A partires do día 5 de novembro reiniciamos as actividades dos Patios Dinámicos iniciados o curso pasado e adaptados o presente curso á situación epidemiolóxica actual.
Continúa a colaborar con nós a Asociación AMICOS aportando xogos variados e adaptados, repartidos por diferentes zonas do patio e publicados con anticipación no PANEL DOS PATIOS. Estes xogos invitan a xogar e desfrutar de xeito colaborativo, cooperativo e integrador.