Skip to Content

Contratos-Programa , Plan Proxecta . Etnografía e Medio Ambiente en Lugo , Voz Natura , O deporte na escola, Leite e froitas, Curso 2017-2018

Ponlle as pilas ao teu bocata , 2º curso

Desenvolveuse en 2º curso a actividade da Consellería do Mar  "Ponlle as pilas ao teu bocata" . Oa cativ@s pasárono moi ben e aprenderon moito.

Almorzos saudables ao sol,2º curso

Os nenos e nenas de 2º, ao ver que o Sol facía a súa aparición,pensaron que sería unha boa idea baixar ao patio para tomar estes petiscos tan saudables ao aire libre.Así que colleron as súas viseiras e aló que foron a pasar un bo rato mentres se alimentaban ben.Foron ben list@s!

Construímos un castelo,6º curso de Ensino Infantil

Este traballo forma parte  do Plan Proxecta do Centro.  Tamén lle poderiamos terlle posto de título "Proxecto Pambre", xa veredes !

Empezamos con algo de matemáticas, en concreto de xeometría (eso foi o que nos comentaraon as profes!): uns círculos, uns triángulos... parecía divertido e non se nos daba mal !

                   

E todo con material de refugallo que tiñamos na aula ou trouxemos das casas, porque gostamos da reciclaxe e queremos dar exemplo xa desde cativ@s .Despois pintamos,pegamos,recortamos...

                      

Devagar fomos quen de levantar un castelo ... que pouco nos

imaxinabamos que habíamos visitar un nuns días!

                 

Tamén o pasamos moi ben decorando as portas de entrada das nosas aulas, e que ben quedaron: parecían auténticas entradas de fortalezas dignas de reis e raíñas !

                       

 Foi tan emocionante participar, que nos daba pena rematar este traballo... mais cando fixemos a saída a Pambre para visitar o seu castelo, o sorriso volveu a nós !

 

     

Exposición Día das Letras Galegas : aparellos de oficios tradicionais galegos.

Como actividade do Día das Letras Galegas, fixose unha exposición co material aportado polo profesorado e por familias do Centro de aparellos de oficios tradicionais galegos.
Pódese ver a exposición nesta pequena revista:
 


 
 
Moitas gracias a todos por participar!

A Ribeira Sacra

Comezamos cos ORIXES da Ribeira Sacra por 2ºB:

 

Seguido do traballo de FESTAS:

  • O mural do Entroio Ribeirao feito por 4ºB:

 

E continuamos coas LENDAS feito en colaboración 5ºA e 5ºB: 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita de 6º primaria ao Castro de Viladonga

Os alumnos de 6º de primaria visitaron o Castro de Viladonga:

 O primeiro en coñecer foi o MUSEO ARQUEOLÓXICO:

 Onde comezamos cun video explicativo do Castro:

 E despois unha competición de descubrimentos arqueolóxicos:

 

A continuación fixemos unha visita ao Castro, onde nos informaron dunha breve historia do descubrimento recente do Castro de Viladonga,  onde a excavación comezou no ano 1971, cando un agricultor atopou un "torque":

 

 

 

Tivemos a oportunidade de pasear pola muralla, que era defensiva e de protección cunha altura duns 5 metros de alto pola cara interior...

E de 12 metros na parte exterior...

Recentemente, próximo a muralla exterior, descubriuse espazos onde albergaban os animais máis grandes.

Tamén nos contaron que se descubriron xa 70.000 pedazos de cerámica:

Como cociñaban antigamente

E tivemos o privilexio de ver uns  líquenes fluorescentes que son unha especie en perigo de extinción:


 

Pasámolo moi ben!

Venres Lúdicos 6º B

Temos un alumnado que nos sorprende continuamente ... e para ben!

Tentamos buscar actividades nas que eles e elas se sintan

identificad@s ou polo menos aquelas que lles esperte un aspecto da

súa personalidade que estea aínda por descubrir...e credes que o

conseguimos desta volta? Ollade estas caras e daredes coa reposta !

                                                    Construímos motos

                                        ...  e tamén coches

 

 

Almorzos Saudables,1º e 2º E.P.

Seguimos cos Almorzos Saudables,un programa que non dá máis que satisfaccións tanto aos ne@s como ás familias.Mirade a cantidade, e sobre todo a variedade ,de alimentos para o almorzo :

 

Observade o ben que utilizan os cubertos e como esperan quenda para poder repetir...se na escola o fan,na casa o repetirán,e viceversa !

