Conmemoramos o 8M coa realización dun pequeno mural no corredor das aulas de secundaria.
Foi obra do alumnado de 3º de ESO voluntario de biblioteca.O resto do alumnado colaborará escribindo consignas nas pancartas en branco.
Con este traballo tentamos reivindicar o rol da muller na sociedade, á espera de que esta sexa , cada vez , máis igualitaria.
O alumnado de 6º fixo ademais un traballo sobre a muller na historia que mostra unha liña de tempo con diferentes figuras femininas de renome:
O alumnado de 5º elaborou unha exposición na que se recolle a historia das profesións das mulleres do seu entorno familiar e veciñal:
Tamén se organizou un concurso de microrrelatos co alumnado de ESO relacionado con esta conmemoración. A información sobre o concurso son as seguintes e poden ser tamén consultadas no Faceboook de " O Noso Eusebio" ( https://www.facebook.com/100016566017465/posts/868128847082641/ )