PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión para alumnado que se incorpora procedente decentros de fóra do concello de Dodro desde o 11 ao 18 do mes de maio. O alumnado do centro e o alumnado do CRA de Dodro xa ten a praza asignada neste centro polo que terá que formalizar a matrícula cando se abra o prazo. Estarán puntualmente informados de todos os trámites, da súa xestión e dos prazos.

No caso de teren que formalizar os documentos de admisón de alumnado novo, pregamos soliciten cita previa chamando ao 881867041. Deste xeito tentaremos que a formalización da solicitude sexa feita de xeito telemático, na medida do posible. En caso de que non poidera ser feito deste xeito e tivera que ser presencial, chamen ao teléfono facilitado para concretar un día e unha hora para a entrega dos documentos no centro no que deberán presentarse coas debidas medidas de protección ( guantes e máscaras) e traer o seu propio bolígrafo para evitar manipular obxectos alleos.

Lembren que para o resto de trámites e/ou dúbidas, mentres se manteña a prórroga do estado de alarma, poden chamar ao 881867041 ou tramitalas a través do correo cpidodro@cpidodro.net.

 

Estarán puntualmente informados de todos os trámites e da súa xestión e dos prazos futuros como matrículas e solicitude de préstamo de libros a través desta páxina web e, no caso do alumnado xa pertencente ao centro, da aplicación TokApp.

 

Grazas, un saúdo e ánimo.

Powered by Drupal - Design by artinet