TIC
CAMPAMENTO DIXITAL
Empezamos setembro coas pilas cargadas! E encantaríanos partricipar no “Campamento Dixital” da Fundación Cibervoluntarios-
O Campamento Dixital consiste no desenvolvemento dun programa de actividades extraescolares gratuítas sobre competencias dixitais con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. A aprendizaxe preséntase como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. En cada etapa irán adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, pero sobre todo, segura e responsable. Abordaranse aspectos como a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais, a procura efectiva de información na internet, a creación de contido dixital, a detección e prevención de situacións de ciberacoso, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou pautas para verificar a información que se comparte e detectar as noticias falsas.
Ao finalizar, os participantes recibirán un certificado 'DigComp' que acreditará os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións dentro do marco europeo.
O Campamento Dixital impartirase dous días á semana en horario de tarde no propio centro (a determinar segundo número de inscricións). As pre-inscricións serán gratuítas e poden realizarse a través de WhatsApp no número 699385321.
Esta iniciativa foi impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado por Fondos 'NextGeneration' da Unión Europea.
OBRADOIRO MICROSOFT: "CONSTRUINDO O FUTURO"
O Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) foi decidido en 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), o organismo de Nacións Unidas especializado en telecomunicacións e ten como obxectivo alentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e rapazas, así como rebaixar a fenda dixital de xénero. Tamén alentar e motivar ás nenas para que participen en carreiras tecnolóxicas, tanto na formación regrada, como de maneira profesional, no ámbito do lecer ou outro tipo de actividades. Este foi precisamente o obxectivo do noso Obradoiro “Construíndo o futuro” levado acabo no día de hoxe, unha iniciativa MakeWhatsNext, que Microsoft lanzou en 2016 para fomentar as vocacións tecnolóxicas e científicas desde a infancia, dando visibilidade a referentes femininos de éxito e traballando pola diversidade e equidade na contorna laboral, con actividades de programación adaptadas ás distintas idades nas que os nenos e nenas puideron crear xogos e aplicacións utilizando Makecode.org ou Minecraft e coas que se axudou a espertar o interese polas disciplinas STEM, dunha forma atractiva e amena.
6 DE FEBREIRO: DÍA DA INTERNET SEGURA
O 6 de febreiro de 2024 celébrase en todo o mundo o Día da internet Segura.
O Día da internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na internet en Europa, co apoio da Comisión Europea. Esta iniciativa realízase cada febreiro para promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre nenos, nenas, mozos e mozas. Así, millóns de persoas únense en todo o mundo para inspirar cambios positivos en liña, crear conciencia sobre os problemas de seguridade e participar en eventos e actividades. Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e como cada ano, únense á iniciativa internacional e celebran o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.
Esta actividade levouse a cabo en dous obradoiros: un con alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria; e o outro, con alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
DigiCraft no teu cole
O CEIP Manuel Respino foi distinguido como "Centro de Referencia DigiCraft". Este recoñecemento da Fundación Vodafone España avala o gran traballo de transformación dixital do noso ecosistema educativo que experimentou da man de DigiCraft, mediante a formación do profesorado en competencias dixitais, a transferencia destas competencias ao alumnado, así como a incorporación de metodoloxías innovadoras e tecnoloxías e ferramentas dixitais nas aulas,promovendo o seu uso crítico e seguro.
TITORIAIS AULA VIRTUAL:
- TITORIAL DE CÓMO ACCEDER Á AULA VIRTUAL
Tamén podes pulsar neste icono situado na parte superior dereita
- TITORIAL ALUMNADO. ACCEDER ÁS TAREFAS PROGRAMADAS POLO PROFESORADO
TITORIAL PARA USO DE IMAXES:
Os nosos compañeiros da biblioteca do CEIP de Frian-Teis elaboraron este titorial que nos vai a ser de moita utilidade para o emprego de imaxes recollidas de internet.
- Listado de bancos de imaxes gratuítos
- Compressor.io Sitio web para optimizar o tamaño das imaxes.
- Banco de imaxes do INTEF
- Corbis imaxes.
- Banco de ilustracións gratuíto.
- Flickr imaxes libres.
- OpenClipar. Imaxes de dominio público.
- Pixabay. Banco de imaxes libres e de pago.
- ICON Icons. Iconos gratis en svg.