A campaña retomouse este curso e foi elaborada polo alumnado de 4º de ESO ao fío do proxecto de centro que tivo como temática a conexión entre xeracións e levou por título " Interxeramos".
A idea do alumnado foi facerla cos usuarios do centro de Día de Dodro tentando sesibilizar na necesidade de que os maiores poidan ter animais de compañía neste e noutros centros e residencias.
A presenza e contacto co rapaces e rapazas serve como terapia pero tamén os animais poden ser altamente terapéuticos.
Mil grazas ao persoal do Centro de Día, aos usuarios participantes e aos que non participaron nos carteis pero tiveron a paciencia e a ambilidade de atendernos, ao alumnado de 4º de ESO e, como non!, a Sopa, Gilda Balú, Odi, Luna e Pepe, canciños e cadeliñas que se prestaron como modelos.