ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

Co gallo dunha mellor organización, funcionamento e atención ao alumnado do centro, precisamos,como cada inicio de curso, levar a cabo unha actualización de datos do alumnado que neste curso será online. Simplemente terán que acceder ao seguinte enlace e ir contestando dende calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou pc) ás preguntas formuladas para cada alumno. Unha vez finalizado o formulario deberán premer en "enviar" para que os datos cubertos sexan recibidos no centro.

É de suma importancia para o centro que contesten á enquisa. O feito de non cubrila eximirá ao centro de todo tipo de responsabilidade en caso dunha incorrecta actuación por falta de información.

Un saúdo.

O Director

 

AVISO PARA ALUMNADO DE LUDOTECA, COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

 

 

 

Estimadas familias, 

Para mellorar o grao de coordinación co servizo de Ludoteca ofertado polo Concello de A Rúa e que se leva a cabo nas instalacións do centro, comunicamos que no CEIP Manuel Respino non se atenderán recados que teñan que ver coa ausencia dos seus fillos/as a este servizo. Os pais/nais/titores legais do alumnado usuario do servizo de Ludoteca deberán comunicar as súas ausencias ao persoal monitor da mesma. Unha vez comunicada a ausencia ao persoal monitor da Ludoteca, os pais/nais/titores legais ou persoas autorizadas poderán recoller aos seus fillos/as pola porta da Ludoteca unha vez finalizado o servizo de Transporte Escolar, ás 15:40. Recordamos tamén que os usuarios da Ludoteca deben facer un uso continuado do servizo

Por outra parte, para mellorar a organización do centro, as ausencias do alumnado ao servizo de comdeor escolar deberán ser notificadas ao centro educativo chamando ao teléfono móbil do centro (653035336) ou ben a través do servizo de WhatsApp antes das 10:00 horas da mañá tal e como se recolle na lexislación vixente.

No caso de alumnado usuario do servizo de transporte escolar que non vaia facer uso do mesmo e vaia ser recollido polo seu pai/nai/titor legal ou persoa autorizada á saída do centro, tamén o deberán comunicar do mesmo xeito indicado con anterioridade antes das 10:00 horas da mañá.

 

Recalcamos que este tipo de comunicación se fará ao centro directamente, non a través do alumnado. O alumnado do centro usuario dos servizos complementarios de comedor escolar e transporte escolar deberán facer un uso continuado dos mesmo para non perder a súa condición de usuario lexítimo.

 

O Director

 Emilio González López

 

 

 

 

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

Como cada inicio de curso, este ano cada titor/a terá unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais do alumnado da súa titoría. Para mais información prema na seguinte imaxe:

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes para colaborar como voluntarios no comedor escolar para o curso 2021-2022. Para mais información prema na imaxe:

 

NOVO AVISO FONDO LIBROS

Recibidos as adquisicións complementarias para o Fondo de Libros Solidarios, dende o día de hoxe ata o venres día 23 de xullo, xa se pode pasar a recoller os lotes de libros de 3º curso. 

 

AVISO: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos do Fondo Solidario de Libros de texto para 3º e 4º de Educación Primaria. Farase entrega dos libros aos alumnos  de 4º dende o luns 19 de xullo ata o mércores 21 de xullo. Avisarase das datas de reparto para os alumnos de 3º. 

LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS FONDO LIBROS

 

Comunícase que están publicadas no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisonal de alumnos de 3º e 4º nivel de Educación Primaria admitidos no fondo libros. Ábrese desde hoxe un prazo de dous días para posibles reclamacións. A listaxe definitiva será publicada o xoves día 15 de xullo de 2021. A entrega de libros realizarase a vindeira semana en horario de 09:30 horas a 13:30 horas. 

NOVO SISTEMA DE INFORMACIÓN

Dende o CEIP Manuel Respino queremos por en marcha un novo sistema de información mais áxil e accesible para as familias a través da creación dunha listaxe de difusión de whatsap.

Para mais información premer na seguinte ligazón:                                                                  

                                                          

As autorizacións estarán á vosa disposición no centro ou podense imprimir directamente dende a paxina web e entregalas asinadas antes do 23 de xullo na secretaría en horario de mañá ou depositalas no buzón da cancela principal fóra do horario de apertura do centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer