Skip to Content

Contratos-Programa , Plan Proxecta . Etnografía e Medio Ambiente en Lugo , Voz Natura , O deporte na escola, Leite e froitas, Curso 2017-2018

Plan Proxecta,froitas na escola

Unha vez rematado o reparto de leite no recreo,comeza  o de froitas: naranxas e mandarinas, peras ,plátanos,mazás...serán repartidas a todo o alumnado seguindo o Plan Proxecta deste curso 2017-18.Con tal motivo,aconsellarase ás familias que abandonen durante este período o hábito da merenda matutina que adoitaban traer da casa.

                                            Do 15 ao 28 de febreiro

 

Venres Lúdicos co Tangram

E despois das vacacións de Entroido ... hai que volver ás aulas! Os nenos e nenas de 2ºB empezaron con moitas ganas co Tangram

 Esta actividade combina, entre outras moitas, a    xeometría ou a psicoloxía sen case decatarse ... e el@s poderían pasar toda a mañá xogando...e aprendendo !

            Por moitos máis Venres Lúdicos coma estes!

 

 

 

 

CONSUMO DE FROITA NA HORA DO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que o noso centro está inscrito na Campaña de consumo de froita na edade infantil, entre os días 15 e o 28 de febreiro repartirase a todo o alumnado unha froita (unha diferente cada día) para tomar no tempo de lecer. Pedímoslles que o teñan en conta ao enviarlles a comida da media mañá.

Entroido en Infantil

Despois de longas  pero moi produtivas sesións de traballo, o resultado cos disfraces de Infantil non podía ser mellor ! Ollade est@s pescadores coa súa cana lista para lanzar:

E que dicir d@s apicultores ,non lles falta detalle ! Xa os veredes no Desfile de Antroido como locen os seu traxes  ao son da música! 

E xa só faltan os máis pequen@s,eses xastres e costureiras que fixeron moito máis colorido o noso Entroido en Paradai ! Grazas a tod@s !

Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración  !

animación

EMPEZA O HORTO ESCOLAR

 

O venres nove de febreiro comezará o programa Horto Escolar 2018

 

Un terrario en 2ºB

                 Trouxemos ao Centro un terrario que fixo unha viaxe por

                 case todas as aulas,eso si ,paseniño porque estaba cheo

                 de ...caracois !

  Podedes imaxinar a expectación que levantou:tod@s querían

    velos ,observar a súa vida no terrario e facer moitas preguntas

 A clase de 2ºB gravou un vídeo no que se aprecia a curiosi

dade propia dos nen@ pequen@s .Mirade no Adxunto e   

    disfrutade coma el@s !                                                       

E non vos perdades como viron a experiencia vivida aquí:

 

 

 

PROGRAMA de LÁCTEOS EN 4º A

Outro curso que se apunta a compartir as súas experiencias! A rapazada de 4º B nos envía estas fotos no momento antes de baixar ao recreo,cando toman o seu leite .Ben por el@s !

NA LUDOTECA

          No que se anunciou como un dos días máis

          fríos, moit@s quedaron a disfrutar das opor

          tunidades que nos ofrece a Ludoteca

Fóra ,tod@s con bufandas e luvas!

2ºA DISFRUTA DUN VENRES LÚDICO

 Estas caras xa o din todo! É venres e en Paradai temos os Venres Lúdicos!

 Collemos os xogos de mesa dos que dispoñemos e nos dispoñemos a pasar un tempo de lecer que nos dará folgos para a vindeira semana,seguro!

 

BALONCESTO

 Unha das propostas das nosas profesoras de E.F. é achegar os deportes ao alumnado do Centro.Nesta ocasión,as xogadoras do equipo de baloncesto Ensino Durán compartiron unhas horas co alumnado de Primaria.Que bo rato pasamos !

 

LÁCTEOS NO CENTRO,5º B

Empezan a chegarnos fotos do noso alumnado disfrutando do leite que se distribúe no tempo de recreo.Este grupo de 5º B tómao moi en serio e ata brindan con el !

Lembrade que este leite @s intolerantes á lactosa tamén o poden beber sen problemas

FESTIVAL DE NADAL. VISITA DO APALPADOR

A Anpa do Centro tróuxonos ao persoeiro galego do Inverno máis querido polos nen@s e maiores. Trátase do Apalpador, que pasou un bo anaco co nós para contar a súa orixe ...

 

 Ademais, veu cargado de agasallos que foi repartindo empezando

polos máis pequen@s de Infantil,1º e 2º :

E por se fora pouco, contounos unha historia na que tod@s participamos con moitos risas e ... boa memoriaMesmo nos amosou os xoguetes que el fixo nas montañas do Courel e algúns instrumentos musicais, todos de madeira

 

                                              Grazas,Apalpador!

                                             Grazas,ANPA!

 

   

     

 

 

                        

 

VENRES LÚDICOS

Chega outro xeito de xogar coas palabras na aula  da man dos pícar@s de 5 anos A e B :

 

Mais tamén hai tempo para o tradicional :

 

 ou o sempre divertido Twister!

 

 

 Botádelle un ollo premendo AQUÍ

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut