Rede de Centros Escolares Solidarios

ExPOSICIÓN TEMPORAL

No corredor do edificio de Secundaria expóñense libros e películas relacionados co comportamento animal. O alumnado de Primaria tamén se achegará para visitar a exposición.

 

 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

 

 

O noso centro adheriuse á iniciativa de "Voluntariado na Biblioteca Escolar" dentro do programa de  BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2017/2018. Entre as diferentes iniciativas, os responsables da dinamización da biblioteca do centro, escolleron a  participación na denominada “Voluntariado na biblioteca escolar”, destinada a alumnado de ensino secundario que colabora de forma asidua na biblioteca escolar. Este alumnado, unha vez rematado o curso, e sempre que se teñan realizado un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na biblioteca do centro, recibirá un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

VISITA DE MALIBÚ

Hoxe, o alumnado de primaria, recibimos a visita de Malibú, unha cadeliña que viaxa por toda a provincia para promover actitudes solidarias e de sensibilización dos máis novos cara ao respecto polos animais. Esta nova amiga sufriu abandono e foi rescatada e, gracias a unha magnífica iniciativa de Casa Grande de Xanceda, axuda compartindo a  súa experiencia a sensibilizar para tratar de reducir os casos de abandono animais.

Entre os seus obxectivos está ensinar para seren solidarios e respectar aos animais que comparten a vida con nós, que facer se atopamos un animal abandonado, ou o por que de que teñan que estar identificados, entre outros.

 

No ENLACE tedes máis fotos...

Tamén deixamos o ENLACE Á PÁXINA para que vexades o traballo que realiza a nosa pequena profe peluda.

OBRA DE TEATRO

Este ano no festival de Nadal desfrutamos dunha magnífica obra de teatro representada polo alumnado de 2º de ESO tratou de sensibilizarnos sobre o problema dos incendios forestais e a plantación descontrolada de eucaliptos na nosa terra.

 

Tamén elaboramos a árbore de Nadal con ramas de eucalipto...e algún que outro desta especie arrincado de raíz.....sempre tendo en conta non extraelos de plantacións particulares.

SEGUIMOS PLANTANDO

Aquí quedan unhas imaxes da nosa plantación de landras e castañas deste curso...

Tamén dos primeiros brotes!!

 

E dunha pequena plantación de acibros...

Todos eles foron plantados en recipientes reutilizados e se manterámn ata o próximo curso á espera de seren trasladados ao monte , en zonas afectadas polos incendios forestais.

Nós repoboamos!!

HISTORIA DO MONTE

 

Como parte do noso Proxecto de Centro recibimos a visita de Lara Barros, especialista en historia do monte e que desenvolve traballos para diversas comunidades de montes, que impartiu charlas para alumnado de ESO sobre a xestión e usos dos montes galegos ao longo da historia dun xeito moi participativo e ameno.

Resultou moi interesante. Grazas Lara!!

MAGOSTO E SAMAÍN 2017-2018

Celebramos o Magosto e o Samaín cunha andaiana polos montes de Dodro acompañados e guiados por Martín, entendido en temas forestais, que nos deu unha estupenda charla sobre a correcta xestión dos recursos do monte e a prevención contra incendios forestais.

 

Despois merendamos na Fonte Primeiral e os gañadores e gañadoras do certame de relatos de medo leron as súas obras e recibiron os premios......

 

..tamén houbo un profe atrevido que leu unha terrorífica historia.

Mostramos o noso sinceiro agradecemento á ANPA por aportar as castañas asadas. GRACIÑAS!!!, foi xenial!!

Aquí vos queda a GALERÍA DE FOTOS.

PLANTACIÓN HOMENAXE

Tras pasear polos espectaculares xardíns do Pazo do Faramello e recibir unha charla sobre a historia do mesmo, o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO plantaron dous castiñeiros e un carballo en memoria de todas as árbores ardidas na nosa terra.

 

Máis fotos no ENLACE.

RESCATE

Comezamos o curso co rescate dun pobre gatiño abandonado nas rúas de Padrón. Felizmente foi adoptado por unha maravillosa familia desta vila que o acolleu con amor e moitas ganas de aprender cousas sobre o comportamento dos gatos e que aínda debate sobre o nome que lle han poñer. Moitas grazas familia pola vosa boa acción!!!!.

 

QUEIMAN A NOSA TERRA

Emprendemos novas accións relacionadas co medio ambiente, en especial co que se refire aos terribles incendios forestais que asolan o noso país ano tras ano. Pola nosa parte  a loita consiste en sensibilizar e concienciar polo que deixamos rexistro gráfico das actividades levadas a cabo sobre o tema:

Galiza non arde, quéimana

Pícanme os ollos,

e non é do fume,

é de ver a miña terra

converterse en cinza.

 

(Iván Fuentes Santos 2º de ESO)

 

MANIFESTO EN CONTRA DOS INCENDIOS FORESTAIS

Hoxe venres día 20 de outubro de 2017 quixemos mostrar a nosa repulsa lendo escritos dalgúns dos nosos alumnos e alumnas nos que se reflicten os sentimentos que afloran cando a nosa terra é atacada por irresponsables que lle prenden lume.

 

 

# Queiman Galiza

......Con respecto ao que pasou o luns, sentín incluso medo, pensar que en calquera momento alguén lle podería prender lume ao monte da miña aldea e eu verme afectado.

Nunca pensei que as persoas poderían chegar a prenderlle lume ao noso monte fose pola cauas que fose, nin que podese morrer xente.

Con esto tamén sabemos que todo o pobo galego está unido e axudámonos entre todos, e que tamén hai moita xente que manda apoio desde lonxe e desde cerca.

(Iago Abuín Pérez 3º de ESO)

Queiman a nosa terra

Malditos os que prenden lume no monte

Malditos os que queren queimar a nosa terra

Malditos os que queiman as persoas e animais

Malditos os queimadores do noso fogar

Malditos os que nos intoxican e fan dano

Malditos os que queiman e non son castigados

Malditos os que pagan e cobran por arder

Malditos os que matan sen saber

Malditos os que convirten o verde en cinza

Pedimos que se faga xustiza!

Malditos os que queiman os pulmóns do mundo

Oxalá se pudran no inferno máis profundo!

(Alumnado de 6º de primaria)

O lume

Os nenos e nenas de 1º sentímonos tristes e con medo. Os incendios destrúen as casas dos animais, o noso fogar e toda a natureza.

As persoas que fan o lume non lle queren ao mundo enteiro. Queremos que se porten ben.

Debemos coidar o noso planeta porque é a nosa vida.

(Alumnado de 1º de primaria)

Incendios

Cando saín fóra, pola noite, estaba todo cheo de fume, caía cinza e cheiraba a queimado. Tiña medo porque pensaba que ía chegar ás brañas, e amiña casa está pegada a elas.......

.....Este é un problema moi grave, están matando a vexetación e  a fauna.

Galiza destaca polo seu verde pero agora, ese verde, convertiuse en negro.

Non chove, Galiza está chorando.

(Nerea Romero Casal 3º de ESO)

.....Non encontro a gracia que lle pode facer a algunhas persoas destruir o sistio onde nós vivimos. Faime sentir que non teño fogar porque...se nós non queremos e coidamos Galiza, quen o vai facer?

(Zaida Rodríguez Rey 3º de ESO)

Estes días, co gran anticiclón, a unhas persoas déuselles por queimar o monte. Aproveitárono todo: a calor, o furacán Ofelia, que xa non había tantos gardabosques.....

.......e queimaron media galicia. É unha pena moi grande; a nosa terra, queimada.

Eu opino que foi unha tremenda loucura, un atentado contra nós e contra toda a flora e a fauna galega.

(Marta Seco Conde 3º de ESO)

Queiman Galicia

Sentín mil cousas fai dous días cando mirei pola ventá e vin as lapas quiemando medio monte. Tristeza, medo, rabia....

..........e sobre todo moita pena por todas as árbores e todos os animais que morreron por culpa duns inconscientes, tanto os que o fixeron como os que o permitiron.

(Borja Dios Vila 3º de ESO)

Galicia arde

Galicia arde

non, non arde

quéimana.

Non pensan en nada

nin en ninguén.

Animais, persoas

morren.

Galicia arde

non, non arde

quéimana.

(Xulia Tarrío Bugallo 4º de ESO)

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet