NOVA EXPOSICIÓN

Unha nova exposición luce no corredor das aulas de secundaria. Relacionada co tema da discriminación das razas de cans consideradas perigosas e tratando de desmontar mitos. Tras a exposición houbo sesión de debate co alumnado dos cursos superiores ao respecto do tema.

Preocúpanos a alarma que se crea arredor destas razas cando, a través das nosas campañas, o que tratamos de fomentar é a educación canina para tratar a falta de socialización que pode levar a causar problemas de agresividade e de convivencia con outros cans e incluso cos seres humanos e, como consecuencia final, o abandono ou sacrificio destes animais por descoñecemento dos donos.

A nosa campaña deste curso, " APRENDE A COÑECELO PARA NON ABANDONALO" trata de concienciar sobre a necesidade de coñecer o comportamento, conduta e  resposta dos nosos animais de compañía ante diferentes situacións para evitar os problemas que a miúdo xurden e que leva, en moitos casos, ao abandono.


Powered by Drupal - Design by artinet