Recíclate con Sogama!

Recíclate con Sogama

Un novo ano, o noso centro foi seleccionado para participar nunha nova edición do programa educativo “Reciclate con Sogama” 2023-2024, que ten por obxecto fomentar a recollida selectiva de residuos nas aulas, así como as boas prácticas vinculadas ao principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), piar básico na xestión sostible do lixo que producimos cada día.

O programa desenvolverase en distintas fases co fin de propiciar que vaia fluindo progresivamente:

- Entre novembro e principios de decembro, levouse a cabo unha primeira visita de diagnóstico a fin de coñecer as particularidades do noso centro para facilitarnos os medios materiais, isto é, as illas de reciclaxe, que están conformadas por catro contenedores con capacidade para 120 litros cada un (amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; marrón, para a materia orgánica; e xenérico -de cor verde-) así como  material didáctico e divulgativo en formato dixital. 

- Despois do Nadal levouse a cabo unha  sesións formativa presenciais co alumnado de 4º de Educación Primaria para poder poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

- Proximamente, no mes de  de maio tomaranse mostras dos contedores que conforman as illas de reciclaxe para comprobar o grao de acerto, ou ben de erro, por parte do alumnado á hora de seleccionar os residuos e comprobar así o exito do noso programa.

ESPAZO WEB: A RECICLAXE

Tras un proceso de investigación pola Internet, o alumnado de 5º curso do CEIP Manuel Respino, coordinados polo seu mestre, seleccionaron uns enlaces interesantes respondendo a unha serie de preguntas importantes sobre a reciclaxe.

Para ver o noso espazo web preme na seguinte imaxe:

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer