No enlace poden acceder aos criterios e ao procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.
Está destinado a todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, e neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude., e tamén a O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− que poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.