Este mes de maio o alumnado de 4° da ESO viaxaron a Italia dentro do programa Erasmus+.
Aquí tedes todas as fotos e vídeos da viaxe.
Este foi o resumo da viaxe:
Día 1: (24/4) Este día aínda tivemos que vir a clase, e como non, de despedida un exame de Lamas, tamén infinitas horas de bus e de avión ata chegar a Italia. Moitos de nós durmindo no bus, outros barullando…. Chegamos moi cansos xa que chegáramos a Bolonia case as 3 da mañá.
Dia 2: O día 25, madrugamos sobre as 7:30 para ir despertando, almorzamos forte para ter suficiente enerxía no corpo, e fomos visitar Bolonia, ao chegar alí poidemos escoitar a canción do Bella Ciao en directo xunto a un acto sobre a Liberación. Logo, visitamos a Catedral de San Pedro, e fumos de tendas.Case á noite, fomos cear unhas pizzas e regresamos ao hotel.
Día 3: o día 26 pola mañá fomos por fin ao Instituto Leonardo Da Vinci de Iessi, estabamos un pouco nerviosos xa que non coñecíamos a ninguén. Algúns de nós tivemos que expoñer os nosos traballos que fixéramos por grupos, os que non, interactuaban connosco contándonnos un pouquiño como traballaban alí e nos aquí, quedamos abraiados cando nos dixeron que tiñan clase os sábados tamén, a verdade, que diferenza!
Pola tarde fomos a Ancona, un sitio fermosisímo, visitamos a praia e algúns de nós (os máis valentes) bañáronse! Logo déronnos tempo libre e como non, fomos de tendas e sobre todo o máis importante ir mercar un xeado, mmmm riquísimo!
Día 4:O día 27, como non, tamén madrugamos para ir ao instituto de Iessi. Xa nos íamos coñecendo algo e interactuabamos con eles. Seguimos coas presentacións en inglés, e tamén nos acollían nas súas clases de ciencias, latín, español, arte…Para ir coñecendo os seus costumes nas clases.O que máis nos sorprendeu de eles , foi o seu nivel en inglés, e sobre todo, en español. Que nivelazo!!
Despois de comer de bocadillos, para ter máis tempo libre, dirixímonos ao hotel para poñernos en traxe de baño e ir a praia de Senigallia.Fumos no onibus, e hai que dicir que o conductor foi o máis simpático que viramos xamais. Ao chegar alí, a verdade é que o tempo non nos acompañou moito, pero ainda así, hubo quen se bañou! Mentres que outros fomos tomar uns gelattos.Que ben sabían!
Día 28: O día 28 os nosos compañeiros de Iessi leváronnos de ruta pola cidade, para así coñecela un pouquiño máis. Explicáronnos os sitios máis importantes, todos moi chulos! Eles sobre as doce tiveron que regresar á clase, nós visitamos un pouquiño máis a zona antiga. Comemos rápido para pola tarde coller rumbo á Florencia, dúas horas no bus, pffff, que agotamento. Cando chegamos deixamos as maletas e fomos dar a primeira visita á Piazza Santa Maria Novella da que tanto nos falara Lamas tamén fomos a Piazza Santa Maria del Fiore, sacamos as nosas fotiños e déronnos tempo libre para descansar e poder comer algo. Xa cansos de volta collemos o tranvía para ir a cear e ao día seguinte volver a madrugar.
Día 29:O dia 29 dirixímonos andando ao centro de Florencia, os nosos pés non podían máis, pero Ana recordounos que hai que facer deporte. Ao chegar alí, puxémonos en coro na catedral de Santa María del Fiore e cantamos a canción de Azzurro, a que tanto nos poñía Lamas nos exámenes, nunca nos olvidaremos diso. Logo de comprar recordos para as nosas familias e amigos que había polo arredor da catedral, fumos visitar o Palazzo Vecchio, e de seguido, o museo de Leonardo da Vinci. Alí poidemos ver e usar as máquinas e mecanismos que deseñaba da Vinci, e crear pequenas cúpulas como pasatempos.
Despois tivemos un pequeno tempo libre para ir de compras, e visitar sitios pola nosa conta, ata regresar ao hotel e facer as maletas para o día seguinte aproveitar ben o día que nos quedaba.
Día 30: O día 30 foi o noso último día en Italia. Levantámonos tristes porque xa nos íamos, almorzamos forte e fomos dar a última visita ao centro de Florencia, tamén fomos ao Ponte Vecchio, unha ponte que antigamente vivían nela. Nós cruzámola vendo as preciosas vistas ao río Arno. Xa nos apretaba a fame entón fomos comer porque ás dúas e media tíñamos que coller o bus cara ó areoporto. Chegamos a Madrid sobre as nove e dez, apurados collemos o voo para Coruña. Ás once e vinte chegamos por fin ás terras galegas, collemos o bus para que nos trouxera a Dodro. E POR FIN CHEGAMOOSSSS!!
Queremos agradecer a Candela e a Ana por vir connosco nesta viaxe e aturarnos sen acabar colgadas na ponte Vecchio, tamén por ensinarnos sitios moi guais, e o máis importante, ANA RECORDA O NOSO DIXESTIVO!!!!