Patios dinámicos

UNHA NOVA DINAMIZACIÓN

Os xogos desenvolvidos este xoves día 21 de xaneiro foron os seguintes:


ALGUNHAS FOTIÑOS MÁIS

MÁIS ACTIVIDADES PARA DINAMIZAR OS PATIOS!!

Outra sesión de Patios Dinámicos ao inicio do segundo trimestre.

Aquí tedes unhas imaxes:

GRAZAS COMA SEMPRE A AMICOS POLA SÚA COLABORACIÓN!!

 

DESFRUTANDO DOS MOMENTOS DE LECER COS PATIOS DINÁMICOS

Coma todos os xoves deste trimestre, o alumnado de primaria desfrutou de actividades dentro do programa Proxecto Patios.

Hoxe a planificación destas actividades foi a seguinte:

Na galería podedes ver algunhas fotos do momento en cuestión:

GALERÍA DE FOTOS

UN XOVES MÁIS

Un xoves  máis o alumnado de primaria desfrutou de xogos no recreo. Esta vez as actividades organizadas foron big foot e o pano en 1º e 2º,  chapas e o arco da vella en 3º, as esquinas e o espello en 4º, parellas e o escondite inglés en 5º e pedra, papel, tesoiras, círculos e animal animal en 6º.

Grazas coma sempre a AMICOs pola súa labor e noraboa ao profesorado de primaria polo seu esforzo!!!

GALERÍA DE FOTOS

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con xogos no patio non só para o alumnado de primaria, tamén participou secundaria. Houbo xogos variados e música. Foi un ratiño especial e diferente no que poder esquecer a presión á que nos ten sometid@s esta difícil situación sanitaria. Combatiremos, TODO@S UNID@S, o coronavirus con doses de ledicia e xogo!!

Coma sempre, grazas AMICOS pola vosa axuda!!


 


 

GALERÍA FOTOS SECUNDARIA

GALERÍA FOTOS PRIMARIA

NOVAS ACTIVIDADES DO PROXECTO PATIOS

Onte, o alumnado de primaria desfrutou de novas actividades dinamizadas por AMICOS. Esta vez houbo GYMCANA con figuras do Tamgram, baile do limbo, enceste no aro, procura de obxectos perdidos, carreiras de animais e caixas misteriosas!!.

Divertido e, sobre todo, participativo. Fenomenal!!!!.

Coma sempre, GRAZAS AMICOS!!!

GALERÍA DE FOTOS

NOVAS ACTIVIDADES NOS PATIOS DINÁMICOS

Coma todos os xoves, o alumnado de primaria desfrutou de novas actividades no tempo de recreo dinamizadas pola Asociación Amicos e coa colaboración do profesorado do centro. Esta vez houbo xogos e sesión disco!!.

Nos enlaces poden ver fotos e vídeos.

FOTOS

VíDEOS

DINAMIZANDO A INCLUSIÓN

 

Comezamos este novo curso con actividades para os Patios Inclusivos. Os xogos propostos para o xoves día 12 de novembro foron un éxito, do que participaron todos os cursos.
Agradecemos a colaboración de Alba da asociación AMICOS. GRAZAS ALBA!!. GRAZAS AMICOS!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet