@s nen@s de segundo tamén colaboramos na horta plantando e regando, que estes días fixo moito calooooorr!
Tivemos unha mañá estupenda para gozar do traballo na terra, xogar e coidar a nosa contorna.
@s nen@s de segundo tamén colaboramos na horta plantando e regando, que estes días fixo moito calooooorr!
Tivemos unha mañá estupenda para gozar do traballo na terra, xogar e coidar a nosa contorna.
Un día de sol estupendo anima a saír a coidar a natureza.
Hoxe pola mañá @s nen@s de 3º puxemos a punto a nosa hortiña. Sachamos, arrancamos as malas herbas, coidamos as cenorias que tiñamos sementadas e plantamos remolacha, allo porro e máis plantas de amorodos porque somos moi lambonciños.
E por fin chegou o gran día! O día da degustación.
Onte baixamos ata o horto en grupos e apañamos o que había comestible: un brócoli marabilloso, ravos, mizuna e algunha que outra cenoria.
Con estes ingredientes preparamos uns canapés saudables e riquísimos cos que convidamos a todo o alumnado e profesorado de primaria. Velaquí algunhas fotos de todo o proceso, realizado coas máis estritas normas de sanidade e seguridade: momento da selección e colleita, confección dos canapés coa axuda do alumnado voluntario de 5º e 6º, mostra da presentación dos mesmos e degustación.
A actividade serviu para desfrutar dos alimentos saudables cultivados no noso horto e tamén para observar as propias emocións adquirindo o gusto por sabores novos.
Os alumnos/a de 6º de primaria, en Plástica, empezamos a facer unha cidade de papel, que logo, en Sociais , convertimos nunca cidade ecolóxica. Cada alumno/a da clase fabricou algún edificio, decoración e outras cousas varias para a cidade, todas elas ecolóxicas. Entre esas cousas ecolóxicas están: hortas ecolóxicas , plantas de reciclaxe, encoros, puntos verdes… Finalmente, a cidade quedou moi bonita chea de vexetación e con moi pouca contaminación.
Empezamos a ver resultados! Mirade que ravos tan estupendos e que brocoli máis fermoso!
Para a semana faremos a degustación da nosa colleita. Xa vos contaremos. Non vos mete cobiza?
Hoxe, o alumnado de 1º de primaria visitou a biblioteca. Previamente recibiron unha invitación personalizada....
Os seus compañeiros de 3º de ESO foron os encargados de elaborar o mural onde, unha vez realizada a visita, os pequenos expresarían as súas emocións ao respecto da mesma.
A experiencia foi moi positiva xa que aprenderon a realizar procuras de libros e as normas da nosa biblio.
Esperamos que, a partires de agora, utilicen moito o servizo da biblioteca e desfruten da grande variedade de títulos que nela temos!!
Aquí tedes unha escolma das actividades realizadas polo alumnado de 5º. Fermosas e moi didácticas. Esperamos que vos gusten.
Festexando o día Internacional Das Apertas e a Candeloria
"Lévote no meu peito aínda co metro e medio". Chapas para a xente que botamos de menos abrazar
Recital de aula cos poemas propios do alumnado inspirados nos "Soños da Gaiola" de Manuel María
Coidando do noso anaquiño de horta
Observando células vexetais ao microscopio
Ao longo desta semana continuamos cos labores de limpeza e mantemento dos nosos hortos. Imos saíndo por grupos, aproveitando o bo tempo, para arrancar malas herbas, remover a terra e comprobar os efectos do frío e das xiadas.
Mirade o traballo que temos por diante...
E que ben locen as plantas e agradecen os coidados que lles prestamos:
Agardaremos a que mellore o tempo e veña o caloriño para que medren.
Pese ao frío, saímos ao horto a realizar labores de mantemento. Arrancamos malas herbas e removemos un pouquiño a terra.
Iso si, ben abrigadiños e gozando do sol que nos acompaña estes días.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |