Foro
EDUCACIÓN RESPONSABLE
O pasado mércores 13 de novembro, moitas das familias do noso alumnado participaron nunha charla sobre educación emocional da man de Silvia Martínez Álvarez, experta na materia, para axudarnos a comprender e xestionar as emocións dos máis pequenos. Abordáronse temas como a identificación das emocións básicas, estratexias para fomentar a empatía e técnicas para axudar aos nenos e nenas a expresar e regular os seus sentimentos. O obxectivo foi proporcionar ás familias ferramentas prácticas para promover o benestar emocional dos seus fillos, facilitando o seu desenvolvemento integral e unha convivencia harmoniosa tanto no fogar como no entorno escolar.
CONECTAD@S EN FAMILA
Dende o CEIP Manuel Respino queremos conpartir con vos tres enlaces dun programa de televisión sobre o uso responsable das novas tecnoloxías na infancia e na adolescencia. Destacar que os seus contidos contan co asesoramento do profesor universitario Antonio Rial Boubeta, unha das persoas de referencia na investigación desta temática a nivel estatal.
Agardamos vos sexa de utilidade:
https://www.agalega.gal/videos/detail/175534-acoso-escolar-e-ciberacoso
https://www.agalega.gal/videos/detail/175546-as-redes-sociais
https://www.agalega.gal/videos/detail/175508-o-papel-dos-proxenitores