Cremos,porque nolo contaron,que gostan desta experiencia e de ter un tempo para estar cos compañeir@s disfrutando dun almorzo saudable ... aínda que sexa en menos ocasións que el@s quixeran !

                                 Bo proveito !

 

Ao día seguinte (venres 8 de xuño) os alumnos e alumnas de 2º E.P. tamén disfrutamos do programa "Almorzos Saudables!

                                        Atentos ás indicacións do chef

 

                                              O chef foi moi divertido.....

 

                             O irmán do chef (o médico) falounos do importante que é o almorzo.

 

Preparándonos para o almorzo saudable no cole

 

.

Almorzo saudable xa!

 

Comimos pan con aceite, tomate, mel, xamón, leite con cacao, froita........

 

Todo estaba riquísimo!!!!!!

Xogos romanos en 2º Primaria

No noso centro temos a oportunidade de aprender a xogar aos xogos romanos, e encántanos!

 

Saída ás Insuas de Rábade,1º curso

Se pensades que tivemos mala sorte porque nos choveu na saída que fixemos en maio,tedes razón.Pero non sabedes o ben que o pasamos e canto aprendimos !

Logo dun pequeno paseo  a pé,chegamos onde nos agardaba un monitor moi simpático que nos ía amosando a fauna e a flora destas Ínsuas de Rábade

Cando chegou o momento de voltar,pasamos de novo pola ponte e nos diriximos a facer unha última actividade,esta vez no interior da Casa das Insuas


Foi unha mañá estupenda malia a chuvia ! Esperamos repetilo con sol dentro dun tempiño !

Sarria

O mural resume de SARRIA:

Os alumnos de 3ºA coñececeron e estudiaron unha das lendas mais coñecidas da comarca de Sarria: O Castelo dos Setes Infantes". Tamén averiguamos datos sobre unha das festas mais importantes de Galicia e que teñen fonda pegada na comarca de Sarria: O San Xoán (falamos dos rituais, saltos do lume, herbas de San Xoan...)

 

 

 

 FEIRAS visto polos alumnos de 1ºA:

 

2º de E.P. visita San Paio de Narla

O día 23 de maio do ano 2018 os alumnos/as de 2º de Educación Primaria acompañados das súas respectivas titoras e a profesora de Música viaxamos á Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) Lugo.

 

 

 

 Chegamos á Fortaleza con moita ilusión.

 

Xa dentro explicáronnos o que era a Fortaleza

 

Seguimos observando.....

Vimos a raiña da Fortaleza e falamos con ela....

 

                                       Fixemos rosquillas 

 

                      No máis alto da torre cantamos e vimos a paisaxe que rodea á Fortaleza

 

           Ao baixar da torre atopamos un tesouro!!!!! As nosas rosquillas......mummmm

 

                                       O rei agasallounos coas rosquillas!!!!! Que ricas!!!!

E ademáis doutras sorpresas esta visita chegou ao seu fin.....que ben o pasamos!!!!!

 

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Visitamos o Castelo de Pambre

O día 22 de maio de 2018 o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil gozamos dunha saída escolar ao Castelo de Pambre, collemos o autobús e aló nos fomos, ao municipio de Palas de Rei. 

 

 

Cando por fin chegamos, mentres as profes collían as entradas, os nenos sentáronse un pouquiño porque tivemos que dar un paseíño que mereceu a pena...que castelo TAAAN grande!  

 

 

 

 

 

Chegou o momento, imos ver como é o castelo por dentro...

Voltamos para a entrada porque escoitamos un ruído extraño... e decidimos facer un feitizo! 

 

TACHÁN, TACHÁN! 

Apareceu un cabaleiro!  

O cabaleiro explicounos cal era o seu traballo, as vestimentas típicas da época e deixounos coller a súa espada...e vaia como pesaba! 

 

Visitamos todos os recunchiños que puidemos...

 

E chegou a hora de irnos... pero antes o cabaleiro deunos un agasallo! 

 

Démoslle as grazas e despedímonos del, deica a próxima! 

 

 

 

Tráfico 4ºA

05/06/2018 09:00
05/06/2018 13:00

Actividade de tráfico 4ºA

Contenido sindicado


by Dr. Radut