FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.


 
Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html
 
Con respecto ao fondo solidario, en todos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO manteranse os libros de texto do curso 2023/2024.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois dese día será excluída.
 
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00

 

Powered by Drupal - Design by artinet