Documentación
CONECTARSE Á WI-FI DO CENTRO
Está dispoñible para todos os centros educativos a posibilidade de crear contas de dispositivos para conectarse á WiFi corporativa edu.xunta.gal. Estas contas poden utilizarse, sempre que sexa preciso e así o determine a dirección do centro, para conectar dispositivos de uso común nos que non sexa práctico empregar contas persoais: ordenadores de aula, impresoras, paneis interactivos, etc.
A creación destas contas faise a través da aplicación Contausuario pola persoa directora do centro. Una vez se accede a Contausuario hai que premer na opción "Conta", no apartado "3.2. Do meu centro" e finalmente premer en "Engadir". No seguinte paso, escóllese o tipo de conta seleccionando "Dispositivo", dentro do apartado "WiFi".
Hai que inserir un nome descriptivo do dispositivo para a conta que se vai crear e seleccionar a continuación a persoa responsable da mesma, podendo ser tanto a persoa directora como outra persoa en quen delegue, que será a persoa autorizada en Contausuario para proceder co cambio de contrasinal cando sexa preciso. Por último insírese o contrasinal desexado (que caducará ao ano) e remátase o proceso premendo en "Crear".
Con estas credenciais así xeradas e coa configuración axeitada, poderá conectar o dispositivo á WiFi do centro:
Manual de conexión á WiFi "edu"
IMPORTANTE: Por motivos de seguridade cada conta soamente se deberá empregar nun único dispositivo, polo que o centro deberá crear tantas contas coma dispositivos de uso común que precise conectar á rede.
(Prema na imaxe para descargar documento adxunto)
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS E RETRASOS
- As ausencias deberanse comunicar ao centro vía telefónica e xustificaranse ao titor/titora unha vez incorporado/a o/ alumno/a cubrindo o seguinte documento:
- Os retrasos xustificaranse en conserxería á chegada do/a alumno: