5º Curso
CREANDO NOVAS CÉLULAS...
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria convertéronse en grandes artistas ao elaborar células, tanto de orixe animal como vexetal, con diferentes materiais.
Tamén tivemos a posibilidade de elaborar unha célula comestible no noso comedor escolar e degustala. Estaba boísima!!!
Contos sobre as discapacidades e as diferencias: "Lucas y el trabajo en equipo" e "El cazo de Lorenzo"
O alumnado de 5º representou dous contos sobre as diferencias ao alumnado de Eduación Infantil. 5ºA representou "Lucas y el trabajo en equipo" e 5ºB "El cazo de Lorenzo".
Dámoslles as grazas polo seu esforzo e colaboración.