Skip to Content

Leite e froitas

LEITE E FROITAS

Qué ganas temos de que veñan as froitas para papalas todiñas. Mentras esperamos, os nenos de 5 anos fixemos os manteis individuais que necesitamos para non manchar as mesas. A ver se outros cativos se animan a facer os seus. Mirade que eses pasteis tan ricos só son para decorar esa foto. Nós sabemos comer sá.

Almorzos Saudables,1º e 2º E.P.

Seguimos cos Almorzos Saudables,un programa que non dá máis que satisfaccións tanto aos ne@s como ás familias.Mirade a cantidade, e sobre todo a variedade ,de alimentos para o almorzo :

 

Observade o ben que utilizan os cubertos e como esperan quenda para poder repetir...se na escola o fan,na casa o repetirán,e viceversa !

Cremos,porque nolo contaron,que gostan desta experiencia e de ter un tempo para estar cos compañeir@s disfrutando dun almorzo saudable ... aínda que sexa en menos ocasións que el@s quixeran !

                                 Bo proveito !

 

Ao día seguinte (venres 8 de xuño) os alumnos e alumnas de 2º E.P. tamén disfrutamos do programa "Almorzos Saudables!

                                        Atentos ás indicacións do chef

 

                                              O chef foi moi divertido.....

 

                             O irmán do chef (o médico) falounos do importante que é o almorzo.

 

Preparándonos para o almorzo saudable no cole

 

.

Almorzo saudable xa!

 

Comimos pan con aceite, tomate, mel, xamón, leite con cacao, froita........

 

Todo estaba riquísimo!!!!!!

Aliméntate ben,mural de 1º A

Familias:saberedes que xa rematou o reparto de froitas no recereo, pero 1º A quixo aportar algo máis a este Plan Proxecta e ocorréuselles aproveitar o corredor para este fermoso mural do que tanto gostamos!

Procurade que a froita sexa de tempada sempre que poidades !

Froita no recreo de Infantil

Esta primeira semana de reparto de froita no cole foi todo un éxito ! E debedes saber que non só estamos conseguindo que se alimenten dun xeito máis saudable,senón que tamén facemos fincapé na sicomotricidade fina ou hábitos de hixiene ao ter que pelar estas mandarinas...coa axuda das profes,claro!

Mirade este grupo de nenos e nenas de 3 anos,totalmente autónom@s,concentrándose en facelo o mellor posible ! De seguro que algún adult@ quedará abraiad@ ao ver como o fill@ come no seu mantel individual con total normalidade !  Un traballo na escola que se complementa na casa con naturalidade,e todos content@s !

Plan Proxecta,froitas na escola

Unha vez rematado o reparto de leite no recreo,comeza  o de froitas: naranxas e mandarinas, peras ,plátanos,mazás...serán repartidas a todo o alumnado seguindo o Plan Proxecta deste curso 2017-18.Con tal motivo,aconsellarase ás familias que abandonen durante este período o hábito da merenda matutina que adoitaban traer da casa.

                                            Do 15 ao 28 de febreiro

 

PROGRAMA de LÁCTEOS EN 4º A

Outro curso que se apunta a compartir as súas experiencias! A rapazada de 4º B nos envía estas fotos no momento antes de baixar ao recreo,cando toman o seu leite .Ben por el@s !

LÁCTEOS NO CENTRO,5º B

Empezan a chegarnos fotos do noso alumnado disfrutando do leite que se distribúe no tempo de recreo.Este grupo de 5º B tómao moi en serio e ata brindan con el !

Lembrade que este leite @s intolerantes á lactosa tamén o poden beber sen problemas

Plan Proxecta : Lácteos na escola

 

 Esperando concienciar da importancia dunha alimentación sa e variada,a partir da vindeira semana comezará o reparto de leite en envases pequenos nos recreos .Confiamos na participación de todo o alumnado ,xa que tamén se distribuirá leite sen lactosa para quen teña intolerancia á mesma.

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut