CAMPAMENTO DIXITAL
Empezamos setembro coas pilas cargadas! E encantaríanos partricipar no “Campamento Dixital” da Fundación Cibervoluntarios-
O Campamento Dixital consiste no desenvolvemento dun programa de actividades extraescolares gratuítas sobre competencias dixitais con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. A aprendizaxe preséntase como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. En cada etapa irán adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, pero sobre todo, segura e responsable. Abordaranse aspectos como a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais, a procura efectiva de información na internet, a creación de contido dixital, a detección e prevención de situacións de ciberacoso, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou pautas para verificar a información que se comparte e detectar as noticias falsas.
Ao finalizar, os participantes recibirán un certificado 'DigComp' que acreditará os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións dentro do marco europeo.
O Campamento Dixital impartirase dous días á semana en horario de tarde no propio centro (a determinar segundo número de inscricións). As pre-inscricións serán gratuítas e poden realizarse a través de WhatsApp no número 699385321.
Esta iniciativa foi impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado por Fondos 'NextGeneration' da Unión Europea.