COIDADOS QUE PRECISA O NOSO ANIMAL DE COMPAÑÍA

Cada día é máis habitual que os nenos/as pidan un can ou un gato como agasallo de Nadal ou de aniversario, sen pensar en todas as necesidades que vai ter ese novo membro da familia. En non poucas ocasións, as familias vense sobrepasadas polas atencións que lle teñen que dispensar, sen entrar xa a falar do gasto económico que supón: veterinario, menciñas, comida, etc. Moitas veces, a historia remata en animais abandonados que, no mellor dos casos son adoptados por unha nova familia.

Co obxectivo de concienciar ao alumnado de Primaria sobre todo o que un animal de compañía pode precisar cando pasa a formar parte da nosa familia, os alumnos/as de 6º de Educación Primaria, dentro da área de Linguas Estranxeiras, prepararon unha presentación bilingüe (inglés/galego)  sobre aspectos a ter en conta á hora de adoptar un animal.

Foi unha experiencia proveitosa tanto a nivel lingüístico –xa que se trataba dunha exposición oral sobre textos extraídos da Internet, analizados e resumidos- como a nivel traballo en valores.

Powered by Drupal - Design by artinet