Os alumnos de 6º de primaria visitaron o Castro de Viladonga:
O primeiro en coñecer foi o MUSEO ARQUEOLÓXICO:
Onde comezamos cun video explicativo do Castro:
E despois unha competición de descubrimentos arqueolóxicos:
A continuación fixemos unha visita ao Castro, onde nos informaron dunha breve historia do descubrimento recente do Castro de Viladonga, onde a excavación comezou no ano 1971, cando un agricultor atopou un "torque":
Tivemos a oportunidade de pasear pola muralla, que era defensiva e de protección cunha altura duns 5 metros de alto pola cara interior...
E de 12 metros na parte exterior...
Recentemente, próximo a muralla exterior, descubriuse espazos onde albergaban os animais máis grandes.
Tamén nos contaron que se descubriron xa 70.000 pedazos de cerámica:
Como cociñaban antigamente
E tivemos o privilexio de ver uns líquenes fluorescentes que son unha especie en perigo de extinción:
Pasámolo moi ben!