Os nenos e nenas de Educación Primaria celebramos esta semana no colexio "A semana da Auga" debido a que este venres 22 se celebra o Día mundial da auga.
Por iso, a longo destes días achegámonos ao laboratorio, experimentamos coa auga e aprendemos un montón de cousas.
Aquí tedes as nosas experiencias:
- Provocamos un remuíño "caseiro".
- Auga doce vs auga salgada: onde flota un ovo? ... a que se debe?
- Pasaxeiros ao barco!!! : conseguiremos que o noso barco flote? .. e con "pasaxeiros"?
- Unha copa sen fondo: Cantos clips se poden meter nunha copa chea de auga sen que bote por fóra?
- A pataca Tata: flotamos unha pataca con corchos. Pero... porque flota o corcho?
- O globo "máxico": queimarase un globo que ten auga dentro si lle aplicamos calor?
- A formación dun arco da vella.
- Por arte de maxia: un vaso con auga, unha carta e unha moeda. Aguantará a carta enriba do vaso ca moneda?
- Eres quen de collela sen mollarte?: unha vela, un vaso, un plato cheo de auga e unha moeda no seu interior. Como podemos coller a moeda sen mollar as mans?
Pasámolo xenial!!!
A continuación podedes ver algunha foto das experiencias: