ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA
Este ano decidimos ir de excursión de final de curso de 4º da ESO a Praga. Nada máis chegar, colleunos un bus no aeroporto de Praga e levounos ao hotel para deixar as maletas en cada habitación. Nada máis acabar xa nos botamos a andar para o centro, visitámolo e comemos algo por alí xa que estábamos mortos de fame, despois directos ao hotel a descansar.
O segundo día xa con máis enerxía volvemos a ir ao centro a visitar as zonas máis culturais de alí coma a torre do reloxo, e algunha que outra igrexa moi bonita, como non, tamén visitamos moitos museos pateamos moito, xa que pensábamos que ó día seguinte ía chover e queríamos ver todo o posible no sábado. Cando xa estábamos cansos e fartos de suplicarlle a Ana e a Xoán poder parar de andar deixáronnos libres un rato para descansar e cear antes de ir para o hotel.
O terceiro día, un pouco cansos xa de andar, botámonos a andar pero por sorte non andamos tanto por que a maioría dos museos e monumentos xa os víramos o día anterior, entón foi máis relaxado pero aínda así non paramos de andar. Collemos un barco e fomos polo río vendo os monumentos con un guía que nos narraba cousas moi interesantes, despois fomos visitar o muro de John Lennon, que estaba moi bonito e deixamos unha pequena marca nosa alí, como xa viramos todo o do centro estivemos moito tempo libre co cal fomos tomar algo e despois cear. Mentras esperábamos a Ana e a Xoán encontrámonos un mimo moi gracioso e pasámolo moi ben con el, despois xa nos marchamos para o hotel, e no metro encontrámonos a un home que tiña un can que se enamorou de Alejandro e non paraba de xogar e acariñalo.
O cuarto día, collemos un bus de 1 hora para ir ver un campo de concentración con unha guía moi simpática e graciosa, que nos contou todo moi ben e como vivían os presos alí, o cal era unha locura e moi agobiante e infrahumano. Cando a nosa guía marchou e como tiñamos pouco tempo xa que tiñamos que coller outro bus, fomos correndo para ver o crematorio e a sala de autopsia, nese punto, xa estábamos todos moi cansos e as nosas pernas xa non respondían. Cando por fin estivemos de volta no centro, fomos dar un paseo tranquilos, a comprar recordos e finalmente a cear, e despois mentres esperábamos a Ana e a Xoán encontrámonos co xa coñecido mimo, reímonos moito por que se acordou de nós e foi moi gracioso.
O último día Ana deixounos baixar máis tarde a almorzar, o seguinte paso foi recoller as habitacións e esperar polo bus que nos ía levar para o aeroporto, despois de que o voo saíra con unha hora de retraso, collemos o avión e fomos para Madrid, e como chegou con retraso, perdemos o avión que tiñamos, e tivemos que vir en outro avión das 22:15 que tamén se retrasou, collémolo finalmente ás 23:00, cando chegamos a Coruña collemos o bus e viñémonos para o colexio chegando ás 2:00 .
Queremos agradecer a Ana e Xoán por vir connosco nesta viaxe.
Nestas ligazóns podedes ver todas as fotos da viaxe.
https://drive.google.com/file/d/1BMsAYBTcH8jwh7WgKPHuTpVU7WR9w7GE/view?usp=sharing