A Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro organiza, xunto cos outros concellos que forman parte do proxecto As Pegadas de Rosalía e que integran a Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Padrón e Santiago), unha andaina para o vindeiro 8 de marzo.
Esta actividade recibe o nome de Andaina "Rosalías da Vida" e sairá das Torres de Hermida (Lestrobe) para rematar na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. A participación na mesma é gratuíta e inclúe servizo de autocar para o regreso ata o punto de orixe, compre realizar inscrición previa pois as prazas son limitadas.