Skip to Content

Voz Natura

A CAPILARIDADE DAS PLANTAS

Coa chegada da primavera en infantil fixemos un experimento con caraveis que cambiaron de cor branca a azul.

MARACAS DE VASOS RECICLADOS

Reciclando vasos,dándolles unha segunda oportunides,elaboramos unhas orixinais maracas,unha boa oportunidades para concienciar @s nen@s da importancia de respectar e cuidar o medio ambiente.

 

PLANTACIÓN NO HORTO

Comenzamos a plantación de bulbos e verduras no noso horto.

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Educación Infantil traballando no horto do centro

Neste mes de abril comezamos coas actividades do horto ó aire libre aproveitando a chegada do bo tempo.

A primeira sementa que fixemos foi de cebolas:

Alumnado de 1ºA plantando legumes.

O alumnado de 1ºA pasou un ratiño moi divetido,aprendendo e plantando garavanzos, fabas e lentellas... Unha actividade que lles encantou!!

 

 

 

 

 

 

Coñecendo as sementes. O xirasol

O primeiro contacto dos alumnos/as de 6º de Educación Infantil co "Horto Escolar" foi a sementa da planta do Xirasol.

O horto escolar é fonte inestimable de recursos, permitindo abordar unha serie de contidos encamiñados ao desenvolvemento das capacidades dos nenos.

Trátase dunha experiencia que axuda a desenvolver a socialización e o traballo en equipo organizado e  secuenciado, favorecendo a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos conseguidos.


Ademais, xera situacións que posibilitan o traballo da 
lateralidade, a orientación espazo-temporal,  motricidade fina, exploración cos sentidos, desenvolvemento de estratexias de investigación, observación de ser vivos e, interrelación de conceptos de diversas  árelas.

O horto é un marco idóneo para traballar as liñas transversais, especialmente a educación ambiental, con temas como o consumo, a alimentación ou a saúde, unindo a cultura escolar-científica e a vida cotiá; a través desta experiencia facilítanse aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social dos nenos dentro e fóra do marco educativo.

Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de tocar a terra, e facer a súa propia sementeira.

Traballamos por equipos, e mentres esperaban os demais alumnos, a súa quenda, coñecían a planta do xirasol, pintando un debuxo:

 

O final da actividade, os nenos/as levaron a súa plantiña para casa.

VII Semana Escolar da Árbore e a Auga

O salgueiro é o protagonista na VII Semana Escolar da Árbore e a Auga organizada pola Deputación de Lugo este curso, e onte o 22 de marzo celebrómolo no centro plantando no noso xardin un salgueiro.

CONSUMO DE FROITA NA HORA DO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que o noso centro está inscrito na Campaña de consumo de froita na edade infantil, entre os días 15 e o 28 de febreiro repartirase a todo o alumnado unha froita (unha diferente cada día) para tomar no tempo de lecer. Pedímoslles que o teñan en conta ao enviarlles a comida da media mañá.

EMPEZA O HORTO ESCOLAR

 

O venres nove de febreiro comezará o programa Horto Escolar 2018

 

Un terrario en 2ºB

                 Trouxemos ao Centro un terrario que fixo unha viaxe por

                 case todas as aulas,eso si ,paseniño porque estaba cheo

                 de ...caracois !

  Podedes imaxinar a expectación que levantou:tod@s querían

    velos ,observar a súa vida no terrario e facer moitas preguntas

 A clase de 2ºB gravou un vídeo no que se aprecia a curiosi

dade propia dos nen@ pequen@s .Mirade no Adxunto e   

    disfrutade coma el@s !                                                       

E non vos perdades como viron a experiencia vivida aquí:

 

 

 
Contenido sindicado


by Dr. Radut