Todos pensamos que esta novela gráfica é divertida e amena, e ben exposta para unha lectura entretida. Recomendámola a todos os que queirades pasar un bo rato. A parte que máis nos gustou foi a fuxida dos anciáns da residencia; Emilio conduce (ou inténtao) e remata... como verás. Por outra banda, é moi fermosa a historia da declaración de amor de Modesto á súa muller.
En liñas xerais, o autor (Paco Roca) intenta que os lectores cheguen a unha reflexión sobre a calidade de vida nesta derradeira etapa. Moitas veces un vello queda na casa dos seus fillos a coidar dos netos, cando non sofren de ningunha enfermidade nin son un estorbo. Nesa situación, que é a máis común, os fillos vense obrigados a manda-los seus pais ás residencias, que, lonxe de seren atractivas para o lecer, semellan instrumentos de propaganda comercial propia de encantadores de serpes. O compañeiro de cuarto do protagonista relátalle que a rutina da residencia non é outra que comer e durmir.
É certo que, en moitas ocasións, unha familia se arrepinte da decisión.
Laura Calvar, Humberto Díaz, Samuel Fernández,
Brais López e Ana Soneira (3º ESO B/C)