Skip to Content

Contratos-Programa , Plan Proxecta . Etnografía e Medio Ambiente en Lugo , Voz Natura , O deporte na escola, Leite e froitas, Curso 2017-2018

Venres Lúdicos 6º B

Empezamos o ano 2018 xogando con algúns dos agasallos que nos deixou o Apalpador,entre eles varios xogos de mesa.Unha xornada tranquila...

 

Plan Proxecta : Lácteos na escola

 

 Esperando concienciar da importancia dunha alimentación sa e variada,a partir da vindeira semana comezará o reparto de leite en envases pequenos nos recreos .Confiamos na participación de todo o alumnado ,xa que tamén se distribuirá leite sen lactosa para quen teña intolerancia á mesma.

 

MOVING FUTSAL EN PARADAI

Ou o que é o mesmo : a oportunidade de que o noso alumnado asista a esta actividade onde practicarán deporte e mellorarán o seu inglés da man de Pablo nas extraescolares.Xa tivemos unha pequena demostración e gustounos!  

 

 

 

 

 

 

NA LUDOTECA

 Mentres fóra cae a choiva tan necesaria... 

                                          Nós xogamos ...

                                   Na Ludoteca  

        

A ULLOA

Comezamos o noso plan Proxecta "Abrimos as portas ao noso" no mes de NOVEMBRO centrándonos na comarca da Ulloa, situada na zona central de Lugo.

Os alumnos dos diferentes cursos de todo o colexio traballaron en equipo investigando sobre dita comarca.

O resultado resúmese no seguinte mural:

 

 

Os nenos de 5ºA traballaron Feira de Santos:

 

 

 

No referente ás orixes, os alumnos de 3ºA, chegaron á seguinte conclusión:

 

Orixes da Ulloa

 

No apartado de Lendas e refráns, os alumnos de 2ºB, atoparon o seguinte:

 

 

 

Oficios e Tradicións: APICULTURA

No referente ao Plan Proxecta "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO" serán os nenos de EDUCACIÓN INFANTIL os que traballarán os OFICIOS E TRADICIÓNS.

Comezamos co oficio da APICULTURA. 

Os cursos de 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 anos A e B), plasmaron nun mural o aprendido sobre o ciclo produtivo do mel: Dende a súa recolleita ata o envasado.

 

Pódese ver as dúas clases xuntas amosando o seu traballo:

 

Tamén estudaron as diferentes propiedades da árnica como herba medicinal e as súas aplicacións.

Todo o explicado quedou reflectido no seguinte traballo seguindo estes pasos:

- Primeiro imprimimos un debuxo da planta e lle poñemos cor.

- Practicamos a lectoescritura: 

 

- Despois recortamos o texto e o poñemos bonito sobre unhas cartolinas:

E  traballan en equipo:

- E por último rematamos a composición cos últimos toques

 

 

RECREOS DINÁMICOS

 

O noso tempo de lecer transcorre case sempre no exterior pero contamos con alternativas para todos os gustos se permanecemos no interior.Velaquí van algúns exemplos...

TIRO CON ARCO

 Un curso máis contamos con Villamiel para a actividade de tiro

con arco,modalidade con moito futuro en Lugo.Mirade que xeito

teñen @s maiores do Centro!

 

ATLETISMO

Seguimos achegando o deporte á escola , esta vez da  man do

atletismo.O noso alumnado aproveitou as sesións cos monitores e

quedaron encantad@s!

 

PLAN PROXECTA curso 2017/2018

PLAN PROXECTA

Durante o curso 2017/2018, no noso centro CEIP PARADAI, participaremos no Plan Proxecta Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, baseándonos no Proxecto didáctico Antonio Fraguas.

 

¿ Qué é Plan Proxecta?

É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos Centros.

O Proxecto didáctico Antonio Fraguas, desenrólase no ámbito de normalización lingüística e patrimonio, e a súa definición, é fomentar a investigación sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro CEIP PARADAI.

Ditos traballos están orientados á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

O programa desenvolverase ao longo de todo o curso e estarán implicados todos os alumnos e alumnas dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria.

O material é realizado integramente polos rapaces e rapazas, a través de proxectos de investigación.

Con base a todo isto, nace a idea de chamar ao noso proxecto "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO", donde os alumnos investigan toda a provincia de Lugo ó longo do curso

Empezaremos dicindo que este proxecto abrangue moitas áreas do currículo: Sociais (situación xeográfica das bisbarras correspondentes e a súa historia), Plástica, Lingua (expresión fundamentalmente escrita) mais tamén contribúe a dinamizar e a normalizar a Lingua Galega no eido do ensino urbano así como as TIC.

Unha vez organizado o traballo por trimestres e distribuídas en dez áreas delimitadas:

  • ULLOA
  • COUREL/ANCARES
  • TERRA CHÁ
  • FONSAGRADA
  • RIBEIRA SACRA
  • LUGO E CONTORNO
  • MARIÑA
  • LUGO
  • GUITIRIZ
  • SARRIA

 

De cada área, estudiarase os seguintes apartados:

                                            - Feiras.

                                            - Orixes.

                                            - Lendas e refráns.

                                            - Oficios e tradicións.

Debido á dificultade, o alumnado de educación infantil traballou todo o curso OFICIOS E TRADICIÓNS.

 

 
 
Contenido sindicado


by Dr. Radut