O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas do mundo. Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros.
Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!
Verémonos de novo en setembro.
Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos da actividade.