidade nin son un estorbo. Nesa situación, que é a máis común, os fillos vense obrigados a manda-los seus pais ás residencias, que, lonxe de seren atractivas para o lecer, semellan instrumentos de propaganda comercial propia de encantadores de serpes. O compañeiro de cuarto do protagonista relátalle que a rutina da residencia non é outra que comer e durmir.

É certo que, en moitas ocasións, unha familia se arrepinte da decisión.

Laura Calvar, Humberto Díaz, Samuel Fernández,
Brais López e Ana Soneira (3º ESO B/C)

PACO ROCA, Engurras

Pareceume unha historia moi divertida e entretida. Aínda que teña momentos tristes, é un libro que me gustaría volver a ler.

Os personaxes, aínda que non o parezan, son moi intelixentes; tendo a idade que teñen son capaces de escaparse da residencia.

Os momentos máis felices dos anciáns son cando están en ximnasia e cando veñen a visitalos os fillos e os netos.

Na miña opinión, a mellor parte é cando os tres escapan coma se foran mozos, coma se volveran a vivir de novo.

Creo que non está ben deixar os pais ou avós nunha residencia. Non está xustificado porque é coma se xa non serviran para nada e a eles aínda lles queda moita vida antes de metelos alí. Non me parece ben.

Miguel Hernández Olmo  3 ESO B

Participa no Club de Lectura

Para enviar as túas reseñas ao espazo web do Club de Lectura preme no seguinte enlace:

Foro para o envío de reseñas.

Deberás estar dado/a de alta como usuario/a da aula virtual do IES Castelao e, a continuación, solicitar a clave de inscrición na Biblioteca.