Conversa interxeracional

                                                                                                                                                                       

O mércores 6 de marzo o alumnado de 3º de ESO recibiu a un grupo de usuarias do Centro de Día de Dodro que, despois de presentarse, faláronnos dos seus oficios de solteiras e dos obrigados oficios de casadas, reflexionamos sobre as liberdades de antes e as actuais. Logo, a rapazada de 1º de Primaria contounos que queremos ser de maiores explicamos en que consisten algúns oficios modernos como youtubers ou influencers. Ademáis agasallámolas con debuxos sobre as profesións elexidas por cada un. Co alumnado de 4º de Primaria o nobelo pasou de man en man acompañando as historias de cada crianza e muller. Falamos sobre soños de futuro, tamén de vocacións que atoparon o camiño certo alén de desvelarnos aqueloutras que foron silenciadas. Dalgún xeito, tecemos a conexión existente entre as loitas que encetaron as avoas e un contexto de maiores oportunidades. Demos as grazas e recollemos o legado para seguirmos tecendo un futuro con máis igualdade.

Aquí tedes un enlace ás fotos e ao vídeo 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet